Hedera helix.

Hedra ou areira. (Hiedra)

As gabeadoras ou lianas adoitan ter talos fortes que lles permite subir e agarrarse as árbores.

Son abondosas nas beiras dos ríos galegos.

Entre estas plantas a da figura é a hedra. Estas plantas buscan a luz subindo polas árbores, ata que a consiguen. Poden botar ata 30 metros subindo polas árbores. A hedra dende logo é a máis común.

Ver características e un dibuxo de Otto Wilhelm Thomé.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hedra

 

Hedra.

A hedra ten ata 30 metros. É trepadora.

Brotes novos e influorescencias con densos pelos estrelados. Follas de dúas formas: as dos tallo floríferos de 6-10 x 2-12 cm. elípticas ou redondeadas, enteiras, as dos outros talos, de  ata 15 x 15 cms, palmeadas con 3-5 lóbulos . Pétalos de 3-5 mm. , verde - amarelentos . Froitos negros ó madurar, con 2 -3 semillas , algo tóxicos .

Vese moi frecuente sobre as árbores, nas paredes e no chan.

En castelán chámase hiedra , yedra.

Este texto está copiado o pé da letra con sensacional libro de Mariano Garcia Rollán "Claves de la flora de España"

O dibuxo é de Otto Wilhelm Vitalba. Sensacional.

En galego chámase adreira, areira, edra, heradeira, hereira, edreira, hedra, hedreira, trepadeira, planta do aire e hireira.

Os dous máis comúns son os de hedra ou areira.

A verdade é que ten moitos nomes; eso é síntome de que é moi coñecida.

Ábrense no outono e fructifican durante todo o inverno. É ó principio da primavera, cando aparecen os froitos, como boliñas negras.

Estas boliñas eran moi importantes cando fumos nenos...para tirar cós canivetes.

Estos son os froitos dos que falo anteriormente.

Trátase dunhas boliñas de 7 mm, ou sexa moi pequenas.

Non é de estrañar, na miña xeración,  que de rapaz usáramos estas boliñas para tirar cós chamados canivetes; realmente calquera cousa valía...

Observar que as follas son distintas no talo e nas partes que levan flores, xa que son ovaladas.

Follas da parte alta completamente distintas. Levan de tres a cinco óvulos.

  Saír.