Dryopteris filis-mas. Fento Macho (Helechos.)
Os fentos son as plantas máis coñecidas pola xente, en xeral. Pero ollo, en Galicia hai 71 especies.
Algúns son moi abondosos nas beiras dos ríos galegos.
Nesta ficha escribo sobre o fento macho e comparo co fento femia.
Para os pescadores son fundamentais os fentos, xa que postos na cesta da pesca conservan moi ben as troitas e peixes todo o día. Os mellores os fentos femia. Persoalmente distingo os machos das femias ó tacto... Cincuenta anos a pe de río, teñen que servir de moito...digo eu...
Ver dibuxos sensacionais de fentos machos e femias así como algunhas características.
CARACTERÍSTICAS DESTOS FENTOS.

O fento macho no seu medio. o fento macho e moi abondoso por exemplo nas carballeiras e nos soutos.

Observar o chan deste souto na zona de Quiroga.
![]() |
...... | ![]() |
| Fento macho. Dryopteris filis-mas (L.) Schott | Fento femenino. Athyrium filix- femina. |
Estos dibuxos son de Otto Wilhelm Thomé. Sensacionais.
Vexamos algunhas características destos fentos ou fieitos:
Fento macho. Dryopteris filis-mas (L.) Schott

|
|
|

Soros do fento macho. Fotografía do autor da web.
Ver as diferencias co fento femenino:
Fento femenino. Athyrium filix- femina (L.) Roth.
|
|
|
Nota sobre os fentos macho:
No libro "Guía dos fentos de Galicia" de Henrique Niño Ricoi tamén trae como Fento Macho o Dryopteris affinis que é moi parecido o fento macho, chámase tamén falso fento macho. Tamén é abondoso en Galicia
|
|
|
|
|
![]()