|

|
Esta é variedade sacada da fotografía
de Miguel López, feita no Caurel.
Dase nos bosques claros e florece entre Xuño e octubro.
O curioso é a forma da flor en pomo e racimos moi bonitos
que chama a atención.
O feito de que se de no entorno do río Lor, no Courel,
xustifica esta referencia que fago na miña páxina.
|
|
|
|

|
Esta fotografía é a que trae o libro
"Guia de campo de las flores de Europa" de Oleg Polunin.
Realmente os cores cambian un pouco.
O importante é que se trata dunha queiruga (brezo en
castelán). As flores son pendulares, dunha cor rosa e outros. A corola
é en forma de pomo das portas. As follas son elípticas co marxen
enrollado, verdes lustrosas e máis oscuras polo outro lado.
|
|
|
|

|
A daboecia é en realidade un brezo,
ou sexa das familia das ericaceae, en galego recibe o nome de cubilón
ou tamborela. Tamén daboecia, brezo e queiruga maior.
A fotografía é do libro "Guía de la flora del Parque
natural del Xurés", de Íñigo Pulgar, onde afirma que se
presenta ata os 1.000 m. neste Parque Natural de Ourense e sempre en
terreos a carón de pequenos regatos.
|
|
|
|
|
 |
A fotografía é do autor da www, está
sacada a 1.100 metros de altura en Chandrexa de Queixa (Ourense), xusto
a carón do camiño que leva a Ferrería, subindo polo río Navea.
Trátase dunha Daboecia, o que os galegos chamamos cubilón.
Fotografía S. Lorenzo. Mayoi 2005.
|
|
|
 |
Variedade bicolor.
Florece entre xuño e novembro.
En realidade trátase de brezos especiais.
|
|
|
|

|
Variedade "Arielle".
|
|
|
|

|
Variedade "Charle Nelson".
Estos
datos, referentes as variedades, están sacados do link seguinte.
|
|
|
|

|
Esta é a variedade
"Polifolia", ou sexa Daboecia cantábrica polifolia.
A flor é cor rosa e florece polo verán.
Xosé Ramón García fala dela como a Queiruga Maior e dice que
se distingue das demais queirugas polas follas, que aquí son maiores e
de forma ovalada ou lanceolada, coas beiras reviradas.
A fotografía está sacada de internet e ten a firma de Debra
Teachout-Teashon ©2001
|