Conyza canadensis.

Eyxerón . Coniza

Descoñezo o autor da fotografía.

Especie invasora, que se trouxo de América do norte. Hoxe vese moito nas dunas da costa, bordes de acequias e xa se empeza a ver nas ribeiras dos ríos.

É unha planta anual, coa parte superior moi ramallenta. Dase moito en leiras abandonadas, terreos removidos, nitrificados. Últimamente  aparece en todos os lados.

Pode llegar os dous metros.

Florece entre xullo e setembro.

 

      Ver  características.        

 

 

 

 salir.jpg (922 bytes) Saír.                                       

 

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Conyza canadiensis

 

Planta anual herbácea de ata 150 cm. O talo é erguido, ramificado na parte superior. Numerosas follas simples, alternas. As flores están dispostas en capítulos moi pequenos agrupados nunha inflorescencia terminal. As lígulas son abrancazadas, moi curtas, parecidas aos flósculos. O froito é un aquenio con lanuxe. Floración estival e outonal.

Nome común Eixerón Nome científico Conyza canadensis Clase Plantas superiores Familia Compositae

É unha especie problemática principalmente pola súa aparición en cultivos. No medio natural aparece en ocasións en areais costeiros, sobre todo en zonas algo alteradas. Na península Ibérica é tamén moi abundante, e en case todo o mundo está presente con ecoloxía parecida.


Introdución
Probablemente accidental. Introducida en Europa no século XVI. En Galicia, malia que a primeira cita é de 1852, de Planellas, é probable que exista desde tempos moi antigos.

Descoñezo o autor da fotografía.

Presenta moitos capítulos que se ven na fotografía anterior.

Volver.