Trátase dun arbusto que da o fruto do arando que é exquisito, de feito fanse mermeladas con el .
Eu poño nesta relación xa que o vín nunha relación de fauna e flora que falaba das fragas do Eume; pola miña banda vín arandeiras a carón do río Bibei moi preto do Santuario das Ermitas. En galego chámase tamén arandeira.
Herba dos arandos. Arandeira
|
|
|
Follas algo aserradas, planas. De 15-60 cms., con rizoma rastrero, moi ramificada. |
Filamentos moi cortos e anteras con apéndices. Froito de 6-10 mm. , pruinoso, negro - azulado ou negro - violáceo, dulce. |
|
|
|
Realmente é un arbusto que pode llegar os 6 metros. |
As follas son aserradas lixeiramente e planas. Os froitos son baias, negras azuladas de 1cm. Este froito chámase arando e fanse mermeladas e as follas teñense empregado contra a diabetis. |

Na fotografía outra arandeira.
No se debe confundir a nivel de froitos a arandeira co chamado en galego murgueiro ou abruñeiro ou ameixeiro bravo e en castelán endrino.
Ver as seguintes fotografías:
Murgueiro, abruñeiro, andrino e outros. Endrino en castelán. Prunus spinosa.
Os froitos son bastante distintos e as follas tamén. É tamén un arbusto. é das familia das rosáceas e ten pinchos.
Fotografía de Félix Lamas.
O abruñeiro pódese atopar en calquera lugar de Galicia, ata 1000 metros, pero abonda na beiramar.
O froito en galego chámase abruño, e tamén níxaro e nixo. Trátase dunha especie de ameixa silvestre. O abruño utilízase para aromatizar licores, en Galicia por suposto a augardente, en Navarra o famosa patxarán.
A información anterior está sacada do libro de Mariano Garcia Rollán "Claves para la flora de España". Tamén do libro Flora de Galicia de Xosé Ramón García.
![]()