A PICARESCA DO CAUDAL ECOLÓXICO

(O método da difusión e o método da pedra.)

Na práctica "os caudais ecolóxicos" (que son os caudais que por lei deben deixar as compañías hidroeléctricas para permitir a vida nos ríos, o 10% do caudal medio anual)  que proliferan en Galicia,  son un auténtico atentado ecolóxico os ríos, un atraco Primeiro,  xa que non son suficientes, a todas luces,  e segundo pola picaresca de algunhas compañías, que ofrecen a simple vista unha barbaridade de caudal e si se comproba é un roubo. Operan có engano do difusor de caudal ou da pedra posta diante para extender máis a auga. Realmente un auténtico engano. Un reirse dos galegos e dos nosos ríos.

Porei catro exemplos pero en realidade hai moitos máis.

EXEMPLO 1 : RÍO XARES. ENCORO DE PRADA. OURENSE. COMPAÑÍA  ENDESA.

FOTOGRAFÍAS DE XANEIRO DO 2002.

O caudal do encoro de Prada, que por certo non existíu dende 1958 ata 1998 parece suficiente. Pero baixando ata o caudal pode verse que diante da mangueira ten unha pedra difusora e que o caudal é un auténtico engano, como se ve na cabeceira da pequena piscina e na fotografía de abaixo no río.

¿Por que non actua Medio ambiente?. Acaso non teñen inspectores.

Misterio... Realmente unha coña.

Xusto por baixo do caudal anterior o río Xares prácticamente morto.

O que se ve son pequenos pozos onde debido a profundide hai un pouco de auga,  o resto é un fiiño de auga lamentable.

Estas empresas rínse dos galegos e dos nosos ríos.

¡¡ Non hai dereito a estas barbaridades!!

Eu penso que hai que cumplir a lei sin picarescas.

 

 --------------------------------------------------------

EXEMPLO 2 : RÍO BIBEI. ENCORO DO BAO. OURENSE. COMPAÑÍA  IBERDROLA.

FOTOGRAFÍAS DE 1999.

O caudal do encoro que por certo non existía dende mediados dos anos 90 parece suficiente, incluso espectacular. Pero baixando ata o caudal pode verse que diante da mangueira ten un difusor que permite que o chorro dé esa sensación.

Esto realmente é unha auténtica vergoña.

Si se pregunta o porqué de dita difusión, un operario dixo: "Así a auga sae máis osixenada , é moito millor para as troitas".

Realmente demencial, os galegos somos tontos. Inda para máis tómanos o pelo

Esta contestación é para nota.

Xusto por baixo do caudal anterior o río Bibei está  prácticamente morto.

O que se ve son pequenos pozos onde debido a profundide hai un pouco de auga o resto é un fiiño lamentable.

Na fotografía, sacada o mismo día que a anterior vese o fío de auga no medio da foto. Fagan un cálculo. Por certo a dereita da foto desemboca un río. Incrible o do difusor.

Repito estas empresas rínse dos galegos e dos nosos ríos.

¡¡ Non hai dereito a estas barbaridades!!

.....  

Río Bibei nas Ermitas.

Evidentemente os pozos teñen auga todo o ano, pero a auga corrente é un fío impresentable.

A xente cala, que outra cousa pode facer, "poderoso caballero es don dinero"  pero o atentado vese a todas luces.

Ver a fotografía seguinte sin o encoro feito.

Este feito está denunciado pero nin caso...

   

Río Bibei con caudal normal. 1950

Ver o de arriba co caudal ecolóxico e comparar.

Realmente para chorar.

Eu penso que hai que cumplir a lei sin picarescas.

---------------------------------------------------------

EXEMPLO 3 : RÍO AVIA. ENCORO DE ALBARELLOS. OURENSE. COMPAÑÍA  FENOSA. 

FOTOGRAFÍAS 23-06-99  E XANEIRO DO 2002.

O caudal do encoro,  que por certo non existía dende mediados do noventa e o que aparece na fotografía do 23-06-99.

Realmente parece espectacular, pero é un fiiño de auga impresentable que deixa o río completamente seco.

¿Por que non actua Medio ambiente?.

Misterio...

Realmente unha coña.

Xusto por baixo do caudal anterior o río Avia prácticamente morto.

Neste caso, que non hai pozos inda é máis lamentable que os casos anteriores.

Aquí a sensación é de morte.

Baixando o leito do río tamén é de morte.

Estas empresas rínse dos galegos e dos nosos ríos.

¡¡ Non hai dereito a estas barbaridades!!

.....  

Río Avía en xaneiro do 2002 por debaixo da central de Albarellos, donde estaba turbinando a tope. Xusto a altura de Salón, por riba de Pazos de Arenteiro.

O río iba desbordado, impresentable.

Turbinando a tope.

   

Ese mismo día, 500 metros arriba, xusto en Salón, onde desemboca o río Viñao, o río Avia pasaba por debaixo deste pontillón sin verse.

O lector debe saber que inda hai uns kilómetros ata a presa.

Realmente esto é de vergoña, pero Medio Ambiente permite estos desmán e os galegos nonos enteramos.

Eu penso que hai que cumplir a lei sin picarescas.

Non teño nada contra estas compañías, pero xa vai sendo hora de que cumplan a lei, esa lei xa existía no ano 1950, e nona cumpliron todos estos anos.

 --------------------------------------------------------

Hai moitas máis picarescas destas, como o encoro de Chandrexa, onde rematan de sustituir o chorro directo pola picaresca do difusor que osixena as troitas. "Vivir para ver", hai cousas que non se creen nada máis que sinon se ven.

Difusión no encoro de Chandrexa, podo asegurar que é un auténtico camelo, o río vai prácticamente seco, soio que nos charcos ten moita auga, lóxico. O río Navea ademais é un río completamente limpo.

Difusión no encoro do río Cenza, no val glaciar esnafrado por este encoro. Tamén con difusores. O río vai bastante mal. De tódolos xeitos é dos mellores caudales, seguramente para que a praia fluvial de Vilariño de Conso teña un pouco de auga..

Estas son as picarescas: difusión a tope e polo tanto as troitas están osixenadas e máis listas, dicen que incluso voan para poder subir os encoros a desovar e eso lógrano gracias o difusor.

O da pedra xa é outro conto, seguro que o chocar a agua coa pedra, suponse que a pedra é de perpiaño de Galicia, as troitas nacen máis fortes, as pedras teñen moito ferro, estas, polo tanto, son capaces de subir a parte de arriba da presa facendo túneles na pedra.

Eu mismo o da pedra nono vía, non é doado vela, pero o meu compañeiro de excursión Félix, xa tiña a mosca detrás da orella e a por de mirar e facer cálculos deuse conta.

Realmente penoso...

O lector pense si rir ou chorar.

Regresar a choros

Regresar a Lingua.