Penavaqueira. (Melón)   

Fotos Enrique Padrón.

     Penavaqueira está moi cerca de Melón, e o río que atravesa unha baixada ou canón espectacular, dende Penavaqueira a Prexigueiro  é o río Cerves.

As fotografías son de Enrique Padrón, un fotografo maravilloso, un amigo, un alumno do Instituto de Ribadavia en tempos...

Estas fotografías sempre quixen sacalas eu pero non supén chegar lugar, non é doado, está claro que as fotografías eu intenteinas de arriba abaixo, ou sexa dende a minicentral e estas están ó  revés, dende Prexigueiro subindo monte arriba á Penavaqueira.

Que as disfrutedes...

Canón espectacular.

Así vai o río Cerves de poza en poza e con fervenzas moi espectaculares.

 

Unha vista da zona có Cerves en primeiro lugar, despois da curva, a dereita, está a minicentral do Cerves, o lonxe as canteiras de Melón.

Acercando as fervenzas.

Fervenza espectacular. Penavaqueira.

Mirando para o outro lado. Evidentemente o río Miño, e enfrente a desembocadura do río Arnoia e o Balneario de Arnoia.

 

Saír a fotografías.