O peixe de Einstein

"Un xogo de lóxica a resolver"

O xogo,  que se atribue a Einstein,  fala dun peixe que ten un dono, que vive nunha casa, entre cinco casas de distintos cores. O lector ten que razoar en qué casa vive o peixe; para elo,  Einstein aporta 15 afirmacións que deben levar a solución final.

 

Efectivamente algún deles, no xogo,  ten un peixe na casa, podedes velo nesta fotografía e digo peixe e poño o peixe dos nosos ríos. Ou sexa queste peixe ten dono; Einstein pregunta que é o dono?

Segundo a lenda, o famoso físico dixo que só un 2% da poboación sería capaz de descubrir o resultado grazas ás quince indicacións que se dan no xogo de lóxica, que di así:

Hai cinco casas de diferentes cores, e en cada unha delas vive unha persoa dunha nacionalidade distinta. Os cinco propietarios beben distintas bebidas, fuman tabaco (eran os tempos de Einstein onde non se sabía que o tabaco perxudica e moito a saúde)  de distintas marcas e teñen mascotas diferentes. Ningún deles posúe o mesmo animal, fuma a mesma marca nin bebe a mesma bebida. Podes contestar, quen é o dono do peixe??.  Tamén doutro xeito,  que é o que ten o peixe como mascota?


As premisas para resolvelo son:


1. O inglés vive nunha casa vermella
2. O sueco ten un can
3. O danés toma té
4. O noruego vive na primeira casa
5. O alemán fuma Prince
6. A casa verde queda inmediatamente á esquerda da branca
7. O dono da casa verde toma café
8. A persoa que fuma Pall Mall cativa paxaros
9. O dono da casa amarela fuma Durnhill
10.O home que vive na casa do centro toma leite
11.O home que fuma Blends vive á beira do que ten un gato
12.O home que ten un cabalo vive á beira do que fuma Dunhill
13.O home que fuma Bluemaster toma cervexa
14.O home que fuma Blends é veciño do que toma auga
15.O noruego vive á beira da casa azul

 

Quen é o dono do peixe?

 

Plantexa a túa estratexia do xogo, coma sabes facer en todos os problemas, toma tempo e verifica todas as hipótesis ou datos que che dan.

Unha vez que teñas a solución comproba,  si querés, para ver si acertaches.

Penso que non é dificil, trátase de organizarse simplemente.

Dudo moito que Einstein perdera o tempo inventando estos xogos de lóxica, pero bueno...é curioso.

En internet simplemente escribindo en Google "Youtube problema de Einstein" tes varios que che dan a solución.

 

Saír.