Gobio gobio. Gobio. (Gobio) |
É un peixe cativo, 10-15 cms de lonxitude e dende logo moi escaso en Galicia. Quere augas moi limpas, xa que é moi susceptible as alteracións físico-químicas.
O parecer hai gobio no Tea, no Bibei e no Lor. Dende logo no Bibei teño as miñas dúbidas.
Estos datos están sacados do libro "Inventariación piscícola de los ríos gallegos" da Xunta de Galicia. O gobio non é un peixe galego, é un peixe introducido.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Alimentación | Reproducción | Interés |
| protección | Curiosidades |
|
![]()
| Nome científico |
Gobio gobio ( Linnaeus, 1758)
|
| Nome galego |
Gobio
|
| Nome castelán |
Gobio, Gobi, Gobioa. Góbio.
|
| Dimensións |
Peixe pequeno entre 10-15 cms inda que pode chegar ata 25 cms.
|
| Identificación: |
Corpo fusiforme, alongado, recuberto de grandes escamas. A cabeza é curta e grande. A boca tena en posición inferior, ten labios carnosos e na comisura un par de barbelas que estiradas ata atrás chegarían ó ollo. Os ollos son grandes e están situados bastante no alto da cabeza. A aleta dorsal ten entre 7-10 radios, a anal entre 8-11 , as pectorais entre 14-17 , as ventrais 10 e a caudal 19.
Na linea lateral aparecen de 36 a 44 escamas. A librea é verde parduzca ou verde grisácea, os flancos son máis claros con reflexos platexados. Tanto do dorso como nos flancos está recuberto de manchíñas negras o pardas ( as veces con reflexos azuados).
Está claro que a forma do seu corpo reflexa que é un peixe de fondo.
|
| Alimentación: |
Nútrese de crustáceos, moluscos, larvas de insectos, ovos e crías de outros peixes.
|
| Habitats: |
Vive en augas ben osixenadas, augas doces, frescas e limpas e moi correntes con leitos de coios e pedras. Na nosa comunidade aparece inventariado pola Consellería de Medio Ambiente no ano 1997 no río Tea en Pontevedra, así como no río Bibei ( neste río non cita onde). Teño as miñas dúbidas sobre o río Bibei hoxe.
|
| Reproducción: |
A freza ten lugar nos meses de verán ( entre maio e agosto) e dependendo da edade, unha femia pon entre 3.000 e 7.000 ovos. Necesita augas batidas e limpas. Este peixiño parece ser un bon indicativo de si o río está en boas condicións.
|
| Interés: |
Especial. Cada vez quedan menos. De feito é un peixe descoñecido polos pescadores polo menos de Ourense. Supoño que en vías de extinción. Efectivamente confirmo por medio de Xosé Barcia do grupo ecoloxista Adenco de Ponteareas que se trata dunha especie non galega. Queda polo tanto explicado que sexa prácticamente descoñecido.
|
| Protección: |
En Galicia dende logo non está protexido. Eu penso que non está protexido ningún peixe, polo menos no papel. En Italia é un dos peixes máis raros e que presenta o maior peligro de extinción. En España está catalogado de vulnerable. En Galicia ??. Atrévome a decir por suposto que "da man do Señor", aquí miramos soio para os peixes no plato... Factores de ameaza sobre este peixe a nivel do estado e según o Ministerio de Medio Ambiente e o CSIC : as presas hidroeléctricas, as minicentrais, o botar peixes exóticos os ríos, a contaminación, etc.
|
| Curiosidades: |
A súa carne foi moi valorada en Francia onde o gobio estaba considerado como o peixe típico para fritura. Tamén se utilizaba moitísimo como cebo vivo para a pesca de outros peixes depredadores máis preciados.
|
![]()