É común nos ríos galegos. Pode botar ata 30 cms pero o normal é que sexan moito máis pequenas. Reprodúcese en primaveira.
A súa carne non é das mellores, sin embargo en Ourense tanto as de Chandrexa de Queixa como Leboreiro cómense ben.
O peixe ( outro tipo para min de boga, ¡¡ no está claro !! ) dende logo é máis rico que a boga, é menos seco e ten mellor sabor.
Esta boga chámase en algúns lugares pepa.
BOGA DE RÍO: Chondrostoma polylepis. Características
![]()
| Nome científico: |
Chondrostoma polylepis ( Steindachner , 1864)
|
||||
| Nome galego |
Boga de río, peixe
|
||||
| Nome castelán |
Boga, pepa.
|
||||
| Nota importante para aclarar: |
Despois de moitas voltas, estas fichas da miña páxina web distinguen entre o chamado peixe de río a secas e a boga de río. Aclaro as distincións, por suposto discutibles. Vou poñer unha fotografía miña da boga e outra do peixe:
|
||||
| Dimensións |
Este dibuxo reproduce bastante ben a boga de río. Talla máxima 25 cms.. O normal é que boten 10 cms.
Fotografía dunha boga. S. Lorenzo. Autor da www. Viven entre 8 a 10 anos.
|
||||
| Identificación: |
Boca ínfera, case terminal e sen barbelas. Color castaña-dourada no dorso, máis clara na zona ventral. A boga é bastante panzurrona, ten unha escama forte , blanca é nítida. A súa librea brila.
Boga. Fáltanlle as aletas, que foron cortadas.
|
||||
| Habitats: |
Augas de fluxo lento e encoradas. Tamén se atopa nos cursos medios dos ríos. Tamén suben as correntes.
|
||||
| Alimentación: |
Come un pouco de todo, preferentemente vexetación inda que lle gustan, por suposto, todos os animais invertebrados. Concretamente o casullo vólveas tolas. É un decir ...
|
||||
| Desove: |
Primaveira - verán. Suben en grandes bandadas por todo o río e fan a posta en lugares de area e seixos. Os paisanos e a xente que entende chámanlle "a raña" dos peixes. Cando se collen soltan leite, son os ovos por suposto. Os machos desenrolan numerosos tubérculos nupciais moi pequenos por todo o corpo. Alcanzan a madurez os 3 - 4 anos. A reproducción fana entre marzo e xuño. As femias poñen entre 1000 e 8000 ovos.
|
||||
| Vese nos meses: |
Todo o ano. A mellor boga é a de principios de maio que é cando suben os ríos, si temos un encoro por baixo, por suposto. A boga dos encoros sabe moito a lodo por regra xeral.
|
||||
| Interés: |
Aguanta moito a contaminación, incluso a eutroficación das augas. Aliméntase de algas inda que tamén comen invertebrados acuáticos.
|
||||
| Pesca: |
A súa pesca deportiva é doada. Un anzó do 16 , uns plomos e un corchiño.
Como cebo vale perfectamente o bicho do casullo ou o gusano da carne o asticot. Turran bastante . Persoalmente prefiro o chamado peixe, paréceme máis sabroso que esta boga.
Este é o que chamamos peixe en Ourense. O peixe ten menos espiña e si é pequeno cómese todo. A boga pola contra ten máis espiña, hai que ter cuidado. É menos sabrosa.
|
||||
| Protección, estado de conservación e amenazas: |
Según o libro recientemente publicado, febreiro do 2001 "Atlas y libro rojo de los peces continentales de España" está especie non está amenazada pero reducirase nun 20% os próximos anos debido á introdución nos nosos ríos de especies exóticas como a carpa e outras. Ademais as minicentrais e encoros ( en Galicia non paran, a Xunta en xulio do 2001 ten previsto facer 34 encoros e 100 minicentrais ata o 2010, unha desfeita auténtica) , a extracción de áridos, o mal uso dos regos no verán que deixan os ríos secos e morre todo canto hai, e sobre todo a contaminación galopante rebaixaran o número de bogas nos próximos anos.
|
||||
| Outras fotografías: |
Mándame Marco Arruda estas fotografías da Chondrostoma Polylepis, dime que son do río Tejo :
Moitas gracias polas fotografías Marco. Pola miña banda incorporo posteriormente as seguintes:
Grupo de peixes e bogas xa limpas para comer...
Boga. (Sin aletas)
Peixe.(Casi sin aletas)
|
![]()

|
BOGA DE RÍO |
|

|
Cando vou de pesca "ó peixe" , a lugares como Leboreiro, Chandrexa de Queixa, etc. , á volta, na miña cesta veñen dous tipos de peixes:
|
![]()