A Fotografía está sacada no río Tea.
Entre 4 e 6 cms. Vive sobre os fondos de area e lodo, a boca tena rodeada de barbillóns carnosos.
Atópasen no Tea, según traballos de inventariación piscícola dos ríos galegos, publicada pola Xunta de Galicia.
Este peixe é moi parecido a Barbela do Miño, de feito os dous son Cobitis, este é Cobitis calderoni e a Barbela do Miño é Cobitis victoriae.
|
|
|
|
| Aclaracións | Nome científico | Nome galego |
| Nome castelán | Dimensións | Identificación |
| habitat | Alimentación | Desove |
| Interés | Protección | Ver a Barbela do Miño moi similar. |
![]()

|
Aclaración: Debido ó raro deste peixe hai un pouco de lío a nivel de bibliografía. Eu vou pasar un pouco, pero convén que o lector se aclare do que quero decir, según unhos autores a Barbela do Miño é Cobites victoriae. O inventario da Xunta nin a cita, fala da Cobitis calderoni e situa a este peixe no río Tea. No libro "Peces de agua dulce" de Silvio Bruno, que me merece tódolos respetos, soio fala en Galicia da Colmilleja que se trata dunha Cobitis taenia que nin é unha nin é outra pero é moi parecida as duas.
Cobitis calderoni
Cobitis victoriae
Cobitis paludica No libro "Atlas e libro rojo de los peces continentales de España", soio se cita en Galicia a Cobitis paludica (de Buen 1939) que non é ningunha das anteriores. Recentemente o libro "Fauna das augas galegas" de Estanislao F. de la Cigoña e José Manuel Oujo, pon luz a esta ficha. No seu traballo describe varios lugares preto do río Miño onde atopou a Barbela do Miño, ou sexa a Cobitis victoriae, que se describe nesta ficha. Non me estrañaría que a Cobitis calderoni e a Cobitis victoriae foxen a misma ou sinonímias... Una vez dito esto, poño unhas características xerais dun peixe que en moitos lugares está a punto de desaparecer. As características son moi parecidas xa que son da mesma familia. |
| Nome Científico |
Cobitis Calderoni
|
| Nome galego |
Barbela.
|
| Nome castellano |
Colmilleja
|
| Dimensións |
Bota entre 10-12 centímetros. É máis grande a femia có macho (6 cms.).
|
| Identificación: |
O dorso é parduzco, pardo verdoso, pardo amarelo, os flancos son máis claros e o ventre branco ou amarelo. Na cabeza hai numerosas manchiñas cruas e una linea oscura entre o ollo e a boca. A descripción que fai Silvio Bruno das manchiñas do lombo é incríble, merece a pena botarlle un vistazo...
De tódolos xeitos o peixiño non ten problemas de identificación como barbela.
|
| Alimentación: |
Aliméntase sobre todo de crustáceos, insectos, rotíferos, miocas, etc.
|
| Habitats: |
Non é un peixe migratorio; é nocturno e sedentario e pasa o día enterrado, a excepción da cabeza, nos sustratos que recubren o fondo acuático onde vive, de noite sale a cazar. Evita as augas profundas e en xeral desplázase en grupos de 5-10 exemplares.
|
| Desove: |
A freza ten lugar de marzo a agosto, pon ovos de 1mm de diametro e ata 2.000 que son depositados nas beiras, en augas máis ben baixas.
|
| Interés: |
Inda que a súa pesca carece de valor comercial, a súa carne é moi boa, si ben algo coriacea. En algúns paises consúmese frita. En moitas zonas véndese vivo para acuarios e como cebo de outros peixes. Descoñezo totalmente estes pormenores e limítome a copiar do libro antes referenciado e que dende logo recomendo.
|
| Protección: |
En Galicia no ano 2.000 ningunha protección... Está abandonado a súa sorte ( é a deducción evidente que fago do coñecemento que se ten deste peixe en medios da Consellería de Medio Ambiente, refírome o Inventario xa citado). Eu penso que e un peixe totalmente descoñecido polo galegos. Noutros lugares aparece como ameazada: Lamprehuela
|

