![]()
A solla é unha especie de augas salgadas pero que presentan unha amplia tolerancia as augas doces, por eso aparece nesta relación.
É o que se chama un peixe plano, son ademáis asimétricos, unha parte do corpo e distinta da outra.
A solla tamén é "un peixe de dereitas" , como se explica na ficha.
Pode chegar a 50 cms.
|
|
|
![]() |
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Alimentación | Desove | Interés |
| Vese nos meses de | Interés | Protección |
| Curiosidades | De dereitas ou de esquerdas? |
![]()
| Nome científico |
Platichthys flesus. Linnaeus 1758
|
| Nome galego |
Sensacional fotografía de Kare Telves, sacada deste link. Solla
|
| Nome castelán |
Platija.
|
| Dimensións |
Entre 20 e 30 cms. o normal sobre 45 cms.
|
| Identificación: |
Eu penso que está clara. Ten os ollos, os dous situados na parte superior, que é de cor pardo xaspeado. A parte inferior é blanca.
É o que se chama un peixe plano, son peixes moi curiosos xa que son asimétricos, unha parte do corpo e distinta da outra, así pousado a parte que non se ve é blanca e non ten ollos. A parte de arriba que é a pigmentada é a que ten ollos. Pode verse tamén na fotografía de arriba.
Fotografía sensacional dunha solla no sei medio.
|
| Alimentación: |
Come peixes de todo tipo que se achegan a ela. Por suposto tamén se alimenta de insectos e bichos das pedras.
|
| Habitats: |
Preferentemente o mar, pero tamén habita as augas dos esteiros dos ríos. Aguas medias salobres, sobre todo no verán. No inverno habita augas máis profundas. Este peixe descansa tendido no fondo do río, camuflado entre a area, enterrado. Soio aparece ou vese perfectamente cando ataca a outro peixe. Entón é moi espectacular.
|
| Desove: |
Desova entre xaneiro e maio en augas mariñas.
|
| Vese nos meses: |
Nos meses de verán. Eu persoalmente soio a teño visto en algúns escaparates de restaurantes.
|
| Interés: |
Especial. O feito de que poida vivir nos dous medios é xa curioso. A solla aparece a venta, as veces, nas pescaderías pero non sempre.
|
| Protección: |
Descoñezo si está ou non protexida. Penso que non. Xa enterado observo que non está incluido na UICN. Ou sexa non está protexida.
|
| Curiosidades: |
É o que se chama un peixe plano, son peixes moi curiosos xa que son asimétricos, unha parte do corpo e distinta da outra, así pousado a parte que non se ve é blanca e non ten ollos. A parte de arriba que é a pigmentada é a que ten ollos.
As dereitas e as esquerdas nos peixes planos
Logo hainos de dereitas e de esquerdas, a Solla é de dereitas xa que si a pomos ca aleta dorsal mirando para arriba sempre mira a dereita. Moi curiosos.
Nota: as veces non se sabe cal é a aleta dorsal, nesta caso basta fixarse na cabeza e mirar as agallas, si estas están hacia nos está perfectamente colocado e a aleta dorsal é a máis lonxe de nos e a mais lonxe das agallas. Creo que na fotografía está claro o concepto anterior. A aleta dorsal é a máis grande das aletas, nesta fotografía está na parte dereita ( si esa parte a tomamos como a parte de arriba), está claro que a solla é de dereitas, xa que mira para dereita.
Solla.
Fotografía sensacional descoñezo o autor.
|

Fotografía de Anderson P.
![]()