O Lucio é outra salvaxada anti-natural.
Non é oriundo de Galicia nin é español, pero algunhos, sabe Deus quen (dende logo con pouca cabeza) , votáronno no baixo Miño e nas Gándaras de Budiño.
É un depredador nato e ataca a tódolos peixes. Este peixe é unha autentica desfeita onde se bota.
LUCIO: características.
![]()
| Nome científico |
Esox lucius Linnaeus, 1758.
|
| Nome galego |
Fotografía Chaumeton. Non é galego. Lucio.
|
| Nome castelán |
Fotografía Chaumeton. Lucio.
|
| Dimensións |
Ata 1 metro e sobre 4-8 kg. de media. Atopáronse lucios de 1,5 metros e 35 kg de peso pero non é o normal. Pode vivir ata 30 anos.
|
| Identificación: |
Peixe da familía dos esócidos, de corpo escamoso, verdoso e moi alargado. Os costados ten bandas amarelas e o ventre teno grisáceo. A cabeza tena exaseradamente grande, con forma de pico de pato. Dentro ten as mandíbulas, o paladar e a base da boca onde están esperando 700 acerados dentes.
As aletas dorsal e anal están implantadas o mesmo nivel, moi hacia a parte traseira do peixe.
|
| Alimentación e hábitos: |
Estos peixes aliméntanse o principio de vexetación, pero moi pouco tempo. O resto son carnívoros, auténticos depredadores de todo o que cae preto deles, dende peixes, troitas, anguías, aves pequenas, de todo. Unha auténtica desgracia para os ríos galegos alí , onde algún que debera estar na cárcere ( ou o que deo as órdenes) votou esta especie, dicen que non baixo Miño e nas Gándaras. Gustaríame que algún día se bañara na zona e o lucio lle deixara unha marca no cú, é o que merece.
Este peixe é un depredador nato e temible.
|
| Habitats: |
Vive en augas estancadas ou lentas, as veces ata salobres, bastantes limpas e ricas en vexetación. É sedentario e solitario, espera o acecho entre as herbas. É temible.
Na fotografía submarina anterior, fotografía que aparece na revista "Trofeo pesca" de octubre do 2000 e que está sacada por Jan Eggers, vese este feito, o Lucio acecha a presa.
|
| Desove: |
Os alevíns son en principio zooplanctófagos pero rápidamente se volven capaces de atacar a outros peixes máis pequenos. O lucio desova no mes de febreiro e abril, entre 4º e 12 Cº, xeralmente en augas pouco profundas e recubertas de vexetación ( predreiras inundadas, cañaverais, etc ) . A femia dispersa os ovos en sucesivas veces e en grandes extensións ( 20.000 ovos por kg. de peso, incríble) , estos ovos péganse as plantas acuáticas e eclosionan pasados os 10-20 días. A larva queda fixada verticalmente á vexetación por unhas papilas adhesivas, ata que se produce a reabsorción da vesícula vitelina.
|
| Vese nos meses: |
Fotografía de Llyka. Todo o ano. Inda que eu prefiro non velo nunca en Galicia. Revólveme o estómago. ¡¡¡ Dame noxo !! como decimos os galegos. O lucio pode pesar 15 o máis kg. Incrible.
|
| Interés: |
En Galicia ningún. Si é certo que se botou en algún río, como se dí, o que o fixo ou mandouno botar non tellen perdón. No nome da troita e tódolos peixes autóctonos galegos dígolles: "Camiñante mexa aquí". Non teñen perdón.
|
| Pesca: |
Hai xente que lle gusta pescar lucios. Eu prefiro non velos nada máis que nas revistas de pesca, pero pescados fora de Galicia.
|
| Protección: |
En Galicia non deberan existir. Si realmente os votaron, que penso que sí, serán unha plaga en non menos de cinco anos.
|
| Curiosidades: |
Foto Catfiswh. É famosa a anécdota do Lucio morto cunha gran anguila enrollada na súa boca e agallas. Non me estrana, este peixe é un devorador nato e atrévese con presas incríbles. O Lucio foi botado por primeira vez en España en dicembro de 1949 ( 255 adultos que viñeron de Francia) previo informe favorable do inxeneiro Velaz de Medrano (Fatal decisión). Foi unha auténtica salvaxada.
|
| Cuestionamento: |
Últimamente estase a cuestionar o problema de haber botado esta especie y moitas outras nos ríos galegos. Non sei quen fai estas barbaridades inda que teño a miña teoría ( inda non teño probas contundentes), que algún día contarei, polo menos para quedarme tranquilo. O final, o de sempre, ¡¡ que se lle vai facer !!. ¡¡¡¡¡ E o río escarallado !!!!!. Pero si é certo o do Lucio, é unha auténtica desgracia. Os ríos galegos non volverán a ser o que eran sempre que nas súas augas existan o lucio, a carpa americana, o carpín, e tantos outros peixes que se van botando as augas de forma incrible.
|
| A miña teoría sobre a introdución do bas, a carpa e o lucio nos ríos galegos: |
A miña idea sobre esta desfeita:
Pura e simplemente os cartos... A pesca destos peixes move millóns en liñas, carretes, señuelos, engudos e un longo etc. Primeiro botouse a carpa, un peixe impresentable.
Logo o bas que dice que é loitador e pódese comer.
Ademais o bass reduce as carpas?. E por último haberá xente que xustifique o lucio como depredador de todos os anteriores.
A verdade: ¡Os cartiños!. Os que botan nos ríos galegos esas especies deberan, na miña opinión estar na cárcere...
|
![]()

|
LUCIO |
|
Seica algunhos salvaxes o botaron non baixo Miño e na Gandaras de Budiño, seguro que o botaron en moitos máis lugares. Algúns internautas falan que se pescou en Castrelo a altura de Ventosela, non podo confirmar esto. Si é certo será unha desgracia para o pouco que queda san do río Miño na provincia de Ourense.
A Xunta nono detecta no inventario de 1997. Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997. Este peixe está moi estudiado no resto do estado xa que se botou no río Tajo en 1949 , concretamente soio 255 individuos e foi unha auténtica desfeita para o río. |