Micropterus salmoides. Black-Bass. (Perca Americana)

Non é un peixe galego.

Dicen que foi introducida en Galicia para a pesca deportiva. Dende logo, foi unha desgracia que votarán este peixe en moitos ríos, inda que fora para conseguir unha pesca loitadora, etc. Menuda barbaridade... Hai moitos no encoro do río Sil en San Esteban, tamén o botaron en Castrelo no río Miño e outros lugares. Unha política descabellada. Seica os botaron tamén en Leboreiro, no río Mao, a verdade e que quen o fixo non ten perdón...

Hai que tratar de porlle obstáculos para que non suba a auténticos frezadeiros de troita xa que remata cos ovos e a larga coa nosa troita... Repito, unha desgracia para os ríos galegos. (Pode medir ata 90 cms. e pesar 12 kg.).

 

Características.                  

 salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BASS.

Un bon dibuxo.

Black-Bass. Un peixe foráneo. Non se debera botar nos ríos galegos.

Este é o bass máis parecido, según dicen. Eu pola miña banda téñolle manía a este peixe, fun algunha vez a súa pesca, deuse mal, e non penso que volva. Non me gusta o peixe nin a súa pesca. Sinto moito.

El Black-Bass tamposo es un pez oriundo de Galicia.
Fotografía dun Black-Bass, bastante raro. Penso que esta fotografía está máis parecido.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

Black-Bass. Un peixe foráneo. Non se debera botar nos ríos galegos.

Black-Bass

A Carpa Americana ou Bass, foi botada preferentemente nos encoros no río Miño, tamén nos encoros do río Sil , San Esteban ,etc. A Xunta detecta tamén Micropterus salmoides no encoro do Bao , As Portas.

Eu penso que foi botada en máis lugares, polo menos en Ourense.

Outra barbaridade.

Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997.

Este peixe foi botado en España por primeira vez en 1955 , foi botado oficialmente despois de crialo e estudialo na piscifactoria de Aranxuez, deberon quedar tranquilos e descansados os inxeneiros que fixeron o estudio.

En Ourense, no ano 2005 sei que hai bass nos encoros de Edrada e Leboreiro onde non se sabe quen...eu teño moi claro...botaron miles e miles de Bass.

Esto mismo seguro que o fixeron en moitos máis lugares.

¡O negocio está a vista!.

¡A natureza galega que a parta un raio!.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O bas: Características

 

Black-Bass. Un peixe foráneo. Non se debera botar nos ríos galegos.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificacións Habitats
     
Alimentación Hábitos e costumes Reproducción
     
Distribución en Galicia Vese nos meses de... Interés
     
Protección O negocio do Bass Ver outros dibuxos
     
A miña opinión Os pescadores de Bass

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico

Micropterus salmoides. Lacepede 1802

 

Clasificación:

Reino: animalia

División : Chordata

Clase: Actinopterygii

Orden: Perciformes

Familia: Centrarchidae

Xénero: Micropterus

Especie: M. Salmoides

 

Ir a características

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Black-Bass. Un peixe foráneo. Non se debera botar nos ríos galegos.

??  ( é recente a súa traida) este peixe botouse por primeira vez en España en 1955, a SPCCPN, tras cuidalo e estudialo na piscifactoría de Aranzuez, empezaron a sembralo por España adiante. 

Salvaxe decisión....

Debeulles quedar a cabeza descansada.

Non ten nome galego e penso que tampouco o merece...

A Xunta ponlle o nome de Perca Negra.

A xente chámalle bas.

O Bass estase a botar en Galicia, como gran negocio do futuro, si non é inexplicable o que se está a facer.

 

Ir a características

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Perca americana, Bas, bass, Black Bass

Black-Bass. Un peixe foráneo. Non se debera botar nos ríos galegos.

Moitos pescadores chámanlle "Bocazas".

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Dimensións:

17 cms os dous ou tres anos. Ata 60 cm e 8 kgs. de peso en Galicia. E digo en Galicia xa que noutros lugares pode botar ata 1,30 m  e 40 Kg. 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Black-Bass. Un peixe foráneo. Non se debera botar nos ríos galegos.

O corpo é bastante alargado, ovoidal. A cabeza é grande, a boca terminal é moi amplia é a maxila tan desenrolada que hacia atrás supera o marxen posterior do ollo. As escamas son pequenas e na linea lateral conta con 60-70. A aleta dorsal é fendida e case separada no seu tramo medio a primeira ten 9-10 radios espiñosos e a 2ª máis alta e redondeada ten 12-14 radios blandos. 

A aleta anal ten os tres primeiros radios espiñosos e o resto 10-12 non. A caudal é máis ben bilobulada, as pectorais teñen 13-15 radios blandos e as ventrales teñen o primeiro radio espinoso e o resto non.

A súa librea é variable según o ambiente e a edade. O dorso é verdoso ou verde parduzco, os flancos son máis claros e o ventre blanquecino ou tirando a amarelo.

Bota ata 70-90 cms ( a media é entre 20-40 cms) o peso ata 7-12 kilos pero a media está entre 100 gramos e 2 kg.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Black-Bass. Un peixe foráneo. Non se debera botar nos ríos galegos.

Cando son pequenos comen invertebrados e larvas de insectos. Tamén comen peixes, ovos de peixes, anfibios, serpentes, ratóns, ratas.

O que máis lle gusta son os pequenos peixes e os cangrexos.

É,  dende logo,  moi voraz, vese que come de todo, practica o acecho, esperando o paso da víctima. O fenómeno do canibalismo, do que falan algúns autores tamén se da.

A proba de que come de todo está dada por as anécdotas: o abrir o Bass vese que na súa barriga ten de todo, dende chapas de gaseosa ou cerveza ata tortugas, cangrexos, ou o que lle boten.

Crece moi de prisa así o terceiro ano pode botar 20-25 cms e medio kilo de peso.

Pode durar 15 anos.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Black-Bass. Un peixe foráneo. Non se debera botar nos ríos galegos.

Augas de fondo blando, estancadas o de curso lento, ricas en vexetación sobre todo plantas acuáticas de follas flotantes.

Foi traído de américa en 1897 e botouse por primeira vez en Alemania.

Vanlle ben os encoros, inda que non teño idea de como lle afecta a eutrofización, penso que non lle irá moi ben dende logo.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hábitos e costumes:

Hábitos e costumes: 

Non é migratorio, os novos soen moverse en augas superficiais ou poco profundas mentras que os adultos son bentónicos. Prefiren as augas claras, non demasiado frías, de corrente débil. Nos ríos prefiren as zonas onde hai árbores caidos sumerxidos coas raíces na auga, mentras que nos lagos ou encoros frecuentan os bordes dos cañaverais, madeiras flotantes. Por regla xeral é curioso, pero tamén é desconfiado. Soporta temperaturas entre 7-32º.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desove:

Reproducción:

Black-Bass. Un peixe foráneo. Non se debera botar nos ríos galegos.

Fai o desove sobre marzo a xullo en augas de 30 a 300 cms e con temperaturas entre 16-20º sobre terrenos areosos e fangosos, recubertos de plantas acuáticas. O macho agresivo e territorial, libera un trozo do fondo e escaba unha depresión de ata 20 cms de profundide e 90 cms de diametro onde a femia cun frotamento bastante enérxico pon entre 750-11.455 ovos que rápidamente se mesturan co fondo e seguidamente son cuidados polo macho. O pai vixía os ovos que os 4-5 días eclosionan, pero non soio eso tamén vixía os alevins polo menos durante un mes.

A verdade que é un poco distinto o seu proceder con respecto a outros peixes que poñen moito máis ovos, pero non os coidan tanto.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de ...

No verán vense moito na superficie.

A mellor época para pescar o bass dicen que é octubro e novembro. Na primaveira está co desove e os pescadores máis puristas dos bass dicen que debe soltarse.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

A súa carne o parecer é gustosa, pero de consumo limitado e local a causa da súa aroma especial.

Dende logo é importante na pesca deportiva. O parecer é un peixe moi loitador e por este motivo soe ser exportado.

Vaia por deus...

Black-Bass. Un peixe foráneo. Non se debera botar nos ríos galegos.

Neste intre teño que decir que non aprobo,  nin moito menos,  que foxe botado nos ríos galegos. É un salvaxada si estudiamos as súas características. Pobres troitas e ciprínidos de Galicia.

Remata cas troitas sin lugar a dúbidas. ¿En base a qué se botou non nosos ríos ? a que ¿é un peixe moi loitador?. Vaia razoamento para botalo en Galicia.

O razoamento non merece nin citalo...

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Black-Bass. Un peixe foráneo. Non se debera botar nos ríos galegos.

Dice textualmente o libro de Silvio Bruno e Stefano Maugeri "en teoría la especie debería ser eliminada de todas las localidades naturales europeas por motivos científicos al tratarse de una especie alóctona". A pesar do anterior non se fai por motivos da pesca deportiva.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O negocio do Bass:

O negocio do bass:

O bass estase botando en Galicia en tódolos encoros, incluidos pequenos encoros onde suben a ríos troiteiros.

Unha auténtica salvaxada.

¿Por que se botan e quen os bota?

A miña teoría é a do negocio caiga quen caiga...

Que outra razón hai para que o boten en lugares emblemáticos e troiteiros como no encoro da Edrada, ou no encoro de Leboreiro (encheron de bass un dos mellores ríos de Ourense, así o decía fai cinco anos. Hoxe no 2005 está cheo de Bass. Que magoa...).

A verdade non ten outra explicación.

O bass move moita pesca: engados, canas e un longo etc. Os señuelos para pescar o bass van dende culleriñas, rapalas, pasando polos famosos Poppers, peixes de hélice, os Shadows, os jerkbaits que son saltarines de superficie, ¡todo un negocio!.

Ata se venden os distintos tipos de engodos para cebar, todo un negocio de millóns de euros...

O da pesca deportiva importa tres pitos...

Realmente non hai dereito a esto que estou a contar, pero eu penso que é a realidade.

Todo o mundo o dice: é un peixe moi deportivo, turra moito o pescalo e inda por riba, correuse a bola de que sabe ben...

Pois veña ¡todo o mundo a pescar bass! e morte a nosa troita e os nosos ciprínidos.

O único que importa son os cartos...

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentario persoal:

Comentario persoal:

 

No nome da nosa troita decirlles a quenes trouxeron este peixe a Galicia:

"Esto non se lle fai a unha amiga de toda a vida. A raíña dos ríos galegos"

"Trátase dunha auténtica traición o peixe máis bonito e emblemático que temos en Galicia, a nosa querida troita, no seu nome, o meu repudio desa xente...e de outros que soio pensan cós pés...e así nos luce a natureza en Galicia".

"Camiñante cuspe e mexa aquí...".

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os pescadores de Bass:
Os pescadores de Bass:

Os pescadores de Bass o meu máximo respeto.

A Bass-manía vai en alza e non teño nada contra ela.

Seica é un peixe loitador e caprichoso que entra a case todo pero que os exemplares grandes non son doados de pescar. Repito: os meus respetos.

O que eu non esté en Galicia por este peixe sei que será comprendido por estos pescadores e non ten nada que ver coa súa afición.

 

Ir a características

 

 

 

Subir.