Oncorhynchus mykiss. Troita arco iris. (Trucha arco iris) 

Fotografía sacada da Samford University, Department of Biologie.

Non é unha troita galega, veu de America en 1910, xa choveu...

 Unha mala política que repoboaran os  nosos ríos con esta troita.

Unha política nefasta nestos anos 1970-2002, cós ríos galegos e esta troita.

 Crece moito máis que a nativa, está ben para as piscifactorias. Mentras que cunha nativa tarda de 3 a 4 anos en facerse adulta (17 cms), con esta troita consíguese en meses.

Menos mal que a nosa non desapareceu e desta quedan moi poucas.

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TROITA ARCO IRIS: características.

 

 

Fotografía sacada da Samford University, Department of Biologie.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Alimentación Reproducción Abundancia e repoboacións
     
Vese nos meses de Curiosidades Simpatías desta troita
     
Protección Distribución en Galicia.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Fotografía sacada da Samford University, Department of Biologie.

Oncorhynchus mykiss ( Walbaum, 1792)

Taxonomía:

Clase Actinopterygii
Orden Salmoniformes
Familia Salmonidae
Especie Oncorhynchus mykiss

Os Actinopterygii son peixes con aletas radiadas.

Dentro da familia dos Oncorhynchus hai cantidades de subespecies, a España trouxeron dende America de todo...

Hai moitísimos sinomias, por exemplo Salmo gairdneri Richarrson 1836 ou Salmo iridea Gibbons 1855, etc.

Está considerada como ESPECIE EXÓTICA en España.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Troita arco iris. Pachanga (entre os pescadores de toda a vida...).

Nota: xa vín tamén o nome de Troita arco da vella, a verdade é que era a primeira vez que escoitaba ese nome...decir que os pescadores galegos sempre dixemos Troita arco iris e trátase dun nome correcto en galego.

Taxonomía:

Clase Actinopterygii
Orden Salmoniformes
Familia Salmonidae
Especie Oncorhynchus mykiss

Os Actinopterygii son peixes con aletas radiadas.

Dentro da familia dos Oncorhynchus hai cantidades de subespecies, a España trouxeron dende America de todo...

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Fotografía sacada da Samford University, Department of Biologie.

 

Trucha arco-iris.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Especie de talla media que non pasa de 50 cms, normalmente.

O máximo tamaño coñecido no mundo é de 1,2 metros,  24 kg. de peso e unha edade de 11 anos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Fotografía de A. de Sosotoa y X. Ferrer.

Troita arco iris sacada do libro "Atlas y libro rojo de los peces continentales de España".

Na fotografía apréciase a diferencia desta troita coa troita común: a librea non ten nada que ver coa nosa troita xa que leva unha banda irisiada o longo de todo o corpo, as motiñas son negras,  motiñas que están tamén na aleta adiposa e na caudal. O corpo é distinto, a nosa troita é máis estilizada, non é tan panzurrona.

Fotografía sacada da Samford University, Department of Biologie.

Moi boa fotografía de MCDowall, R.M.

A cabeza (en proporción o corpo) é moito máis pequena que a da troita común. A librea é moi distinta.

Esta é a troita común.  Esta troita é do río Lor (Lugo), a fotografía foi cedida para esta páxina www por Hilario, un bon amigo e colega de pesca.

¡A nosa troita é outra cousa!.

Libreas da troita arco iris:

 

 

Esta librea é moi diferente a librea da nosa troita.

De tódolos xeitos ainas moi conseguidas como esta:

Coa xenética fanse marabillas. De tódolos xeitos as diferencias son claras. Observar tres diferencias  definitivas coa nosa troita autóctona: as aletas adiposa e caudal están moteadas de puntos abondosos negros e xunto a teoricamente liña central hai unha franxa arco iris, con varios cores. A cabeza é moito máis pequena, pero eso xa´non é doado de apreciar...

Nota importante engadida no  2007: tuvemos sorte que a troita arco iris non fora para arriba nos nosos ríos, morreron a maioría, ben nas cañas dos pescadores ou ben de fame. As interacións ou mezclas foron mínimas xa que as que botaban non podían procrear, estaban capadas. Esto tampouco o soupemos a maioría.

Canto engano...

¡Menos mal!.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Abundancia e repoboacións:

Abundancia e repoboacións:

Non é moi abundante a pesar de que se botaron  centos de miles nos ríos galegos en tempos. Estas troitas non van para arriba xa que, salvo casos moi raros, non se reproducen. Esto nono sabe a xente, en xeral, pero estas troitas están tratadas xenéticamente, e non son reproductoras. Si se da o caso, que é moi raro, nacen cousas raras. Por esto mesmo, o repoboar con esta especie foi e sigue sendo nefasto para os ríos galegos...

Actualmente, 2008, xa non se fai salvo casos extremos.

Hoxe pódese atopar algunha nos ríos : Eo, Ouro, Landro, Xubia, Anllons, Deza, Umia e no Lor.

Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997.

En Ourense quedan moi poucas destas troitas. Nos últimos anos estase a repoblar con troita común ( menos mal).

Esta troita non se adaptaou os nosos ríos, son moi tontarronas a hora de pescalas e non teñen nada que facer ante a nativa: plenamente adaptada.

De tódolos xeitos estas repoboación foron feitas cós pes.

Estase a demostrar que son unha auténtica amenaza para a nosa troita non soio por ser distinta e depredadora nata sinon tamén polo tema da introgresión xenética que estos anos atrás se tiña moi pouca idea.

Agora vense a demostrar que hai unha introgresión xenética entre un 5% e un 10%.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Fotografía de A. de Sosotoa y X. Ferrer.

Similar á troita común. Ou sexa larvas de invertebrados e incluso peixes e troitas pequenas. O peor é que as troitas que botan non saben comer, así como escoitan... Están acostumadas os pensos e pásano fatal cando se botan os ríos. A maioría morre, ou ben pescada (entran a todo) ou ben porque pasan unha fame negra...

Moitas caen na boca de depredadores.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Trucha americana. Se reproduce y alcanza un buen peso rápidamente.

É moito menos esixente que a troita común, ou sexa, aguanta máis a contaminación.

O habitats son augas claras con correntes moderadas e rápidas. Adaptase a lagos e embalses, moito mellor que a nosa troita.

A temperatura ideal da auga son 12ºC.

Normalmente hai moitas destas troitas nos lugares onde hai piscifactorías a beira do río, como en Ourense no Carballiño.  Por certo nas riadas do 2000 e 2001 escaparon a miles ( penso que serían troitas comúns).

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de ...

 

Todo o ano.

Estas troitas no río vense perfectamente xa que son moi tontarronas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción :

Reproducción

Fotografía de A. de Sosotoa y X. Ferrer.

Téñense poucos datos sobre a súa reproducción nos ríos, non así nas piscifactorias onde é un peixe moi estudiado en tódolos aspectos de producción.

Hoxe sábese que a troita arco iris no pode procrear nos ríos, ou sexa, que quede claro, refírome as troitas que botan nos ríos, non as nativas americanas que por suposto poden procrear.

A troita que botan é alóctona, importada, foi introducida de forma artificial, e así son criadas nas piscifactorías sufrindo unha manipulación xenética coa que se consigue peso superior o normal, esto leva a infertilidade. Todas as troitas que botan son manipuladas polo tanto en teoría non son fértiles.

Todo esto é teoría xa que un 10% parece que se mezcla coa nosa, non hai estudios desto pero seica é así o cal da lugar a un híbrido que xa me dirán...

 

--------------------------------

Normalmente a súa reproducción é posterior a da troita común (refírese este apartado a troita arco iris americana no seu lugar de nacemento), e faina entre xaneiro e abril. O segundo ano é xa madura e o tercer ano xa daba a medida cando era 17 cms.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Non catalogada.

Realmente esta troita non merece a pena, está demostrado que as repoboacións con esta troita son unha auténtica salvaxada ecolóxica.

Está moi ben para as piscifactorías pero non para os ríos galegos.

Na categoria mundial UICN figura como non catalogada.

A nivel da lexislación en España está declarada como pescable e tamén como de pesca comerciable.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

 

Curiosidades:

Trucha americana. Se reproduce y alcanza un buen peso rápidamente.

 

Este peixe foi introducido en España en 1910, concretamente no Lago Banyoles ( Girona). Veu de norteamerica e realmente adaptouse pouco os nosos ríos e moito as piscifactorias. Distínguese sin ningún tipo de dudas en dúas cousas: as aletas caudal e adiposas son moteadas e ademáis ten unha franxa  rosada o largo dos flancos, como se ve perfectamente no dibuxo.

Son as troitas que se venden nas pescaderías. Últimamente xa se venden asalmonadas, ou sexa, nas piscifactorías sácanas da cor que sexa, todo é unha manipulación xenética, e unha alimentación axeitada,  e a  xente pica...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Simpatías:

Simpatías:

Fotografía de A. de Sosotoa y X. Ferrer.

Está claro que esta troita non me é simpática. Que lle vou facer.

Para mín foi unha auténtica pena que a botaran nos ríos galegos, cando tiñamos unha troita exquisita e sensacional.

Persoalmente sempre fun partidario de non repoboar os ríos con este tipo de troita, son partidario de facer viveiros nas cabeceiras dos ríos con troitas nativas e logo cambialas de lugar, facendo unha pesca eléctrica ou similar.

Os ríos si fai falta había que vedalos, o primeiro é o río. O demáis é enganar o personal e logo decir que hai moitas troitas e que se pesca moito. Realmente é unha vergoña...

En España o primeiro son outras cousas...hai que cambiar o chip...

Hai que enganar menos o ciudadano, e buscar menos os votos e máis o beneficio dos nosos ríos e da nosa natureza...

O pescador hai que educalo, hai moito depredador solto que lle ten sin cuidado, pero as cousas non son así...

 

 

Ir a características

 

 

 

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

TROITA ARCO IRIS

Non é moi abundante a pesar de que se botaron  centos de miles nos ríos galegos en tempos. Hoxe pódese atopar algunha nos ríos : Eo, Ouro, Landro,Xubia, Anllons, Deza, Umia e no Lor.

Quedan algunhas sobre todo onde hai piscifactorías, xa que nas enchentas escapan moitas.

En Ourense quedan moi poucas destas troitas. Nos últimos anos estase a repoboar con troita común ( menos mal) pero tamén manipulada.

Esta troita non se adaptou os nosos ríos, son moi tontarronas a hora de pescalas e non teñen nada que facer ante a nativa: plenamente adaptada.

Ir a características