|

|
| En breve porei máis fotografías deste río
espectacular e inda con moita vida, pero castigado por unhas
minicentrais que siguen demostrando (os seus donos) que son as donos dos
nosos ríos. ¡Esto non pode seguir así!. Fan o que lles da a gana. |
|

|
| O río é sensacional e aparentemente está
san. Ten un sendeiro dende Chelo ata a Minicentral que é unha
auténtica maravilla natural. Levoume unha hora e media, xa que en cada
rincón da fraga, alucinaba coa súa beleza. Na zona alta, vense moitos
eucaliptos, pero a carón do río hai moitísimos amieiros, carballos,
moito laurel e outras árbores, en fin, unha maravilla. Por certo nas orillas hai
moitísimo fento real, precioso. |
|

|
| Outro rincón sorprendente deste río sensacional.
Preto desta zona vin uns muíños desfeitos, moi desfeitos.
Nono entendo, os muíños son a nosa historia, historia que non podemos
esquecer. |
|

|
| Pero tamén me contaron o desastre que fan as
minicentrais, veña a subir veña a baixar, as veces deixan o río sin
auga. A fotografía está tomada por un pescador por debaixo de Chelo,
onde está a presa do muiño, xusto na seguinte fotografía miña vese
esta zona. Escenas destas, deberan ser suficientes para que a Xunta de
Galicia CERRARA A PERPETUIDADE ESTA MINICENTRAL QUE TANTO DAÑO ESTA
FACENDO A ESTA ZONA. ESTOS SON ATENTADOS ECOLÓXICOS QUE NON SE DEBERAN
PERMITIR. |
|

|
| Esta fotografía é exactamente a zona anterior,
pero na miña fotografía, nun día en que o río era río. A
fotografía anterior é para chorar.... |
|

Diario La Voz de Galicia. Estudios Blanco.
26-08-2002 |
| Recentemente, noticia da Voz de Galicia do
28-08-2002 (Betanzos L)), as obras do Salto de Gomil no término
municipal de Aranga fixeron un estropicio do río Mandeo en varios
kilómetros. O de sempre cos minicentraleros: soltan cemento a esgalla e
morre todo canto hai. Unha auténtica vergoña. A XUNTA SIN TOMAR
MEDIDAS CONTRA ESTOS DESMÁNS E PROMOCINANDO ESTAS ENERXÍAS COMO
LIMPAS.
EFECTIVAMENTE LIMPAN O RÍO DE TROITAS E SERES VIVOS. |
|

Diario La Opinión. Víctor Echave 26-08-2002. |
| Na fotografía aparecen docenas de troitas
recollidas por Antón Cotos, no río Mandeo por debaixo de Aranga. A
Asociación de pescadores recolleron máis de cen troitas mortas o
venres día 23 de agosto en Aranga. A verdade que esto é un crimen a
natureza galega, crimen que "sempre ou case sempre queda
impune". As causas, que na miña opinión están claras, habendo
cemento por medio, sempre pasa, lémbrome de docenas de ríos
esquilmados desta forma e sempre con estas construccións de por medio ou
algunha ponte ou muro. |
|

|
| O río Mandeo ten este aspecto. A minicentral está
continuamente subindo e baixando e non me estrana que veñan os
accidentes e as mortes, con deportistas de todo tipo ou simplemente
xente que se baña. (Na miña páxina, recollía
fai uns anos a morte dun rapaz, pola subida de nivel desta minicentral).
É unha auténtica vergoña. Inda por riba turbina todo o ano, observar
as pedras en pleno agosto, o río non acouga.
O río Mandeo en Chelo, na Provincia da Coruña e moi cerquiña
de Betanzos é algo especial, ten salmón e ten reo, as troitas non
faltan. Está vivo. Pero estas minicentrais e outras que pretenden
montar, rematarán có río...
Dende esta páxina www en defensa dos ríos galegos, reixatamos
as minicentrais como esta de Chelo que son unha AUTÉNTICA AMEAZA PARA AS
PERSONAS, PARA A FAUNA E PARA A RIQUEZA DA ZONA. TAMÉN UNHA AMEAZA PARA
O TURISMO, SEGURAMENTE A NOSA FONTE PRINCIPAL NO FUTURO.
O MELLOR: PECHALA. O RÍO INDA É MOI
APROVEITABLE. CHELO É UN ANAQUIÑO DE GALICIA DISTINTO, MOI
DISTINTO. SENSACIONAL. VESE LIMPO, HAI PESCA (ESTE ANO COLLERON O
CUPO DE SALMÓNS, CINCO SALMÓNS E REOS). A SOCIEDADE DE PESCADORES
FUNCIONA...
¡¡NON AS MINICENTRAIS NO MANDEO!!
Escribe un e-mail o Buzón verde da Xunta
e rexeita estos atentados os nosos ríos, non fan ningún caso, pero
polo menos que se enteren de que hai galegos e non galegos que amamos de
verdade os nosos ríos. |