O Armiño hoxe en Galicia non é nada abondoso. Non é un mamífero de río pero non andan moi lonxe os poucos que quedan.
Fai o tobo en paredes, muros, ou buracos dás árbores. É bastante solitario. Come aves e reptiles.
Garboso e postinero como as mulleres dice Jose Curt, cambia do inverno, que é totalmente blanco excepto a cola , o verán que é pardo. É unha pena que non esté máis protexido.
![]()
| Nome científico |
Mustela erminea. ( Linnaeus 1758) Clasificación:
|
||||||||||||||
| Nome galego |
Armiño, erminio, doniña branca.
Doniña. (É máis pequena).
|
||||||||||||||
| Nome castelán |
Armiño.
|
||||||||||||||
| Dimensións |
Entre 18-32 cms. Un peso ata 300 grs. Cola sobre 12 cms.
Os machos son moito máis grandes cas femias. Viven entre seis e oito anos en paises templados.
|
||||||||||||||
| Identificación: |
Ten un aspecto distinto de verán que de inverno. No inverno xeralmente é branca por completo, agás a punta do rabo e o fuciño, mentras que no verán ten unha cor parda e por debaixo branco.
Nesta fotografía vese a variedade branca:
Aspecto no inverno. O armiño presenta unha cor pardo vermella por riba e blanco por baixo
Aspecto no verán. A cola remata en negro. A punta sempre é negra. A base do rabo tamén sempre ten un certo cor amarelo.
É máis grande que a doniña que teóricamente sería coa que se podería confundir. Cando se desplaza faino sempre a saltos, é a súa forma de camiñar. O pescozo é moi grande, as orellas marcadas perfectamente, a cola e longa, máis da mitade do corpo. Por suposto pódese por de pe e divisar o panorama perfectamente.
|
||||||||||||||
| Reproducción: |
O celo vai de xuño a agosto, como en casi tódalas especies de mamíferos as liortas entre os machos son cousa común nos período de celo das femias. A preñez as 56 días ou ben 9-10 coa xestación retrasada, ten entre 4-8 crías cegas e casi desnudas que abren os ollos as 6 semáns e independízanse os 3-4 meses. Os fillos son cuidados únicamente pola nai.
|
||||||||||||||
| Inimigos: |
Moitos entre eles o home. En tempos foi moi apreciado pola súa pel, que é sensacional, e polo tanto moi perseguido. Hoxe hai moitos cazadores (para mín non o son) que disparan con gusto a este mamífero xa que o consideran un competidor có coello e a lebre. Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo. Pero seguro que se defende ben. Ver as súas armas:
Ten bos dentes
|
||||||||||||||
| Alimentación: |
É un cazador nato, na súa dieta atópasen todo tipo de ratóns, rans, aves, peixes, cóbregas e insectos. É un especialista na caza en tobas. Nas tobas as presas localízaas polo oído. Actua sempre pola noite. Polo tanto non é moi doado vela. Nos países frios o armiño fai recoleción de alimentos para o inverno. Si a peza é pequena ataca a cabeza, clavando os dentes e matando a presa. Si é grande por exemplo un coello ou unha lebre a técnica que utiliza é botarse a xugular e non soltar a presa ata que esta cae abatida por pérdida de sangue ou cansada. Nese momento remata a operación de caza.
|
||||||||||||||
| Habitats: |
Fotografía de Yu K. Zinchenko. Habita en zonas boscosas pouco espesas, con pradeiras e campos de cultivo, atópase moito o lado dos ríos e regatos, donde hai sobre todo salgueiros, amieiros e bidueiros. Sin dúbida está aquerenciado polo biotopos húmidos.
|
||||||||||||||
| Vese nos meses: |
A verdade é que eu na miña vida vin o armiño inda que non o descarto. Actua preferentemente de noite polo tanto non é doado de ver. Quizás no verán teñamos sorte.
|
||||||||||||||
| Interés: |
A súa pel era moi apreciada na antiguedade xa que principes e reis levaban mantos de peles do armiño no inverno. Dita pel ten a particularidade de ser moi tupida. A pel de "armiño".
|
||||||||||||||
| Protección: |
Figura no anexo III do Convenio de Berna, é polo tanto unha especie protexida polo Real Decreto 3181/1980. A súa caza está penalizada con 300 € de multa. A nivel europeo tamén figura como especie protexida.
|
||||||||||||||
| Distribución en Galicia: |
Hoxe atópase en toda Galicia, pero dende logo non en forma abondosa. Hai máis na Coruña e en Lugo. Non é moi abondoso e ademais é moi perseguido xa que se considera unha plaga para a caza e para as aves de corral. Lopez Seoane xa o cita en 1861 e dí que era moi frecuente, pero xa choveu moito dende aquela.
|
||||||||||||||
| Pisada: |
A súa pisada é maior que a da donicela, de tódolos xeitos a súa distinción é para expertos.
|
||||||||||||||
| Confusión do armiño coa doniña: |
Realmente non é doado distinguir un armiño dunha doniña, dende logo a doniña é mais pequena:
|

Fonte de información : Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995.
Tamén o libro "Guía dos mamíferos de Galicia" de Baía Edicións e dos autores Juan Ignacio Díaz e Yosi Cartelle. 2007

Descoñezo o autor da fotografía.
![]()