Non é doado atopalos, pero existe esa posibilidad en ríos da zona.
Na fotografía é un macho. O macho presenta unha cornamenta respetable é que se distingue perfectamente xa que os cornos están como anillados.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | identificación | Habitat |
| Reproducción | Alimentación | Interés |
| Vese nos meses de | A súa caza | Fotografía |
![]()
| Nome científico |
Ovis ammom o Ovis musimon. Nota: O muflón non é unha especie autóctona de España, xa que foi introducido na Serra de Cazorla, por primeira vez, no ano 1953.
|
| Nome galego |
Muflón. Carneiro bravo.
|
| Nome castelán |
Muflón.
|
| Dimensións |
Alto 1,10 - 1,30 metros peso 25-50 kg.
|
| Identificación: |
É inconfundible xa que a súa cornamenta é especial. Os cornos son completamente arqueados e retorcidos. Son acaracolados, é decir como si foran caracolas.
As femias son máis dificiles de recoñecer, xa que non teñen cornos, realmente soio teñen unhas pequenas pretuberancias, ou son difíciles de ver. A pelaxe é corta e lisa de cor pardo abermellado, máis ben parece achocolatado, co ensillado manchado de branco. Tamén ten na zona anal o típico espello blanco. A pelaxe invernal é máis oscura. Realmente é un carneiro grande sin la.
. |
| Alimentación: |
Aliméntase de gramíneas, herbas, tallos de arbustos, etc. A súa actividade é totalmente diurna.
|
| Habitats: |
Tamén moi escaso en Galicia. Actualmente , en decembro de 1999 nos montes do Invernadeiro , no Concello de Vilariño de Conso - Ourense existen censados sobre 10 muflóns.
Debera verse en zonas montañosas abertas con chan seco e pedregoso. É de tendencia mediterranea e non é autóctono da Peninsula Ibérica e polo tanto de Galicia. Prefire hábitats rocosos e de matorral. Ocupa pinares mezclados con encinas ; polo xeral vive na parte alta destos bosques, sin sobrepasar os 1.600 m, evitando as zonas moi escabrosas.
|
| Reproducción: |
Reproduxense sobre novembro - decembro. O apareamento ten lugar sobre novembro - decembro , a preñez sobre 5 meses. Trae o mundo unha cría que sigue a nai as poucas horas.
É amamantada durante 4-5 meses.
|
| Vese nos meses: |
Todo o ano.
|
| Interés: |
Especial xa que hai moi poucos en España.
|
| Protección e contradicións da caza: |
Cázase o rececho e en batidas. Está considerado como caza maior. Está condenada a extinción, pero parece que se van facendo cousas, de tódolos xeitos é moi dificil compaxinar caza coa conservación da natureza. A caza move en España máis de 500.000 millóns de pesetas e xenera 130.000 postos de traballo, unha cifra incríble, como para ser cautos, pero o que non se pode permitir e que a caza elimine as especies de feito a caza provocou a desaparición de 270 especies no mundo. Pode pasar como pasou co bucardo que ó último morreo fai pouco. Urxe polo tanto compaxinar caza e natureza, si esto non é posible está claro o que hai que suprimir, por suposto a caza de esa especie. A lexislación actual según os entendidos e totalmente insuficiente, ademais non se cumple ( asuntos como o vallado, o examen do cazador, planes técnicos, non foron para adiante) , así non vamos a ningún sitio. Caza na provincia de Ourense
Realmente na zona de Ourense soio aparece no Invernadeiro. Tamén nun cercado en Xares no Concello de A Veiga onde meteron o muflón únicamente con fines cinexéticos. Descoñezo si hoxe en xaneiro do 2007 queda algún ou non.
|

![]()