Cervus (dama) dama. Gamo. (Gamo) |
Tamén é escaso en Galicia. Pode que quede algún no invernadoiro en Ourense e pouco máis.
Na fotografía una femia.
Os machos teñen unha cornamenta considerable.
Teñen bon oido, boa vista e son moi desconfiados.
A súa vida é crepuscular. Viven en manadas e aliméntase de gramíneas, herbas, froitos dos árbores, etc.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensión | Identificación | Alimentación |
| Habitat | Reproducción | Interés |
| Vese nos meses de.. | A caza do gamo | Fotografía |
![]()
| Nome científico |
Cervus dama Linnaeus, 1758 Tamén Dama dama.
|
| Nome galego |
Gamo.
|
| Nome castelán: |
Gamo.
|
| Dimensións |
Alto 1,30 - 2,30 metros peso 35 - 125 kg.
|
| Identificación: |
É inconfundible xa que a súa cornamenta é especial, trátase dunha cornamenta aplanada.
A súa pel é pardo-avermellada salpicada de motiñas blancas. Ten como característica a cola que pode chegar os 19 cms. No inverno o pelo vólvese grisaceo como aparece na fotografía.
Ten sempre manchas blancas nos glúteos e na parte inferior das pernas. A cola tamén é blanca todo o ano. Teñen von oido, boa vista e son moi deconfiados. Na fotografía de Xurxo Lobato , un gamo macho na zona do Invernadeiro en Ourense.Naquel intre 1993 había 15 gamos nesta zona, según fan referencia no libro "Nomadeando os Montes e ríos de "O Invernadeiro" de Carlos Garia Bayón / Xurxo Lobato. Os gamos teñen unhas cornas incríbles, o igual que cervos e corzos. O desarrollo é os cinco seis anos.
|
| Alimentación: |
Aliméntase de gramíneas, herbas, tallos de arbustos, etc.
|
| Habitats: |
Actualmente , descoñezo a sua población en Ourense. Debera verse en bosques planifolios e mixtos, pouco densos.
|
| Reproducción: |
Reproduxense sobre novembro - decembro. Os bramidos do gamo lembran ós eruptos e os golpes de tos seca. Por suposto danse as liortas típicas entre os machos, como os cervos , corzos, etc. O apareamento ten lugar sobre novembro - decembro e a preñez sobre 7 meses e medio. Trae o mundo unha cría que permañece oculta entre os arbustos e logo sigue a manada. É amamantada durante 6 - 9 meses.
|
| Vese nos meses: |
Todo o ano, nos videos. É un chiste. Realmente en Galicia hai moi poucos, quizais no Invernadoiro en Ourense podera verse no resto dudo moito.
|
| Interés: |
Especial xa que hai moi poucas en España.
|
| Protección e contradicións da caza: |
O gamo cázase en batidas, ó rececho e en montería. Está condenado a extinción, pero parece que se van facendo cousas, de tódolos xeitos é moi dificil compaxinar caza coa conservación da natureza. A caza move en España máis de 500.000 millóns de pesetas e xenera 130.000 postos de traballo, unha cifra incríble, como para ser cautos, pero o que non se pode permitir e que a caza elimine as especies de feito a caza provocou a desaparición de 270 especies no mundo. Pode pasar como pasou co bucardo que ó último morreo fai pouco. Urxe polo tanto compaxinar caza e natureza, si esto non é posible está claro o que hai que suprimir, por suposto a caza de esa especie. A lexislación actual según os entendidos e totalmente insuficiente, ademais non se cumple ( asuntos como o vallado, o examen do cazador, planes técnicos, non foron para adiante) , así non vamos a ningún sitio.
|

Descoñezo o autor da fotografía.
![]()