Tamén moi escaso en Galicia. Actualmente , en decembro de 1999 nos montes do Invernadeiro , no Concello de Vlilariño de Conso en Ourense, existen censados 38 rebezos.
Non é doado atopalos, pero existe esa posibilidad na beira dos regatos da zona.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Alimentación | Reproducción | Interés |
| Vese nos meses de... | A contradicción da caza | A Caza do rebezo |
![]()
| Nome científico |
Rupicapra rupicapra. Nota: tamén vexo o nome de Rupicabra pyrenaica, Bonaparte 1845
|
| Nome galego |
Rebezo. Rebeco.
|
| Nome castelán |
Gamuza, Rebeco.
|
| Dimensións |
Alto 1,10- 1,30 metros. peso 30-50 kg. O rebezo é moito máis grande e forte que o corzo, sendo o pelo máis oscuro e máis grande sobre todo no pescozo.
|
| Identificación: |
É inconfundible xa que é moi parecido a cabra pero os cornos son completamente distintos. Os cornos son moito máis pequenos e doblados hacia atrás lixeiramente. Ten na cara tamén unhas manchas bastante características. Nas meixelas ten manchas blancas ata as orellas. O pelo é moi oscuro, moito máis que o corzo.
|
| Alimentación: |
Aliméntase de gramíneas, herbas, tallos de arbustos etc. O que se chama o gourmet da natureza de Galicia, xa que se alimenta de exquisiteces: os mellores brotes e por suposto os mellores pastos das alturas.
|
| Habitats: |
Actualmente , en decembro de 1999 nos montes do Invernadeiro , no Concello de Vlilariño de Conso - Ourense existen censados 38 rebezos. Non é doado atopalos, pero existe esa posibilidade en ríos da zona. O rebezo foi moi abundante en Galicia, pero a súa caza indiscriminada rematou con rebaños enteiros, incluso de máis de cen exemplares.
|
| Reproducción: |
Como todos os cervidos antes do apareamento teñen lugar as liortas entre os machos. O que gaña e o que se aparea. O apareamento ten lugar sobre novembro - decembro , a preñez sobre 6 meses. Trae o mundo un soio cabrito, que os poucos días xa sigue a mai polos escarpados e ladeiras. A mai amamanta o cabrito ata o outono.
|
| Vese nos meses: |
Todo o ano. O normal é que esté no agosto nas cumbres das serras. Sempre en alta montaña e no máis alto posible. Logo co frío baixa un pouco. Obligado polas nevadas e o frío baixa ata pastos e zonas herbóreas onde teña bons liquens e herbas, e marabillosos brotes de coníferas, etc.
|
| Interés: |
Especial xa que hai moi poucas en España.
|
| Protección e contradicións da caza: |
Protección e contradicións da caza:
Está condenada a extinción, pero parece que se van facendo cousas, de tódolos xeitos é moi dificil compaxinar caza coa conservación da natureza. A caza move en Espña máis de 500.000 millóns de pesetas e xenera 130.000 postos de traballo, unha cifra incríble, como para ser cautos, pero o que non se pode permitir e que a caza elimine as especies de feito a caza provocou a desaparición de 270 especies no mundo. Pode pasar como pasou co bucardo que ó último morreo fai pouco. Urxe polo tanto compaxinar caza e natureza, si esto non é posible está claro o que hai que suprimir, por suposto a caza de esa especie. A lexislación actual según os entendidos e totalmente insuficiente, ademais non se cumple ( asuntos como o vallado, o examen do cazador, planes técnicos, non foron para adiante) , así non vamos a ningún sitio.
|
| A caza do rebezo: |
Según os entendidos o rebezo está de sorte, en xeral, xa que vive en lugares os que soio chegan moi poucos cazadores e os que o fan soen ser profesionais e non matarifes... O rebezo precisa pernas de aceiro, perseverancia nas subidas, amor a montaña e moitas máis cousas...según o libro de José María Castroviejo e Alvaro Cunqueiro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia". O rebezo ten moi bon oido e moi boa vista, nada máis escoita unha pedriña de nada pon pés por medio.
Tamén o rebezo macho, xefe da manada, está có ollo posto no terreno para o menor ruido ou peligro emitir un sonido que pón en estampida a manada. O rebezo pode saltar máis de 8 metros de altura cunha facilidade asombrosa. É dificil de cazar, inda que en tempos sufriron en Galicia unha masacre indiscriminada. Chegou haber rebaños de máis de cen exemplares e hoxe si non é a repoboación non queda nin o primeiro. O rebezo cázase ó acecho (sempre de arriba abaixo), a olleo e tamén con cás especializados (en zonas non moi accidentadas...). Dicen que a carne do rebezo é exquisita, superando tal vez a do corzo. Claro que esto é mellor escribilo con letra pequena...
|
![]()