A verdade é que este ungulado prácticamente non existía en Galicia.
Hoxe en abril do 2001 si existe, xa que están censados nos montes do Invernadeiro en Ourense 72 cabras montesas algunhas en cercado e outras libres. Tamén 52 no Xurés (según un censo de abril do 2001, aparecido no periódico local).
Estas cabras son da subespecie victoriae.
![]()
| Nome científico |
Capra pyrenaica. (Schinz 1838) A subespecie que temos en Galicia é a victoriae. Orden:
Artiodactilos S.O. Rumiantes Subespecies extinguidas: Capra pyrenaica pyrenaica (bucardo) y Capra pyrenaica lusitanica
|
||||||
| Nome galego |
Cabra. Cabra pirenaica ou cabra montés. Hirco. A subespecie que temos en Galicia é a victoriae.
|
||||||
| Nome castelán |
Cabra
|
||||||
| Nota importante sobre as especies: |
Nota importante sobre as especies:
A Capra Pyrenaica soio existe en España. Hai que aclarar que das catro subespecies que agrupa, dúas de elas a lusitánica e a pyrenaica (Bucardo, o último morreu fai pouco) están xa extinguidas. Das outras dúas a hispánica existe en Serra Nevada e a Victoriae que é a que se atopa en Gredos e nos Parques naturais de Ourense: no Invernadeiro e no Xurés.
A cabra fera xa non existe en Galicia que era a Lusitánica, de tódolos xeitos hai unha pequena controversia na que non vou entrar...non son especialista.
|
||||||
| Dimensións |
Alto 1,10- 1,45 metros. Cornos 12 - 15 cm nos femias e ata 70 a 100 cms. os machos. O peso 50-110 kg. Por certo a cabra montesa non perde os cornos, cousa que lle pode pasar os cervos e gamos.
|
||||||
| Identificación: |
É inconfundible. Os cornos tan grandes e curbados hacia atrás fan a esta especie inconfundible a hora de identificalas. Os cornos poden botar ata 1 metro de lonxitude e describen arcos moi pronunciados coas puntas voltas hacia atrás.
Polos cornos é posible saber a edade da cabra. O corno está dividido en medróns, cada medrón é un ano de edade. É curioso que según o tamaño dos medróns, nas femias, pode saberse si ese ano tuvo descendencia ou non.
A edade tamén se pode saber pola diferencia das manchas do pelaxe nos cabróns, xa que ata os cinco anos, os animais xóvens presentan manchas oscuras na parte inferior das patas. Os exemplares de edade entre 6 a 9 anos, cerran as súas manchas negras na mitade dianteira do corpo. Por contra os machos maiores teñen todo o corpo negro, incluso a grupa. Pode vivir uns 20 anos.
|
||||||
| Alimentación: |
Aliméntase de gramíneas, herbas, tallos de arbustos, etc.
|
||||||
| Habitats: |
En Ourense hai cabra pirenaica no invernadeiro, onde están cercadas 64 cabras e soltas 12. En abril do 2001 o censo é de 72 cabras no Invernadeiro. Tamén no Xurés onde están cercadas 42 e soltaron precisamente o 14 de octubre outras 10.
Na fotografía , as cabras antes de ser soltadas no Xurés. ( 14-10-2000) Soltaron 10 cabras.
Actualmente, abril do 2001 hai 52 cabras na zona do Xurés. Na fotografía poden verse dúas cabras macho. O Xurés Abril do 2001.
Todas as soltas veñen de Gredos. Nota importante : o delegado de Medio Ambiente de Ourense, Agustín Verdeal, a quen a mediados de xaneiro do 2001 chamaron urxentemente do Xurés, xa que desapareceran as cabras...por certo coincidindo co tema do vertido das vacas acinadas nunha empresa de Ourense e contaminando gravemente ( unos pequeños vertido dice el Sr. Verdeal e Salmonela e outras bacterias dice un profesor del Campus). O día 24-01-2001 preguntándolle por este tema dice textualmente : " Nunca se compraron as cabras, nunca se pagaron , nunca se perderon....que ¿ onde están? , están "No Penedo dos Cabróns" ". A verdade é que esta anécdota sobre as cabras merecía a pena. En Ourense temos garantizado a existencia de cabras...é evidente.
|
||||||
| Reproducción: |
Por suposto antes do apareamento os machos teñen moitas liortas entre eles para ver quen se queda coa manada.
O apareamento ten lugar sobre decembro - xaneiro , a preñez sobre 5 meses e medio. Trae o mundo un soio cabrito, que os poucos días xa sigue a mai polos escarpados e ladeiras. A mai amamanta o cabrito ata o outono. As femias siguen na manada coa nai e os machos formas manadas de xuvenís ata os 2 -3 anos. Son famosas as liortas dos machos nos apareamento. O que gaña é o que monta a femia. A organización social é matriarcal, a mai atende os fillos e os machos andan aislados ata o momento do apareamento.
|
||||||
| Vese nos meses: |
Todo o ano. Trátase dun animal diurno, formando grupos separados de machos e femias durante o verán, no inverno os machos xúntanse ós grupos de femias, e só os machos vellos permanecen solitarios.
Esta é a súa pegada.
Estos os excrementos. Fotografías sacadas deste link.
|
||||||
| Interés: |
Especial xa que hai moi poucas en España.
|
||||||
| Curiosidade: |
É importante resaltar que unha das características máis importantes destes animais é a súa capacidade de salto. Esta característica é a que utilizan para escapar dos seus depredadores, en particular do lobo. Realizan saltos e acceden a lugares onde o lobo non pode chegar de ningún xeito.
|
||||||
| Protección e contradicións da caza: |
Proteción e contradicións da caza:
Non están protexidas, de feito poden cazarse con trofeos entre 500.000 e millón e medio de pesetas. A caza faise o rececho ( na época de celo os machos modifican os seus costumes saíndo o bosque que os protexe cara os grandes claros na procura das femias, o silencio do bosque ráchase cos bramidos destos machos. Esto é aproveitado polo cazador de rececho).
Está condenada a extinción, pero parece que se van facendo cousas, de tódolos xeitos é moi dificil compaxinar caza coa conservación da natureza. A caza move en España máis de 500.000 millóns de pesetas e xenera 130.000 postos de traballo, unha cifra incríble, como para ser cautos, pero o que non se pode permitir e que a caza elimine as especies de feito a caza provocou a desaparición de 270 especies no mundo.
Pode pasar como pasou co bucardo que ó último morreo fai pouco. Urxe polo tanto compaxinar caza e natureza, si esto non é posible está claro o que hai que suprimir, por suposto a caza de esa especie. A lexislación actual según os entendidos e totalmente insuficiente, ademais non se cumple ( asuntos como o vallado, o examen do cazador, planes técnicos, non foron para adiante) , así non vamos a ningún sitio.
|
||||||
| Outros links: |
Neste link hai moitas máis fotografías. Un link sobre a caza da cabra montés onde veñen especificados os trofeos e medallas, incrible. Fotografía del última bucardo, morto o 05-01-2000. Outra páxina de necrolóxicas é a seguinte, dela está sacada esta esquela dolorosa:
|
![]()