Cervus elaphus.

Cervo. Ciervo común.

Fotografía de Jesús Calleja en Sierra de San Pedro en Cáceres. Sensacional.

 

Prácticamente xa non hai en Galicia, pero estanse a facer esforzos.

O rasgo máis típico é a súa cornamenta que pode chegar a pesar ata 15 kg.

En Ourense nos montes do Invernadeiro, no Concello de Vilariño de Conso,  están censados en decembro de 1999, 270 cervos.  Non é, polo tanto nada raro atopar algún preto dos ríos da zona citada.

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CERVO COMÚN.

 

Fotografía de Jesús Calleja en Sierra de San Pedro en Cáceres. Sensacional.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Alimentación Reproducción Vese nos meses...
     
Organización familiar Protección-Inimigos Curiosidades
     
Interés A caza do cervo. O cervo en Ourense

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Fotografía de Jesús Calleja en Sierra de San Pedro en Cáceres. Sensacional.

Cervus elaphus Linnaeus , 1758.

Clasificación:

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: mammalia

Orden: Artiodactila

Familia: cervidae

Xénero: Cervus

Especie: Cervus elaphus

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome

galego

Nome galego:

Cervo no invernadeiro Ourense. Foto Xurxo Lobato.

Cervo

 

Un pouco de historia:

Do cervo dí López Seoane (1861) que se atopaba en curto número de grandes bosques de Galicia.

Logo desapareceu.

O último cervo foi morto en Cervantes a finais do século XIX.

No ano 1977 había 25 parellas reproductores e 50 inmaduros na Serra do Caurel. Nos anos oitenta eran corenta exemplares.

Polo 1985-90 atópanse cervos na Serra da capelada (seis exemplares), unha parella na illa de Sábora, nas Fragas de Viveiro, e no invernadeiro.

Estos datos están sacados do libro Atlas dos vertebrados de Galicia. Tomo I. 1985-1990.

Posteriormente en 1999 quedaban 270 cervos.

Hoxe no ano 2007 no teño nin idea. Dicen que inda hai algún polo invernadoiro e na zona de Xares na Veiga.

Recentemente febreiro do 2008 fixen unha visita o couto de Xares e efectivamente hai cervos machos, poucos, e moitos femia. Por certo nesta zona que é marabillosa síguese unha política moi estudiada coa súa población. A zona ten moi bons pastos e os cervos que se matan quedan para consumo na zona.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome

castelán

Nome castelán:

Fotografía de Jesús Calleja, sacada na Serra de San Pedro en Cáceres.

Ciervo. Ciervo rojo. Venado.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

O cervo é moito máis grande que o corzo, de feito ten entre 1,65 e 2,50 metros, cun peso que oscila entre 100 e 340 kg. O normal sobre 160 kg. Unha barbaridade.

Unha altura entre 1.235 mm nos machos e 1.055 as femias.

Nesta fotografía están unha femia coa súa cría.

O cervo pode alcanzar ata 20 anos si é femia e entre 12 a 13 anos si é macho, pero o normal é que viva 6 ou 7 anos.

O anterior produce un sesgo hacia as femias que normalmente son máis numerosas.

Tamén seica, eso me contaron no couto de Xares, a tendencia é ter poucos machos e bastantes femias. O couto de Xares ten sobre 20.000 ha.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Fotografía de Jesús Calleja en Sierra de San Pedro en Cáceres. Sensacional.

É inconfundible.       

O pelo é pardo roxizo no verán e pardo gris en inverno. É característica tamén no rabo o que se chama un "espéculo" , tratase dun redondel amarelo de pelos bordeando o cu , por el distínguese perfectamente o macho da femia. Neste espéculo está o rabo moi pequeno.

Dicen que por este espéculo oriéntanse na fuxida a manada, o espéculo sírvelle para orientación e así mantense a manada xunta.

Neste cervo vese perfectamente o espéculo. A fotografía é de Simón King

Dende logo na provincia de Ourense é moi común. A femia non ten cornas, todo o máis unhas pequenas protuberancias. Os machos si teñen cornas como pode verse na figura.  Esta cornamenta pode chegar a pesar ata 15 kg. Unha barbaridade.

Cervo no invernadeiro Ourense. Foto Xurxo Lobato.

Estas cornas ( trátase dun oso macizo cuberto dunha pel blanca o liber) , teñen o liber ( pel blanca) que se seca e quítano frotándose contra a ramaxe, é o que se chama restregarse. Logo na época de celo xa teñen a corna distintiva en pleno vigor. Máis tarde despois de aparearse baixa a producción de testoterona (hormona masculina), o que pode provocar a caída dos cornos.

O ano seguinte a volver a empezar. Moi curioso.

A cornamenta dos cervos ten toda unha parafernalia incríble: os 7-8 meses saen os pedúnculos. O ano os varetos. Logo pérdese e saen os horquillóns, a partir do cuarto ano as loitadeira, a partir de ahí xa saen as loitadeiras secundarias, contraloitadeiras ata forma a corna ou plana. Pode haber ata 14 ou 15 puntas.

Nos paseos que se poden dar polo couto de Xares, contábanos Jorge, un guia sensacional que hai na zona e que nos mostrou o couto, que moitas veces se atopan auténticas cornamentas en calquera lugar. Vamos que era normal.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Fotografía de Simón King.

Preferentemente gromos e follas de árbores, vexetais leñosos, landras de  carballos, faiucos,  castañas, cortizas de árbores,  brións, etc.

Normalmente o 70% soe ser de vexetais leñosos, o 25% de especies herbáceas e 5% de froitos.

Lóxicamente no crepúsculo alimentase mellor en zonas de pasto e nas horas centrais do día onde hai máis vexetación.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Cervo no invernadeiro Ourense. Foto Xurxo Lobato.

Presente onde hai  masas forestais grandes sempre cercadas. Así na  provincia de Ourense: en Vilariño de Conso, no macizo central, en Chandrexa de Queixa, en Montederramo,  Xares, en Casaio, etc.

Activo polo mencer. As femias e machos xóves andan en rebaños conducidos por unha femia vella; os machos en grupos máis reducidos que se desfán a finais do verán.

De tódolos xeitos compre saber que o último cervo en Galicia foi matado precisamente en Cervantes a finais do século XIX. Polo tanto os que hai hoxe está claro que son de repoboación.

Cervo no invernadeiro Ourense. Foto Xurxo Lobato.

As mañas para cazar este gran mamífero aparecen no libro xa citado de "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de Castroviejo y Cunqueiro quenes recollen algunhas delas: como a do pañuelo, e a do cascabel, etc.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de...

Fotografía de Uwe Walz.

Todo o ano si hai sorte. Pero moito máis cando están en celo.

Pola miña banda, vin un cervo non fai moito na Serra de Chandrexa de Queixa, viña escapado de algo, baixou como un raio dende o alto da montaña ata o río e logo volvou a subir foi visto e non visto, a verdade é que camiñan polo monte como nos pola casa. De tódolos xeitos fixo unha parada de segundos, que de ser cazador, houbera sido un blanco perfecto. Sobre todo cunha escopeta de mira telescópica, xa que a distancia non pasaba dos cincuenta metros.

Repito o que xa dixen non me gusta a caza, gústame ver estos animais nos montes...

Pero si me gusta a pesca e o lector pode pensar o mismo, que tamén me podía gustar ver as troitas nos ríos, é contradictorio o tema...

Organización familiar:

A organización é do tipo matriarcal, o único momento que cohabitan os machos e femias é na berrea que é polos meses de octubro e setembro.

Durante todo ano conviven as femias cós fillos. Os machos andan pola súa conta en grupos de 4 ou 5.

Na época da berrea todo son loitas e máis loitas, o macho non come e realmente pasao moi mal. Desto aproveitanse algúns depredadores como o lobo en especial de animais xovéns.

Por certo o corzo non é compatible co cervo.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

Os berridos do cervo son incríbles na época do apareamento. Tamén as loitas entre eles. trátase dunha loita de forza. Normalmente nesta loita non se mancan, pero dende logo é moi espectacular.

Ver este video sobre a berrea.

Cervos.

Logo destas loitas veñen os apareamentos.

Apareamento entre setembro ou octubro.  O apareamento soe ser rápido e brusco e ir precedido de varias montas.

Os oito meses  (230 días aproximadamente). e polo tanto sobre maio ou xuño nace 1 cría. Ten un parto o ano. 

Moi raro dúas crías . Esta cría xa anda a continuación, prácticamente. Neste período son moi vulnerables.

Son amamantadas de 8 a 9 meses e independizanse o ano.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Especial. Cada día quedan menos en libertade.

Hai xente que dice que vai en alza, polo menos na provincia de Ourense. Persoalmente teño as miñas dúbidas.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Cervo no invernadeiro Ourense. Foto Xurxo Lobato.

Categoría de non ameazada no UICN (2001), vulnerable A2e.

Está considerado caza maior en Galicia.

Os inimigos do cervo, aparte do home, son os lobos que se aproveitan dos animais xóvenes e dos enfermos. De tódolos xeitos hai que decir que o lobo sempre prefire outro tipo de comida como os animais domésticos, o xabarín ou incluso o corzo, antes cun cervo que lle da máis traballo.

Tamén no período dos primeiros meses poden ser atacados por outros mamíferos, pero é improbable.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

Cervos.

Salta e nada ben, é moi poderoso.

Teñen moitas costumes curiosas, por exemplo o macho delimita o seu terreno perfectamente restregandose contra os árbores da zona.

O apareamento é tamén incríble, xa que previamente ten lugar unha loita de forza. Normalmente nesta non se mancan pero dende logo é moi espectacular.

Estas son as pegadas do cervo.

Como caza en Galicia cada vez hai menos cervos, antiguamente seica había, vese no libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de Castroviejo  y Cunqueiro, ..."ya parece que el ciervo en la cocina gallega sea memoria del pasado...". "El rey Lear parece que comía cervatillo todos los días, para disponer su espíritu a la justicia: lo asaban ante su tienda, lo rociaban con aguardiente de centenos y de manzana y manteca de oveja,y en grandes trozos, en la punta de la espada de Calibarde, los nobles servían al rey...."

..."Dicen del ciervo que ha de estar tan blando en el asado, que el filo de su cuerna lo corte un cuchillo de Taramundi."

Persoalmente probei a carne de cervo non fai moito, concretamente foi no Hotel "El ciervo" de Xares, tratávase duns medallóns de cervo que me chamaron a atención, sabían moi ben a ademais estaban moi ternos. Por suposto preguntei o chef cal podería ser a razón. Carlos que é o chef actual do Hotel díxome que el consideraba que eran os tipos de pastos que hai no couto que fai máis sabrosa a carne que noutros lugares e por suposto menos dura. Por contra o parecer os cervos son máis pequenos debido a ese tipo de alimentación...

 

Ir a características

 

 

 

A caza do cervo:

A caza dos cervos

Fotografía de Jesús Calleja, sacada na Serra de San Pedro en Cáceres.

Non están protexidas, de feito poden cazarse con trofeos moi grandes.

Faise o rececho ou montería.

Está condenado a extinción, pero parece que se van facendo cousas, de tódolos xeitos é moi dificil compaxinar caza coa conservación da natureza.

A caza move en España máis de 500.000 millóns de pesetas e xenera 130.000 postos de traballo, unha cifra incríble, como para ser cautos, pero o que non se pode permitir e que a caza elimine as especies de feito a caza provocou a desaparición de 270 especies no mundo.

Pode pasar como pasou co bucardo que ó último morreo fai pouco.

Urxe polo tanto compaxinar caza e natureza, si esto non é posible está claro o que hai que suprimir, por suposto a caza de esa especie.

A lexislación actual según os entendidos e totalmente insuficiente, ademais non se cumple ( asuntos como o vallado, o examen do cazador, planes técnicos, non foron para adiante) , así non vamos a ningún sitio.

  Ir a características

 

 

 

 

O cervo na provincia de Ourense:

O cervo na provincia de Ourense

 

 

Fotografía de Jesús Calleja, sacada na Serra de San Pedro en Cáceres.

En Ourense a distribución desta especie está ligada o cercado existente no Invernadoiro que dende fai tempo leva abastecendo de cervos todo o macizo central.

O cervo é máis abundante nos coutos de Fial das Corzas, Campobecerros, Vilariño de Conso, San Mamede,  Chandrexa de Queixa e por suposto no couto de Xares( A Veiga-Ourense).

Seica hai tamén pequenos grupos que escaparon da Finca do Caudillo nos coutos de San Mamede e Montederramo e tamén outros que veñen do cercado que hai en Xares na Veiga (xa dito) e Casaio.

Fonte: "Guía de turismo cinexético da provincia de Ourense" publicado pola Camara de Comercio e industria de Ourense en 1.999.

 

  Ir a características

 

Saír