Rattus norvegicus. Rata común (rata común)

 

 

Trátase dun animal, desgraciadamente,  típico dalgunhos ríos e regatos galegos sobre todo os contaminados e sucios.

É a típica rata de alcantarilla, que necesita un lugar húmedo para vivir.

Come de todo. Cada día vese máis en moitos ríos-alcantarilla como por exemplo o río Barbaña ou o río Lonia  en Ourense.

Ve-las características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características

RATA común.

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
Dimensións Identificación Reproducción
Inimigos Alimentación Habitat
Vese nos meses de Interés Protección
Curiosidades Distribución Galicia Pegadas
  Fotografías no Barbaña.  

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Rattus norvegicus (Berkenhout, 1769)

Mamíferos


Orden:       Rodentia


Familia:      Muridae

Subfamilia: Microtinos

Xénero:     rattus

Especie:    Rattus norvegicus

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Rata parda

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

 

Rata común.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Entre 22 e 26 cms. Un peso entre 250-500  grs.

A súa  vida media está en torno ós tres anos, inda que moitos exemplares morren nos primeiros anos.

Como moito pode chegar os cinco anos.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

 

É inconfundible. É máis grande e máis rechoncho que a rata campestre, o seu pelo é dende gris ata negro.

A parte inferior e gris tirando a blanca. Os pés son de cor carne.

O rabo é cilindrico, desnudo e con anelos escamosos. Máis corto que o corpo.

As orellas son redondas e membranosas.

Pódese confundir coa rata aguadeira, que tamén se pode ver nos ríos e regatos de toda Galicia.

Rata aguadeira

Arvicola sapidus.

Rata común

Rattus norvegicus

Rata aguadeira

Arvicola sapidus.

Sobre 12-20 cms.

Cuello non tan definido

Orellas pequenas

Cola sin anillar

Rata común.

Rattus norvegicus

Sobre 17-27 cms.

Cuello definido

Orellas grandes e visibles

Cola anillada

O aspecto é bastante distinto,  observar que a rata común ten máis definido o pescozo e a cabeza e as orellas. Tamén é máis grande. A rata común pode habitar coa outra pero esta compite fortemente xa que é unha depredadora de todo. É a típica rata de alcantarilla que pode vivir en regatos e ríos e come de todo. Gústanlle moito os ríos contaminados e dende logo todo tipo de lugares húmedos polo que non é rara en río e regatos.

Na segunda comparativa vese mellor as diferencias.

A rata común, que come de todo, aliméntase en ríos de montaña de sapos e ras.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

Aparease todo o ano, a preñez tena os 22 días aproximadamente, ten ademáis entre 4 a 6 partos o ano e trae entre 6-12 crías que se independizan as 6-7 semáns.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Inimigos:

Inimigos:

Aparte do home (estas ratas traen cantidade de enfermedades xa que comen de todo e viven nos peores lugares), teñen, por sorte moitos depredadores dende as coruxas, mouchos ata os gatos, zorros, xenetas e un longo etc.

Compite con outros ratos pero sae sempre gañando.

É moi perseguida polo home a causa das enfermedades que pode trasmitir, polo que cando abondan moitas fanse campañas para matalas.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Comen de todo: ratóns, páxaros, ovos, peixes, carroña, plantas frescas, semillas,  froitos, alimentos humans....gústalle todo.

Nas zonas húmidas, captura ras entre outros.

Volver a características.

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitat:

Moi común en toda Galicia en pobos, vilas, aldeas, cortes de ganado, sumidoiros, portos de mar, cloacas, ríos pouco limpos, etc.

Nas zonas de montaña non aparece salvo que teñamos casas preto do río.

É boa nadadora e bucea moi ben.

A súa actividade é crepuscular e nocturna, pero hoxe, polo menos en Ourense no río Barbaña vense todo o día, ademais ratas moi grandes.

Curioso: dende unha ponte que hai a altura da Alameda para cruzar o río moitas veces hai xente que bota pan para os patos e as galiñas de río ou polas de ríos, pois ben, teño visto xa competir as ratas por ese pan, por suposto dependendo onde caiga.

Incrible.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de:

Todo o ano.

Volver a características.

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

 

A súa proliferación trae graves problemas de sanidade, dende logo é un animal peligroso e que non me gustaría que me metera un mordisco. A súa proliferación nun río denota que hai porquería no mismo.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Non está protexida.  Poucas las gracias.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

Vive en manadas familiares cunha estricta xerarquización. Vive en manadas de ata 60 ratas cun estricto parentesco entre si. Tanto que si entra no grupo unha rata que non pertenece normalmente non sae viva. Si falla unha nai hai outra disposta a amantar os fillos, etc.

Fora das ciudades vive en galerías que teñen de todo dende despensa ata aposentos.

Esta rata chegou a Europa dende Asia, no sabemos como o único que no século XVIII extendeuse rápidamente por Europa e chegou o resto das ciudades portuarias.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Distribuición Galicia

Atópase en calquera río de Galicia, dende o nivel do mar ata 1.600 metros de altitud.

 

Persoalmente vin ratas comúns en moitos ríos da provincia, proliferan por exemplo no Barbaña e no Lonia en Ourense ciudade.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Pegadas e identificación práctica a pé de río:

Pegadas:

Escaba galerías pero non son doadas de localizar.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías de ratas no río Barbaña

É normal, onde hai porquería hai ratas... Río Barbaña. Maio 2007.

Rata típica. Río Barbaña. Ourense. Maio 2007

 

Volver a características.

Fonte de información : Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural.

Saír.