Martes martes. Marta. Marta común

Fotografía de Antonio Vázquez. Experto fotografo de natureza. Asturiano.

A marta xa é un animal pouco común en Galicia.

É un mustélido moi forestal que precisa de moita extensión de bosques caducifolio xa maduros.

Atópase en poucas zonas de Galicia. Non hai, prácticamente, marta en Pontevedra e na Coruña.

É un mamífero preferentemente nocturno, que se alimenta de ratóns, liróns, esquios, paxaros, lagartas, frutos, etc. É preferentemente arborícola.

Pode verse por xaneiro ou febreiro.

Vulnerable.

Ve-las características

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A MARTA-CARACTERÍSTICAS.

Nome científico Nome galego Nome castelán
Dimensións Identificación Habitat
Reproducción Alimentación Inimigos
Interés Protección Curiosidades
A marta en Galicia As súas pegadas Bibliografía

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Martes martes (Linnaeus 1758)

 

Clase: Mammalia

Orden: Carnivoros
Familia: Mustelidae
Xénero: Martes
Especie: Martes martes

 

Ir a características

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Marta, martaraña, martucha.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Marta común.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Modalidade de marta coa pel moito máis clara. Non é normal en Galicia e Asturias, onde a pel soe ser máis oscura, ver a otra fotografía.

Entre 40-55 cms. Ancho ata 20-28 cms. Peso 900-2000 gramos.

Soe vivir entre 10-15 anos.

 

Ir a características

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

É moi dificil de ver, xa que non hai moitas.

A súa cor é uniforme, entre pardo castaño e pardo oscuro, o pescozo e peito é amarelo claro a amarelo-laranxa, cunha liña de separación de cores nítida; orellas grandes e redondas, branco amarelentas no borde.

 Rabo longo e moi poblado.

Exemplar morto nunha estrada.

É moi parecida as garduñas. De tódolos xeitos a garduña ten a gorxa branca mentras que a marta é amarela, importante esta diferencia.

Marta Garduña

 Nas fotografías anteriores vese esta diferencia do peito amarelo na marta, e blanco na garduña.

 

Ir a características

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

Foto Antonio Vázquez.

Ten un falso celo no inverno e un celo real no verán.

O apareamento é nos meses de xulio e agosto.

Unha vez fecundada a femia, meterá o espermatozoides vivos no útero pero non comenzará a criar realmente ata xaneiro. O que se chama fecundación retardada ou implantación diferida.

 A preñez bota 9 meses ten polo tanto 1 partos o ano. Veñen o mundo entre 3-5 crías cegas que abren os ollos as cinco semáns. Abren os ollos as 5 semáns e aprender a trepar as 8-10 semáns e no verán xa están emancipados.

É un animal que ten unha organización matriarcal. O macho anda pola súa conta ata o momento de aparearse. Logo abandona a familia.

 

Ir a características

 

 

 

 

Inimigos:

Inimigos:

Moitos entre eles o home, a súa pel é moi apreciada desgraciadamente, as repoboacións con piñeiros e eucaliptos foron para a marta un desastre. Inda que cós piñeiros defendese ben, non así cós eucaliptos. Pode ser presa de todo tipo de mamíferos.

 

Ir a características

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Fundamentalmente ratóns, liróns,  esquíos, paxaros, insectos e frutos do bosque. Come en realidade de todo.

Pero ollo é un mamífero preferentemente arborícola.

Gústanlle moitos os esquios os que caza dunha forma espectacular.

Tamén come ovos dunha forma rara xa que fai un burato rectangular e logo absorve o contenido.

Come tamén lagartos e lagartixas así como algúns coleopteros.

Moitas veces antes de comer o que caza absorve a sange da víctima e logo come o corpo.

Actua preferentemente de noite, pero no verán tamén no fai de día.

Pode andar nun día ata 30 km. (nun bosque, non lle gustan os terreos sin árbores).

 

Ir a características

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Foto Antonio Vázquez.

Límite de zonas boscosas. Tamén en rexións montañosas ata o límite arbóreo.

Gústanlle os carballos, polo tanto é moi frecuente nas carballeiras; a repoboación con piñeiros nona favorece e non digamos os eucaliptos, unha aberración ( diría a marta...).

 

Ir a características

 

 

 

 

A marta en Galicia:

A marta en Galicia:

A marta habita os bosques de Galicia en xeral, gústanlle os de carballos, o sea as carballeiras, pero tamén se ve nos de pinos.

Non existe, prácticamente,  en Pontevedra e na Coruña, ou polo menos vese moi pouco. Máis abondosa no norte de Lugo, nos Ancares e no Caurel. En Ourense na baixa limia e en todo o macizo oriental...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Moitísimo. 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Non goza ningún tipo de protección e dende logo debera ser protexida. Aparece no anexo III do convenio de Berna.

Categoría UICN (2001).  Preocupación menor (LC).

Unha marta morta nunha estrada...

Debera otorgárselle o estatus de especie protexida.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Distribución en Galicia:

Foto Antonio Vázquez.

Non é abondosa, atópase distribuida en lugares dos ancares, Courel, Serra de Meira e de Oribio, nos montes de Louzara, no macizo central de Ourense, na Serra do Xurés, e pouco máis. Na Coruña vese nos ríos Oedroso-Narón.

Lopez Seoane en 1861 daba como especie frecuente en Galicia.

As cousas cambias moito.

Por certo a marta existe en todo o norte de España.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

Fotografía sensacional de Antonio Vázquez.

A marta escapa dos nucleos urbáns. Sempre foi moi perseguida pola súa pel.

É moi axil nas árbores , moito máis que o esquío.

Dicen, os que disfrutaron deste espectáculo que foi o lance máis espectacular que viron, a persecución dun esquío por unha marta. Dende logo estou seguro delo.

A marta soe triunfar con tan calificado rival. Incríble.

Según Xurxo de Vivero  no seu libro " Eses nobres cazadores" , titulo moi significativo, é " a raiña dos trapecistas da fraga "...soamente desexarlle sorte... que medre, que cace, que ame. Que o mundo feticeiro das sombras, das pólas que xemen, dos troncos fantasmagóricos, sexa un eficaz refuxio. Que nalgún ledo solpor poidamos, de novo, ve-la súa silueta.

Fotografía Jhon Marriot

 

Ir a características

 

 

 

 

A súa pisada:

A súa pisada:

 

Dificil de distinguir entre a garduña e a marta. Para especialistas.

Os excrementos son alargados dunhos 8 cms. e cun olor característico.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I. Colección do patrimonio ecolóxico. Sociedade galega de Historia Natural. 1999.

 

Ir a características

 

 

 

 

Saír.