A toupa común é abondosa en Galicia. Atópase nos prados case de calquera lugar, preto dos ríos ou regatos ou non, excavando galerías.
Alimentase de insectos e miocas preferentemente, gústanlle tamén larvas, vermes, grilos, etc.
Soe ser solitaria e nas galerías, que son moi longas, ten de todo: a despensa, o dormitorio, o niño, en fin, que o monta moi ben. É unha auténtica sibarita dá terra.
A verdade é que as súas mans son como "pás excavadoras" último modelo. Por certo a toupa máis común en Galicia é máis pequena cá europea, pero ten as pás máis grandes.
As veces deixan os prados que parece unha paisaxe lunar. O dono non lle fai gracia ningunha...
![]()
Nome científico
Talpa occidentalis (Cabrera 1907)
Trátase dun mamífero insectivoro.
Reino: animalia
Filo: Chordata
Clase: mamalia
Orden:Soricomorpha
Familia: Talpidae
Género: Talpa
Especie: Talpa occidentalis
Nota: algúns autores falan da Talpa europaea que é o topo europeo un pouco máis grande. Outros, eu vou a seguir ese criterio, situan en Galicia como mamífero a Talpa occidentalis (Cabrera 1907).
Concretamente no libro "Guía dos mamíferos de Galicia" recentemente publicado, novembro do 2007, de Juan Ignacio Diaz d´ a Silva e Yosy Cartelle, trae precisamente a ficha a Talpa occidentalis como máis común.
Nome galego
Toupa. Toupa cega, toupeira, toupa, tiopa, toupo, teupa.
Nome castelán
Topo común.
Dimensións
Entre 96-130 mm. Cola: 19-35 mm. Peso 34-66 gramos.
A súa esperanza de vida é pequena: sobre tres anos.
Identificación:
![]()
É moi dificil de ver, xa que actua de baixo da terra.
Pero non é dificil cazala.
Cando esto ocurre é inconfundible.
Distinguir si se trata da toupa europea ou da toupa de Galicia xa é outra cousa, pero non é este o lugar de ver a fondo esas diferencias. Os interesados poden consultar a bibliografía.
Esta é a pá dianteira que é un pouco máis ancha que a pá da Talpa auropaea. De feito ten un oso (o oso sesamoide), nas maos dianteiras, que o distingue da outra toupa.
Pelaxe aterciopelado de oscuro a negro, con reflexos plateados. Os membros dianteiros son auténticas palas preparadas para escabar.
Fuciño alongado como unha trompa, ollos diminutos, prácticamente é cega e sin orellas.
Hai un video, penso que alemán, que é unha auténtica xoia e que permite ver como fai as galería a toupa e outras cousas.
Reprodución:
![]()
O macho e a femia son moi parecidos.
O apareamento é nos meses de marzo a maio. A preñez bota 30 días e normalmente soe ter 1 parto o ano. Veñen o mundo sobre 4 crías desnudas e cegas que abren os ollos as tres semáns, son amamantadas durante 4-5 semanas e logo independízanse os 12 meses.
En época de celo son moi fieras cos elementos da súa especie, teñen loitas encarnizadas, ata a morte, algunhas veces.
Familia: é matriarcal. O macho vive aislado e soio se xunta coa femia para aparearse.
Inimigos:
![]()
Moitos entre eles o home. Pode ser presa de todo tipo de mamíferos. Tamén é presa da coruxa.
Por suposto o maior inimigo non natural que ten é o home, que non lle gusta nada que a toupa lle deixe os prados coma unha paisaxe da lúa.
Alimentación:
Fundamentalmente lombrices de terra ou sexa miñocas. Tamén come insectos (coleópteros) e gusanos de todo tipo.
Ocasionalmente poden comer algún molusco ou arácnido pero non lle gustan.
Teñen un metabolismo moi acelerado, polo que precisan unha inxestión continua de alimento. Localizan as súas presas olfateándoas ou captando as súas vibracións no suelo gracias a súa fina sensibilidade táctil e acústica.
Ver este video da BBC;
Habitats:
![]()
Pode ser localizada en todo tipo de terreos dende baixas a elevadas altitudes, dende prados a bosques. Válelle todo.
Por suposto é máis abondosa nas zonas baixas.
Non lle valen os terreos que teñan moita auga o que teñan roca a pouca distancia do solo, xa que nestos casos as galerías que construe iríanse o tacho.
Gústanlle os prados de sega e os terrenos de labor.
Está activa de día e de noite.
Habita debaixo da terra en estreitos pasadizos que escaba; de cando en vez saca por riba do prado algunha terra. As veces deixa os prados incribles e desfeitos.
Toupeiras: son moreas de terra que as toupas sacan o exterior cando fan as súas galerias. Gustan pouco os donos das terras.
Gústanlle, repito, as zonas que teñen certa humidade, prados de sega sobre todo.
Hai un video, penso que alemán, que é unha auténtica xoia e que permite ver como fai as galería a toupa e outras cousas.
Vese nos meses:
É dificil velo. A toupa pode verse perfectamente como suben os terróns de area nos prados, e polo tanto intuir que a toupa está debaixo, pero vela é prácticamente imposible, as veces sí, xa que sae moi pouco a superficie de día. Pola noita inda se arriesga e así lle vai coa coruxa e outros depredadores da noite.
Hai un video, penso que alemán, que é unha auténtica xoia e que permite ver como fai as galería a toupa e outras cousas.
Interés:
Normal. Os campesiños non lle gustan moito. Efectivamente as veces desfán un terreno.
É fácil ver un prado ou un terreno cheo de pequenos montículos de terra sobresainte por fora do normal. Pois esas desfeitas fainas a toupa.
Repito gustan pouco.
Maila o anterior cumplen a súa función e despexan de miocas, lesmas, etc o terreno.
Protección:
Non goza ningún tipo de protección.
A especie é considerada como si fose de caza no regulamento de 1971 e por suposto non está sometida a ningún tipo de protección. Considerase que non está en período de extinción. Ou sexa non está ameazada.
Distribución en Galicia:
Vese por toda Galicia. Máis ben vive en toda Galicia, xa que tanto como vela... É abondosa.
Hai un video, penso que alemán, que é unha auténtica xoia e que permite ver como fai as galerías a toupa e outras cousas.
Curiosidades:
![]()
O toupo é solitario por regra xeral.
É un auténtico sibarita debaixo da terra.
Este é un esquema feito por Félix Rodríguez de la Fuente onde aparecen na parte de arriba as toupeiras e logo todos os refuxios subterraneos que ten.
Con vistas o inverno prepara unha cámara ben provistas de miñocas, ata varios centenares, as que lles arranca o seu extremo dianteiro para que non se morran, pero tampouco poidan desplazarse. Así asegura alimento fresco. O topo ten un apetito insaciable, consume nun día tantas presas como o seu peso.
Hai un video, penso que alemán, que é unha auténtica xoia e que permite ver como fai as galería a toupa e outras cousas.

Fonte de información : Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995. Aquí ven a ficha da Talpa europaeus.
Posteriormente utilizo o libro "Guía dos mamíferos de Galicia" de Juan Ignacio Díaz d´a Silva e Yosy Cartelle. Aquí ven a ficha da Talpa occidentalis.
![]()