O leirón prácticamente xa non queda en Galicia. Atópase en algunhos sitios de Lugo pero é moi escaso. Vive preferentemente en lugares que sexan robledales da montaña.
Aliméntase de todo tipo de frutos.
A verdade que o dito de "dormes máis que un lirón" ten a súa explicación xa que se pasa invernando sobre 7 meses, ponse coma unha bola, e a dormir.
O que máis abunda, preto dos ríos en Galicia, é o Leirón Careto. É moi vulnerable e debera estar protexido.
![]()
| Nome científico |
Glis glis
Nota: no libro consultado recentemente "Guía de mamíferos de Galicia" de Juan Ignacio Diaz e Yosy Cartelle aparece o nome científico deste lirón como Myoxus glis (Linnaeus 1766).
|
|
| Nome galego |
Leirón rilón, Leirón rabudo.
|
|
| Nome castelán |
Lirón gris.
|
|
| Dimensións |
Entre 13-19 cms. Lonxitude cola 11-15 cms. Peso 80-120 gramos. Orellas grandes, cola grande e moi poblada.
Todos os leiróns teñen actividade nocturna preferentemente e polo tanto contan cunha visión extraordinaria, un oído sensacional e un olfato moi poderoso. A cola actúa como un timón. As garras que posee permítelle agarrarse perfectamente as ponlas dos árbores.
|
|
| Identificación: |
Glis Glis. O lirón é un roedor de cola sumamente longa e con moito pelo. Realmente é pequeniño cabe nunha man.
Na fotografía pódese ver a súa cor, cun pelaxe gris característico, a parte de abaixo é branca, ten grandes ollos oscuros, orellas membranosas e redondas, rabo cuberto de espesos pelos.
Eu penso que é inconfundible. A diferencia co lirón careto, que é realmente o que nos interesa de cara os ríos é o antifaz do lirón careto.
Lirón careto: Eliomys quercinus o "bandido enmascarado"
|
|
| Reproducción: |
Glis Glis O apareamento é nos meses de xunio e xulio. A preñez bota 30 días. Veñen o mundo entre 4-6 crías desnudas e cegas que abren os ollos as tres semáns, son amamantadas durante 3 semanas e logo independízanse.
Construe os niños en concavidades das árbores e tamén en fallados das casas. Tamén utiliza tobos de coello.
|
|
| Inimigos: |
Moitos entre eles a maior parte dos mamíferos como a algaria e aves como a coruxa, buho, etc.
O home tamén é un inimigo a considerar xa que, e teño esa experiencia, o lirón sexa o leirón rabudo ou o careto, tomámolos como ratóns. Identificamos a estos animais marabillosos con ratas das alcantarillas. Nada desto é certo e realmente estamos ante animais que debemos querer e conservar a toda costa. Realmente o lirón por exemplo é fermoso de verdade, e non digamos o lirón enmascarado.
Lirón careto ou enmascarado. Son animais dos que nada temos que temer e que cumplen a súa función na vida. Inda por riba son marabillosos.
|
|
| Alimentación: |
Fundamentalmente herbívora: come follas, tallos, semillas , frutos, xemas, baias, castañas, sámaras de amieiros e un logo etc. Pode tamén alimentarse en deteminados momentos de ovos de páxaros, polos pequeniños e incluso de volboretas.
|
|
| Habitats: |
Glis Glis Vive nas fragas, bosques de piñeiros, terreos rochosos, áreas de labradío, sendo lapidícola e arborícola, atopa abrigo nos ocos das árbores e nas fendeduras das rochas, onde pode ser atrapado. Moitas veces atópasen exemplares dentro das vivendas, en alpendres e palleiras. Adopta una gran habitabilidade ecolóxica, e ocupa como se pode ver unha amplia variedade de habitats diferentes. --------------------------- O lirón careto, o chamado "bandido enmascarado" é outra especie que dende logo é máis frecuente atopalo en zonas ligadas os ríos.
Eliomys quercinus Ten características parecidas o Lirón gris. Leirón careto ( Eliomys quercinus) "O bandido enmascarado"
Outra fotografía do leirón careto.
|
|
| Vese nos meses: |
Glis Glis É doado velo no verán . No inverno xa sabemos "dormir como liróns", nunca, nunca mellor dito. É polo tanto un mamífero que hiberna: esto quere decir que no inverno selecciona unha boa guarida e permanece durmindo no interior ata chegada de tempos mellores. Antes de retirarse a hibernar engordan moito, logo viven un pouco de rentas. De tódolos xeitos todos os hibernantes despertan de vez en cando, e de seguido volven a dormir. De tódolos xeitos é nocturno e polo tanto dificil de ver.
|
|
| Interés: |
Debéramos ter moitísimo interés nós leiróns de todo tipo. Non fan ningún mal e son moi fermosos. Ocupan o seu lugar na natureza e son moi necesarios na cadea da vida. Son confundidos con ratas de alcantarilla e dende logo non teñen nada que ver. A súa alimentación é preferentemente arborícola.
|
|
| Protección: |
Non goza ningún tipo de protección. Está incluido no anexo III de Berna.
|
|
| Distribución en Galicia: |
Vese por toda Galicia inda que é máis abondoso nos Ancares e no Courel. Tamén no macizo oriental de Ourense, Manzaneda, Trevinca a zona de Verín, etc. López Seoane fala del en 1861 dando como escaso nos bosques galegos. Sin dúbida refirese a outra especie de liróns, cando fala de abondoso, concretamente o leirón enmascarado que se atopa por toda Galicia. Efectivamente o Leirón enmascarado é abondoso e o leirón rabudo menos.
|
|
| Curiosidades: |
No atardecer é frecuente escoitar nunha casa de campo das antiguas una gran albarabía. Estos fantasmas que se escoitan son os liróns. Son eminentemente nocturnos. Outra curiosidade é que no país vasco é moi apreciado gastronómicamente e hai xente que o prepara sensacionalmente. -------------------------------------------- En algunhos lugares chámanlle "O bandido enmascarado" pola careta que ten nos ollos. Pero este leirón non é o Glis glis e outro máis pequeno pero da misma especie.
O de bandido parece que é porque rouba as mazás. De tódolos xeitos o bandido enmascarado é outro lirón.
Eliomys quercinus Leirón careto ( Eliomys quercinus) "O bandido enmascarado"
Lirón enmascarado. O Liron careto Eliomys quercinus é moi parecido o Glis glis, a súa lonxitude é entre 10-17 cm. O seu peso 46-120 gr. e a cola entre 9-12 cms. Dende logo é o máis bonito e o máis vistoso polo contraste do antifaz. O dorso teno pardo acastañado. A cla é moi longa e ten o final un penacho bicolor, negro por riba e blanco por baixo. As orellas enormes.
Observar o detalle da cola.
|

Fonte de información :
Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural.
Cuadernos de campo. Roedores II. nº 59. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.

![]()