O furón bravo non é nada común. Non é doado velo xa que é eminentemente nocturno. Gusta das cercanías de ríos e regatos. Aliméntase de outros roedores, páxaros, ras, serpes e insectos.
A sua pelaxe é de cor parda tirando a negra, o corpo moi flexible e as patas moi curtas. Os seus apareamentos son famosos.
O furón doméstico , un furón domésticado vino fai moitos anos dedicado a cazar coellos, era un número, as veces xa non aparecía, pero a maioría das veces compría ben o seu papel e botaba a camada de coellos fora do nido. Logo unha desfeita...
![]()
| Nome científico |
Mustela putorius. ( Linnaeus 1766)
Clasificación:
|
||||||||||||||
| Nome galego |
Fotografía sensacional de Manfred Danegger. Furón bravo, rabisaco, tourón.
|
||||||||||||||
| Nome castelán |
Hurón.
|
||||||||||||||
| Dimensións |
Entre 35-46 cms. Un peso ata 1.5 kg. A cola pode botar entre 12 a 19 cm. As femias son máis pequenas.
|
||||||||||||||
| Identificación: |
É moi dificil de ver, polo tanto dificil de identificar. A súa pelaxe é negra -parda, con lanosidade interna amarela ocre. A cara é de cor máis claro con mascariña oscura, orellas cortas e redondas con borde blanco, o rabo é a mitade de largo que o corpo. A primeira vista, e en plan rápido, observar as gafas blancas por riba dos ollos. Tamén na rexión media frontal aparece unha banda negra.
|
||||||||||||||
| Reproducción: |
O celo vai de marzo a maio. A preñez as 6 semáns, onde trae o mundo entre 3 e 7 crías de pelaxe branco, que abren os seus ollos aproximadamente o mes, pouco a pouco van para arriba e no outono independízasen.
Os seus apareamientos son famosos xa que , para a petición de man, o macho persigue a elexida, durante moito tempo con continuos e silenciosos galanteos. Cando o fin, a femia se dispón o apareamento, o macho vai directamente o asunto con toda brusquedade, cos dentes agarra a súa pelaxe de nuca y levaa dun lado para outro durante un certo tempo, mentras a femia deixa facer, nunha especie de flaxidez corporal...incríble.
|
||||||||||||||
| Inimigos: |
Moitos entre eles o home. Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo. Emite una secreción especial, cando se defende, esta secreción ten un cheiro especial que lle sirve como defensa.
|
||||||||||||||
| Alimentación: |
É un cazador nato, na súa dieta atópasen todo tipo de ratóns, rans, aves, serpes e insectos. Actua sempre pola noite.
|
||||||||||||||
| Habitats: |
É frecuente nas ribeiras dos ríos galegos. Habita en zonas boscosas pouco espesas, con pradeiras e campos de cultivo, atópase moito o lado dos ríos e regatos, donde hai sobre todo salgueiros, amieiros e bidueiros. Ten aparecido en ríos como o Mandeo, no Ulla, no Alba en Pontevedra, etc.
|
||||||||||||||
| Vese nos meses: |
No é doado velo xa que preferentemente caza pola noite. Vense desgraciadamente mortos nas estradas, maís do que parece.
|
||||||||||||||
| Interés: |
O furón é moi coñecido polos malos cazadores, xa que unha forma domesticada do furón o Mustela putorius furo, utilízase para cazar coellos, para elo introduzese o animal na toba dos coellos. O animal bota os coellos fora, que son abatidos polos cazadores , mentras o furón que obedece os silbidos regresa o dono, si cadra. Cando era rapaz, ala por Randín, en Ourense, vin cazar moitas veces con furón, algunhas o furón desapareceu. Desaparecía xa que collía o coello e comiao e quedabase a durmir na misma madriguera.
|
||||||||||||||
| Protección: |
Figura no anexo III do Convenio de Berna, pero non goza de protección legal. As ameazas son as típicas sobre todo os incendios e a caza indiscriminada dos escopeteiros que hai uns cantos... Por suposto o bon cazador nunca dispara contra un furón. Pero bons cazadores hai moi poucos...
|
||||||||||||||
| Distribución en Galicia: |
Hoxe atópase en toda Galicia. Pero non en moita cantidade. Ou sexa vese con baixa densidade pero en moitos lugares. É máis frecuente en Lugo no Courel e nos Ancares. Menos frecuente en Ourense. Lopez Seoane xa o cita en 1861 e dí que é moi frecuente. Non é moi apreciado pola súa pel, polo que é raro velo nos gabinetes dos taxidermistas e peleteiros.
|
||||||||||||||
| Curiosidades: |
Na enciclopedia de Brehm, en edicción de 1980, fai Geyers una relación dun enfrentamento dun furón bravo con dous cans de caza: "Ó saír fincou os seus dentes nos fuciños do primeiro can de tal xeito que non foi posible facerlle solta-la presa, a pesar de facelos rodar ós dous sobre a neve. Acudiu en auxilio do seu compañeiro o outro can, collendo ó veso pola metade do corpo; pero non saiu ben librado, pois o animal abandonou ó seu primeiro adversario e cravou os dentes na pata anterior do segundo; non renunciou á loita ata quedar literalmente esnaquizado polos cans" Para rematar decir que o furón é un animal que lle gustan os xogos dende pequeno. Estos xogos foron obxecto de estudios, que amosaron a súa importancia e complexidade.
|
||||||||||||||
| A súa pisada: |
|
Fonte de información :
Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995.
Tamén utilizo o sensacional libro " Eses nobres cazadores" de Xurxo de Vivero.