O Gato bravo xa case non existe en Galicia.
En tempos abondaba moito máis que hoxe. Os seus problemas principais son os incendios e a caza.
Inda se atopa en Lugo e algún que outro en Ourense.
En Ourense xa se ven menos.
De tódolos xeitos, como son as cousas, en xaneiro do ano 2000 vin o gato montés máis fermoso da miña vida, en Ourense, na zona de Vilariño de Conso, xusto na zona onde está a sala de máquinas da central do Cenza. Era precioso. Foron unhos segundos incríbles que puden disfrutar cos meus amigos : Manolo Zabal, Roberto García e Xose Luis Mourin.
![]()
| Nome científico |
Felis sylvestris. ( Schreber 1777) Reino: Animalia Filo: Chordata Orden: Carnivoro Familia: Félidos Género: felis Especie: Felis sylvestris
|
||
| Nome galego |
Fotografía Natuur fotografie. Gato bravo, gato fero, gato montés, monteiro.
|
||
| Nome castelán |
Gato montés.
|
||
| Dimensións |
Entre 50-80 cms. A cola ten entre 28 e 35 cms. Ancho ata 28-30 cms. Peso 5 a 8 kg.
|
||
| Identificación: |
A cabeza é redondeada e grande. Ten uns dentes considerables e o aspecto do corpo é inconfundible con rallas marróns e o pelo gris.
Pero é moi dificil de ver, xa que case non existen en Galicia.
Por outra banda confúndense cos gatos asilvestrados, é decir os gatos domésticos votados o monte.
A pelaxe é entre gris e parda cun atigramento obscuro, o abdomen a menudo e branco. O Rabo é poblado con anelos negros e punta roma. Ollos verdes-amarelos, con pupilas verticais e rasgadas. É precioso. Tamén se pode confundir coa xeneta.
De tódolos xeitos a cabeza do gato é máis redondeada e máis grande. A cola é moi distinta así como a cor do corpo.
|
||
| Reproducción: |
O celo vai de febreiro a marzo. Neste período os machos loitan moitísimo, extremo que moitas veces nótase nas magulladuras do seo corpo. Por regra xeral un macho monta a varias femias. Así ocurría fai tempo, hoxe teño as miñas dúbidas xa que o gato montés está en período de extinción galopante.
A preñez bota entre 63 a 68 días, traendo o mundo entre 2-6 crías cegas, cun fino pelaxe amarelo e manchas obscuras, que abren os ollos os 10 días e independizanse os 3-4 meses.
Na fotografía sensacional de Jose Luis Rodriguez, aparecen uns gatiños monteses. Ver a fotografía en grande, merece a pena.
|
||
| Inimigos: |
Moitos entre eles o home. Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo. De tódolos xeitos non é unha presa fácil para ninguén. É moi rápido e ten uns dentes incribles. O de defenderse como "gato panza arriba" non é unha coña mariñeira...facer a proba con calquera gato e levaredes unha sorpresa... Non é a primeira vez que vexo un gato montés como trofeo de caza, unha mágoa, que mal lle facía o gato o cazador, seguro que o mata para que así teña máis coellos. O de sempre, non saber máis. Entre os cazadores hai moito analfabeto en natureza e así lle vai a esta.
Dice Jose María Castroviejo e Cunqueiro no libro "Viaje por los montes e chimeneas de Galicia" que ...No abunda mucho en galicia el gato bravo, aunque no escasea. Se le caza, aparte de la escopeta, con cepo para utilizar su piel que es muy estimada. No debe desdeñarse tampoco su carne que, después de un buen adobo, recuerda mucho la de la liebre". Dice también, copiado de Alonso Martínez de Espinar del libro "Arte de ballestería y Montería" ..."Relúcenle los ojos de noche, como si fuesen de fuego, sus niñas crecen y menguan con la Luna: no llega a tener más hijos la gata en las veces que pare, de veinte y ocho, que son los que la Luna da vueltas al Zodiaco..."
|
||
| Alimentación: |
É un cazador nato, na súa dieta atópasen todo tipo de ratóns e pequenos mamíferos ata do tamaño dunha lebre. Gusta moito dos esquíos e pequenas aves. Os coellos pequenos son de tódolos xeitos a súa pasión. O malo é que non os hai. Come tamén réptiles, seica ata un 12% da súa dieta. É preferentemente nocturno ou crepuscular.
O seu método de captura sempre é o mesmo: a espera o acecho, primeiro acércase moi despaciño e calidaño, avanzando sin facer o menor ruido. Oculto o abrigo dun matorral e perfectamente camuflado. Esperando pacientemente a súa oportunidade.
Cando esta se produce pega un salto e morde na nuca ou no pescozo, rematando rápidamente coa víctima, que non espera este ataque tan repentino e fulminante.
|
||
| Habitats: |
Habita en zonas boscosas e zonas mixtas con boa conservación, zonas de vexetación mesta de matorreira con rochas. Sempre en áreas de media e alta montaña. Non sobrepasa os 1.300 metros de altitude. Normalmente o macho vive soio, salvo na época do celo que comenza en febreiro. A gata vai parir sobre abril, maio.
|
||
| Vese nos meses: |
É dificilísimo velo. Por outra banda hai moitas mezclas con gatos domésticos o cal é unha mágoa auténtica. Eu tuven a sorte de velo pero foi excepcional.
|
||
| Interés: |
Máximo. É unha auténtica xoia entre os mamíferos galegos.
|
||
| Protección: |
Figura no anexo III do Convenio de Berna. Está protexido. Está tamén na lista bermella de especies a desaparecer. Camiña a extinción total. Unha pena. En tempos foi cazado xa que era considerado unha alimaña, está seguramente en peligro de extinción en Galicia.
|
||
| Distribución en Galicia: |
Escasísimo. Moi raro. En Pontevedra e Coruña casi non existe, e dende logo e máis abondoso na provincia de Lugo. Hai gatos monteses pola zona de Vilariño de Conso, O bolo, A Veiga e en xeral no oriente de Ourense. Falta por suposto nas cuadrículas de calquera mapa que sean máis humanizadas e degradadas.
|
||
| Curiosidades: |
Os bufidos seica son moito más intensos que o gato doméstico. Non me estrana... Foi moi perseguido xa que se consideraba unha plaga para a caza. Logo demostrouxe que era falso. As anécdotas sobre este felino son cuantiosas: é típica a da aguía que colleu un deste felinos e apareceu morta o día seguinte. Non me extrana. Outra curiosidade é que eu, vin este ano do 2000 un gato montés puro, como xa contei máis arriba. Incrible. Una visión marabillosa. Reproducindo exactamente o texto de Xurxo de Vivero no seu libro maravilloso "Eses nobres cazadores", remito exactamente unha das súas frases para rematar: " Mentras a fera viva entre as árbores, mentras o salto elástico sexa un raio implacable,mentras o gato bravo cace nas serenas ou tumultuosas noites de silencio e encanto , mentras sexa así, a nosa natureza conservará un derradeiro alento indomable ". Esto foi escrito en 1990.
Eu penso que o alento indomable, desgraciadamente, é historia...
Outra curiosidade:
Dice Jose María Castroviejo e Cunqueiro no libro "Viaje por los montes e chimeneas de Galicia" que ...No abunda mucho en galicia el gato bravo, aunque no escasea. Se le caza, aparte de la escopeta, con cepo para utilizar su piel que es muy estimada. No debe desdeñarse tampoco su carne que, después de un buen adobo, recuerda mucho la de la liebre".
Dice también, copiado de Alonso Martínez de Espinar del libro "Arte de ballestería y Montería" ..."Relúcenle los ojos de noche, como si fuesen de fuego, sus niñas crecen y menguan con la Luna: no llega a tener más hijos la gata en las veces que pare, de veinte y ocho, que son los que la Luna da vueltas al Zodiaco..."
|
||
| A súa pisada: |
A súa pisada é circular e marca catro dedos e unha plantilla posterior. Os excrementos de entre 6 a 8 cm por 1,5 de anchura que terminan en punta e cheiran moi mal.
|
Fonte de información : Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995. Tamén utilizo o sensacional libro " Eses nobres cazadores" de Xurxo de Vivero, unha maravilla , para mín poética, que fala dos nosos bravos e sensacionais mamíferos. Dende a milla www doulle a gracias, polos fabulosos ratos que me fixo e me fai pasar, todo un canto a nosa natureza.
Tamén teño que decir que as fotografías de Antonio Vazquez, que descubrín en maio do 2001 son unha auténtica delicia e irei incorporando algunha pouco a pouco. Antonio Vazquez é todo un experto en fotografía da natureza. É asturiano.
Tamén teño usado o sensacional libro de Jose María Castroviejo e Alvaro Cunqueiro "Viaje por los montes e chimeneas de Galicia".
![]()