Trátase dun mamífero herbívoro. Un animal típico en Galicia nos nosos montes, preto ou non dos ríos.
En tempos abondaba moito máis que hoxe, a caza, sin dúbida, afectou moitísimo a esta especie, inda que os seus problemas principais son os incendios e as enfermedades. Por suposto os furtivos tamén fixeron das súas...
É unha magoa. Un animal que nos cae simpático a todos.
O COELLO: Oryctolagus cuniculus.
![]()
| Nome científico |
|
| Nome galego |
Coello, coenxo (en castrapo...conexo).
|
| Nome castelán |
Conejo.
|
| Dimensións |
Entre 33 y 40 cms. Ancho ata 7-11 cms. Peso 2 a 7 kg.
|
| Identificación: |
A Cor da súa pelaxe é gris máis ou menos oscura. O abdomen e parte inferior do rabo blancos. As orellas son longas pero non tanto como a lebre. As patas traseiras tamén moi longas e terminadas en puntas negras, por supostos moito máis vigorosas que as patas dianteiras. Dicen os cazadores que o coello de monte nunca debe pasar de 1,5 kg. de peso; as orellas, unha vez morto, non deben pasar do fuciño; e debe ter a cola blanca na parte inferior e ser do mesmo cor no resto.
O coello en libertade pode vivir de tres a catro anos. Os excrementos son moi característicos. Son esféricos de 1 cm de diámetro aproximado. A súa cor depende dos alimentos que consume pero vai dende o negro ata o gris. Son característicos os seus retretes ou cagurreteiros onde se acumulan moreas de cagarretas.
Fotografía sacada deste link
O sexo, ou sexa distinguir o macho da femia, hai que facer a proba que llaman os cazadores de "el sexado en mano", ou sexa comprobar o xenitais do coello. En canto a edade saber que os coellos ata os nove meses presentan no cúbito un abultamento típico.
|
| Reproducción: |
O coello posee unha xerarquía moi marcada en torno o tobo, a súa familia componse de varias femias e un macho adulto dominante, logo hai varios machos máis xóvenes e varias femias. O apareamento é durante todo o ano, pero sempre coincidindo coa abundancia de comida nos montes en que vive. A preñez bota entre 28 a 33 días, normalmente soe ter 5-7 partos o ano. Veñen o mundo entre 3-9 crías cubertas de pelo e cos ollos pechados, e pesan entre 40 a 50 gramos, son amamantadas durante 3-4 semáns e logo independízanse a quinta semáns. Incríble a súa rapidez.
O coello considérase adulto os 8 meses con un peso aproximado de 1 kg.
|
| Inimigos: |
Moitos, entre eles o home e os incendios, a caza furtiva, as excesivas pistas forestais que permiten a caza furtiva, etc. Os seus inimigos naturais , de tódolos xeitos, son os lobos, o zorro, os buhos, as águias, etc. Ten moitos. Tamén as enfermedades. En particular a mixomatosis, unha enfermedade vírica que está a rematar con esta especie.
Coello enfermo por mixomatosis.
|
| Alimentación: |
Fundamentalmente vexetariana : gramíneas, herbas, raices de plantas, talos, etc.
|
| Habitats: |
Habita en xeral montes e bosques. Quere normalmente monte baixo, con solainas. Necesita tamén un terreo que sexa compacto para poder facer o seu toco ou toba.
O único que lle interesa é que poda excavar o seu toco, toba ou madriguera (en castelán), que en galego tamén se chama toqueira ou tobo. Polo que o terreno debe permitir facer os tobos.
|
| Vese nos meses: |
Fai anos víaxe todo o ano, polo menos os seus excrementos e os seus tobos. Hoxe prácticamente xa hai moi poucos en Galicia.
|
| Interés: |
Moito interés. É un mamífero básico como alimentación de moitas especies. Por outra banda é a estrela en Galicia da caza menor. Sempre o foi.
|
| Protección: |
Ningunha. Dende logo Galicia non é hoxe nin a sombra do que era en coellos. Xa o dixen: os lumes, a caza excesiva, os furtivos, as pistas e un logo etc. fixeron que hoxe esté a tocar mínimos. Pero pode facerse moito polo coello. Por suposto que non teñamos incendios nos montes e limpar e desbrozar facendo o habitat mellor. En definitiva mellorar o medio.
|
| Distribución en Galicia: |
Distribución do coello en Galicia:
Esta en regresión pola caza e sin dúbida polos incendios que arrasan Galicia ano sí e ano tamén.
Tamén a excesiva proliferación de pistas forestais, que sin dúbida favorecen a súa caza furtiva. Hai que citar tamén as enfermedades que padecen en particular a mixomatosis.
Coello enfermo por mixomatosis. O coello en Ourense ten algunhas zonas boas por Viana do Bolo, a Cañiza, a Mezquita e pouco máis. Realmente xa empeza a escasear bastante, a pesares de ser a peza estrela da caza menor en Ourense. Dende logo a xestión do monte e outras medidas escasean bastante...
|
| Links sobre o coello: |
Especialmente recomendo o seguinte: El conejo.
|
| O coello en crisis: |
En moitos lugares de España o coello, actualmente no ano 2005, está nunha crisis profunda. En principio nos anos 1960 en adiante foi a mixomatosis a causa principal. Logo foi a NHV (neumonía hemoráxica vírica) que deixou as poblacións de coellos moi tocadas. Fálase dunha reducción en España do 80% das poblacións. Hoxe có lince tamén na UVI da natureza, o coello estase a prestarlle máis atención, por suposto non en Galicia. De momento na lista da UICN figura o coello catalogado como "Preocupación menor", realmente para chorar... A revista Quercus nun artigo do mes de octubro do 2005, do que saquei ideas e algunhas fotografías" analiza o tema sarcástico anterior e fala de duas razóns, para que no se tomen as medidas que se deberan tomar: primeiro fala dos cazadores, como a causa negativa de que no se tomen medidas que equivaldrían a deixar de cazar simplemente. Como segunda razón alude os agricultores que se verían afectados pola obligación de facer descastes e certos controis. As cousas pintan moi cal para os coellos...está claro. O artigo aboga por facer algo científicamente e non deixar morrer definitivamente esta especie emblemática dos nosos montes.
|
| O coello na provincia de Ourense: |
Gústanme os coellos, gústanme velos nos nosos montes.
O coello sempre foi a peza estrela da caza menor en Ourense.
Este é o mapa da provincia de Ourense onde de cor marrón están as zonas onde hai coello non de forma óptima e de cor azul as zonas onde o coello escasea. As zonas amarelas de altos índices de coello non existen. A destacar algunhas zonas con Bande, Calvos de Randín, Baltar no Sur. Viana e Vilariño a Gudiña e a Mezquita no este. Maside, Irixo, Piñor de Cea no norte. E tamén o cañón do Sil na súa maioría. Estos datos son do ano 2000 e están sacados do libro "Guía de turismo cinegético en la provincia de Ourense" editado pola Camara de Comercio de Ourense.
|
![]()