Capreolus capreolus. Corzo (Corzo)

Non é un mamifero fluvial, inda que acode os ríos normalmente. Fai unhos meses o meu compañeiro Felix levou un susto de morte preto de Baños de Molgas no río Arnoia, estaba pescando a troita e de repente oiu como un galope e un corzo pasou dun salto por riba del ata o medio do río.

Inda non estaba reposto do susto cando aparecen tres cans que iban detrás do corzo a certa distancia. Sinto polo meu compañeiro xa que é un bon amigo. Creo que xa esta reposto do susto.

Un conto parecido pasoume a mín na Labrada no río Lor. Estaba tomando un bocata e cruzou o río escapando de algo.  Galicia podía ser un paraiso si a coidamos.

Ver  características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CORZO .

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Capreolus capreolus (Linnaeus, 1758)

Clasificación:

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: mammalia

Orden: Artiodactyla

Familia: Cervidae.

Xénero: Capreolus

Especie: Capreolus capreolus

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Fotografía sensacional de Jiri Bohdal.

Corzo.

Tamén corza e cabra montesía.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Corzo.

Corzo, caparro.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

   Corzo.

Cervido pequeno, estilizado as patas traseiras son máis largas, lóxicamente para saltar. Pesa entre 17-35 kg. os machos e 15-20 kg as femias. Altura 68,3 cm os machos e 67,5 as femias. Lonxitude entre 1 e 1,40 m.

O da esquerda é o corzo macho e o da dereita a femia que como se ve non ten cornos.

A súa esperanza de vida é de dez anos aproximadamente.

O macho é bastante sedentario e ten un territorio vital dun quilómetro cuadrado aproximadamente.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

É inconfundible.

Corzo coa pelaxe de inverno. É de cor gris. Corzo con pelo de verán, de cor pardo roxizo.

 

Ollo: non teñen rabo prácticamente ou é moi pequeniño, os cervos si que o teñen, por exemplo.     

Ó ter os cuartos traseiros máis levantados que os dianteiros soio pode andar con  pequenos saltos, o que lle da os corzos un aspecto moi gracioso.

O pelo é pardo roxizo no verán e pardo gris en inverno. As veces presenta manchas blancas sobre todo na garganta, o que se chama "babero".

 É característica tamén no rabo o que se chama un "espéculo" , tratase dun redondel blanco de pelos bordeando o cu , por el distínguese perfectamente o macho da hembra. Neste espéculo está o rabo moi pequeniño (na femia)  ou inexistente (no macho).

Dicen que por este espéculo oriéntanse na fuxida a manada, o espéculo sírvelle para orientación e así mantense a manada xunta.

Os machos tamén teñen un mechón de pelo blanco no pene.

Dende logo na provincia de Ourense é moi común.

Corzo.

 A femia non ten cornas, todo o máis unhas pequenas protuberancias. Os machos si teñen cornas como pode verse na figura. Normalmente os machos teñen de de 2 a 6 puntas ou candis, dependendo da idade.

Estas cornas ( trátase dun óso macizo cuberto dunha pel blanca ou liber) , teñen o liber ( pel blanca) que se seca e quítano frotándose contra a ramaxe, é o que se chama restregarse.

Fotografía sacada da Revista caza e pesca. Foto Valentín Guisande. Coloreada por el autor de la www.

 Logo na época de celo xa teñen a corna distintiva en pleno vigor. Máis tarde despois de aparearse baixa a producción de testoterona (hormona masculina), o que pode provocar a caída dos cornos.

O ano seguinte a volver a empezar. Moi curioso.

Fotografía de Jiri Bohhdal.

"Nada más bello en el bosque que el corzo. ¿Conocéis algo más elegante que él en la graciosa elasticidad de sus saltos, o en la húmeda melancolía de su mirada de terciopelo?. Un corzo herido es desde luego un espectáculo penoso..."

Así comenza o capítulo que Castroviejo e Cunqueiro dedican o corzo no libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia".

Non sería o primeiro que vendo o anterior deixara para sempre o exercicio da caza, como fixo Lamartine, concretamente...

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Corzo.

Preferentemente brotes e follas de árbores e arbustos, sobre todo brotes moi tenros. Froitos. Pouca vexetación vexetal. Come tamén landras e cogumelos.

Come moi a menudo e descansa a continuación. Esto é debido o seu tamaño de estómago que non é moi grande precisamente.

A súa actividade é crepuscular e nocturna. Nos estudios feitos sobre a súa actividade chegouse a conclusión de que é bifásica, presentando un máximo nas horas seguintes ó amencer e tendo outro moito menos acusado nas horas anteriores ó solpor. (Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I. Sociedade galega de historia natural).

----O----

Enfermedade de pacer. Unha cousa curiosa.

Un espectáculo sorprendente seica ofrecen os corzos cando están borrachos: fan cabriolas, saltan, dan voltas, levantan a cabeza e unha serie de cousas sorprendentes. A causa da borracheira son os brotes xóvens, cheos de savia doce que os emborrachan o fermentar no estómago fálase cando os corzos presentan este comportamente da "enfermedade de pacer"

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitat:

 

Presente en masas forestais grandes , con grandes extensións desabitadas. Tamén na beira dos ríos sempre que haxa moito bosque.

Prefire o bosque de carballos e pinos o de eucalipto.

Por exemplo en bosques como o Meixón. Teixedo, a Edreira, a Serra de Queixa, a Serra de Peña Trevicanco, que é onde máis abundan.

O Corzo prácticamente había desaparecido de Galicia. No ano 1999 vense moítisimo en Ourense, debeu haber unha repoboación moi forte.

É normal velo nas zonas de Baños de Molgas , Maceda, ata o Invernadeiro. Sempre en zonas de bosques que teñan as beiras grandes claros onde poda pastar tanto a noitiña como na mañanciña.

Hai tamén moitos por Calvos (na Serra), preto de Rubián en Lugo según me informa o meu primo Toño de Teilán un home moi entendido nestes e noutros temas da natureza.

Noutras provincias podemos decir que había corzos na mitade oriental de Galicia polo menos en 1985-1990, aproximadamente.

Un pouco de historia:

"O corzo sempre foi moi abondoso en Galicia, sobre todo nos Ancares, nos bosques de Cervantes, no Invernadoiro en Ourense e en San Mamede tamén en Ourense. Implacables matanzas realizadas fai tempo, incluso de femias, onde se chegaban a matar ata 35 corzos, remataron con eles. Hoxe os que hai son de repoboacións e comenzan a ser abundantes".

 

Ollo os corzos aumentaron moitísimo en Galicia. Calcúlase que no ano 2008 pasan de 15.000 os corzos que hai en Galicia.

A súa caza tamén se disparou en datos:

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de ...

Corzo.

Todo o ano si hai sorte. Dende logo mellor cando están en celo.

Persoalmente vin corzos o carón de ríos como o Queixa, en agosto do 2005, e no Lor na Labrada (no mes de maio).

Teño visto corzos noutros lugares. Dende logo hai que ter cuidado nas estradas e camiños xa que hai 15.000 corzos en Galicia actualmente, xaneiro do 2008, e poden aparecer en calquera lugar menos na costa.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

En principio o gran inimigo dos corzos galegos son os lobos, fálase de que o 70% da dieta do lobo nos Ancares é o corzo. Seica nos Ancares hai unha densidade de 15 exemplares por km2 en algunhas zonas...

Os cazadores tamén dan boa conta deles...

O corzo padece as veces certas enfermades malas como a diarrea e a inflamación de fígado.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Por suposto despois das liortas dos machos por quedarse coas femias ten lugar o apareamento.

Apareamento entre xuño e xulio, os sete meses nacen entre 1 e 2 crías. Xeralmente son dúas crias: macho e femia.

Xeralmente nos corzos dase unha fecundación diferida que é,  que a fecundación non se produce no momento do apareamento si non máis tarde; en términos técnicos chámase ovoimplantación diferida, que neste caso é sobre tres meses aproximadamente. O obxetivo final é que os fillos aparezan polo mes de maio e non no inverno ou a principio da primaveira onde as posibilidades de ir adiante serían moito menores.

 Durante a primeira semán están encamadas e logo siguen a nai, son amamantadas de 2 a 3 meses e independizanse o ano.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Interés

Corzo.

Especial.

Os que abundan en Galicia son producto da repoboación.

O interés máximo radica no seu aproveitamento cinexético en Galicia, que move moitos miles de euros.

De tódolos xeitos o cazador local prefire cazar outras especies como o xabarín, esta é unha das causas de que proliferen moito os corzos en Galicia.

Estos son os datos de caza en  Galicia dende 1990 ata o 2006:

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

 

Categoría UICN (2001): Preocupación menor (LC).

É unha especie cinexética que se caza en modalidades e datas determinadas.

O corzo sempre foi moi abundante en Galicia, sobre todo nos Anacares, nos bosques de Cervantes, no Invernadoiro en Ourense e en San Mamede tamén en Ourense. Implacables matanzas realizadas fai tempo, incluso de femias, onde se chegaban a matar ata 35 corzos, remataron con eles. Hoxe os que hai son de repoboacións e comenzan a ser abondosos.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Salta e nada ben pero non é moi resistente, esto vese en algunhas cacerías que fan os lobos ( videos).

Teñen moitas costumes curiosas, por exemplo o macho delimita o seu terreno perfectamente restregandose contra os árbores da zona.

O apareamento é tamén incríble, xa que a femia o aceptar a un macho corre diante del, ata que de repente párase e aparéase.

Logo o apareamento é rápido e brusco. As veces hai varias montas, xa que evidentemente, non acerta o macho...

Cando nacen os corcinos en maio ou a principio de xuño encámanse durante unha semán. Quedan escondidos na vexetación e a mai failles a visita obligada para amamantalos. 

Neste intre si os atopamos non se deben tocar, xa que logo a nai vai cheirar ó humán e pode despreciar os fillos xa que ten medo e nonos amamanta. Así que,  ollo con este detalle curioso. "Non tocar nunca a un corcino que esté encamado".

Pegadas dos corzos:

A continuación poño algunhas señais do corzo:

Estas son as cagarrías dun corzo, son pequenos cilindricos, ver a dimensión comparando coa folla do carballo.

Estas son as pegadas do corzo que son máis estreitas que a do gamo.

Fotografía sacada da Revista caza e pesca. Foto Valentín Guisande. Coloreada por el autor de la www.

Tamén quedan moitas señais nás árbores, que son producidas pola cornamenta, observar a fotografía. Queren desprenderse da borra e raspan sin piedade nás árbores. Son as famosas "coiteladas".

Outro lugar onde quedan señais dos corzos son nas típicas camas, que normalmente utilizan despois de comer para descansar,  son espacios elípticos de mais ou menos 50 cms por 40 de eixes.

As veces nótanse nas ramas de árbores, por exemplo pinos as famosas escodaduras.

Outra formas son os cornos vellos que se atopan no chan, os chamados en castelán desmogues.

Tanto unha como outra fotografía están sacadas da ficha sobre "El corzo", publicado en setembro no diario A Voz de Galicia.

Hai un link en internet que trae fotografías e un bon texto sobre as pegadas do corzo.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A caza do corzo:

Non están protexidos, de feito poden cazarse os machos, pero está prohibido cazar as femias.

A caza faise o rececho, en agardos ou ocasionalmente en batidas.

O corzo dende logo é en Galicia unha especie de especial relevancia cinexética.

A caza move en España máis de 500.000 millóns de pesetas e xenera 130.000 postos de traballo, unha cifra incríble, como para ser cautos, pero o que non se pode permitir e que a caza elimine as especies de feito a caza provocou a desaparición de 270 especies no mundo.

Pode pasar como pasou co bucardo que ó último morreo fai pouco.

Urxe polo tanto compaxinar caza e natureza, si esto non é posible está claro o que hai que suprimir, por suposto a caza de esa especie.

A lexislación actual según os entendidos e totalmente insuficiente, ademais non se cumple ( asuntos como o vallado, o examen do cazador, planes técnicos, non foron para adiante) , así non vamos a ningún sitio. 

A Caza en Ourense

No dibuxo da provincia está marcado con cor amarelo as zonas onde hai máis corzos, con cor azul as zonas onde prácticamente non existen.

Fonte:Guía de turismo cinegético en la provincia de Ourense.

 

Estos son os datos da caza do corzo en Galicia dende 1990 ata o 2006:

Fálase de que en Galicia hoxe, xaneiro do 2008 hai por riba de 15.000 corzos. A caza do corzo multiplicouse por vinte nos últimos dezaceis anos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Nota: a maior parte da información anterior, así como as fotografías están sacadas do libro "Gran Guía de la Naturaleza" Mamíferos de Helga Hofmann , publicado por el Circulo de Lestores.

Tamén consultei  o fascículo de Fauna de Galicia que edita A Voz de Galicia. Concretamente o que dedica a "El corzo".

Tamén usei o libro de Alvaro Cunqueiro e José María Castroviejo de título "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia"

Hai tamén un link interesante sobre o corzo.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍAS CORZOS.

Descoñezo o autor da fotografías.

Esta fotografías é do autor da web. Está sacada no invernadeiro o 26/10/2012.

Corzo na  casa da "bica" en Calvos (Vilasouto-Incio) o día 11/07/2015. O corzo estaba a comer follas e brotes verdes na finca de "Os castelos" na casa da bica. Incrible que se acheguen tanto.

Ir a características

 

Saír.