Cando falo sobre as liñas de árbores, fago referencias o punto cero que son os ríos. Dito doutro xeito, a primeira liña son as árbores que están a beira do río.
O internauta debe tomar estas liñas nun senso amplio, como unha norma xeral, pero con moitas excepcións. Por exemplo teño atopado carballos enormes a carón dun río (por exemplo no río Arenteiro e no río Lérez), tamén castiñeiros a carón do río, por exemplo no río Sarria, mentras que neste esquema estaría en terceira liña, que é a norma xeral.
|
|
|
Así a liña 1ª é a carón do río, neste caso poño como exemplo o río Lor, no Caurel: nesta liña 1 están os salgueiros, bidueiros e amieiros. (Norma xeral) Así na 2º liña: os chopos, freixos, etc (Norma xeral) Árbores en 3º liña: os castaños nos soutos e os carballos nas carballeiras, etc. (Norma xeral)
|