|
|
|
![]()
Lynx pardinus-Características.
![]()
| Nome científico | Lynx pardinus (Temminck,
1827)
Fotografía sensacional do lince ibérico. A fotografía é de Antonio Sabater. A clasificación científica é : Mamífero Orden: Carnívoro. Familia: Felidae Género: Lynx Especie: Lynx pardinus.
|
||||
| Nome galego |
Lobo cerval, lobo rabaz, gato cravo.
|
||||
| Nome castelán: |
Lince ibérico, lince, lobo cerval, gato manchado, gato clavo, gatón, gato lobo.
|
||||
| Dimensións |
Mide entre 80-110 cms. mais a cola que mide entre 10 a 13 cms.
Un pouco máis que o doble dun gato doméstico medio. De tódolos xeitos a estructura corporal do lince é completamente distinta a do gato. Altura en cruz 50-70 cms. Entre 8 e 15 kg de peso el macho e a femia entre 8 e 12 kg. Cola entre 12-13 cms. O lince vive entre 10 - 15 anos. Hoxe, abril do 2006 hai sobre 170 exemplares en libertade, todos eles en Doñana e Serra Morena oriental.
|
||||
| Identificación: |
Os ollos son grandes e cun iris dun marabilloso cor verde berilo, inda que pode variar un pouco.
Na sensacional fotografía de José Luis Rodriguez, vense os ollos marabillosos do lince así como unha linea que ten por debaixo dos ollos, liña branca, que tamén é moi característica.
|
||||
| As súas cualidades: |
Ten moi bon oido e moi boa vista. O dito de "tés vista de lince" fai referencia a súa penetrante capacidade visual, fora de toda dúbida. Según estudios feitos por Lindeman o lince pode ver unha pomba a 400 metros, un corzo a 500 metros, un coello a 300 metros e un ratón a 75 metros. Moita vista me parece... Tamén se dí en Galicia "ser un lince" por algo será. "Ter ollos de lince" tamén é un dito xeral.
O oido pode chegar ata 50-60 metros, a esa distancia pode oir o ruido dunha lebre o roer unha rama. Incrible. A súa caza é por sorpresa xa que non é un corredor de fondo.
Pero sobra decir que está moi equipado para a caza, xa que ten: unha gran elasticidade, moita potencia muscular, é axil, ten un gran salto, solas na planta dos pés que lle fan de almohadilla, garras retráctiles, que soio aparecen cando son necesarias; pasa moi dasapercibido pola súa pelaxe, e por si fora pouco ten unha estructura de dentes sensacional, cuns caninos moi desenrolados, en fin, unha marabilla....
O seu cazadeiro é máis ou menos (actualmente) entre 3 e 4 Km2. que ven sendo o terreno que defenden, incluso frente a outros da súa mesma especie.
Os coellos cazaos escondido e por sorpresa de maneira que cun saltiño xa os teña collidos pola nuca e mortos rápidamente.
Con 1-1,5 kg. de carne o día ten máis que dabondo. Tamén é moi hábil cazando por exemplo perdices ou palomas, que tamén colle por sorpresa e destroza o levantar o voo. Rápidamente lles rompe a columna vertebral e as desnuca.
No libro "El lince ibérico, un tesoro expoliado" de Pablo Pereira y José Luis Rodriguez aparecen fotografías marabillosas onde se ve perfectamente o anterior.
|
||||
| Reproducción: |
|
||||
| Inimigos: |
Principalmente o home. En Galicia seguro que desapareceu matado polos malos cazadores, seguro que pensando que remataba cós coellos e coas lebres. Un desastre. Existía e inda existe moito descoñecemento... Hai cazadores que inda hoxe disparan a todo o que se move...e así nos vai...
Fotografía de caza do ano 1923. Aparte os problemas da reproducción, os linces morren cazados ilegalmente, a mans de cans, atropelados, caendo a pozos e un longo etc.
A pérdida de habitat do lince é incrible, dende a transformación de cultivos, os encoros, as pistas, autovías, os malos cazadores, que hai moitos, a falta de alimento e un longo etc. Teno francamente mal. Teno moi dificil sobrevivir, inda que hoxe non teña depredadores típicos como podría ser o lobo, ou as grandes aguías (estas actuan preferentemente sobre as crías).
|
||||
| Alimentación: |
|
||||
| Habitats: |
|
||||
| Forma de vida: |
|
||||
| Interés: |
|
||||
| Protección: |
Hoxe, novembro do 2005 quedan entre 150 e 200 exemplares. En xaneiro do 2009 naceron dende o 2005, 58 exemplares. Para ser optimistas. Sin dúbida é un dos mamíferos máis amenazados do mundo.
Femia.
|
||||
| Distribución en Galicia: |
Os últimos vestixios do lince ibérico son do ano 1980-85, pola zonas do este e sur da provincia de Ourense.
O lince de tódolos xeitos nunca foi moi abondoso en Galicia.
|
||||
| Curiosidades: |
"Eu tamén quero que viva o lince, e gustaríame que vivira en Galicia" Simplemente neste apartado comentar dúas curiosidades respeto a este mamífero: 1.- Os penachos que ten por riba da cabeza, xusto saíndolle das orellas. Por qué e para qué?
Sobre estos penachos Félix Rodriguez de la Fuente dice no Cuaderno de Campo dedicado o lince e o gato montés que sempre lle inquietou as súas formas e sobre todo, para que sirven?. Boa pregunta... Están o servicio do mimetismo?. Cumplen funcións chamativas entre a especie? Sirven para tornar os mosquitos e moscas? 2.- Na busca das pedras do lince. Outra curiosidade dos linces é que teñen por costume mexar sempre no mesmo lugar ou lugares, pois ben, nestes lugares as ureas o mexar forman unha especie de estalagmitas e por suposto estalagtitas moi peculiares que reciben o nome de "Pedras de lince".
Pois ben estas pedras son moi buscadas en xeral xa que se lles atribuen poderes curativos e máxicos?.
|
||||
| O Lince no pasado: |
No siglo pasado o lince foi exterminado de Centro-Europa xa que se supuña que era moi malo para o home e para a caza. Nada máis lonxe da realidade, o home nada ten que temer deste mamífero e os daños na caza non son grandes nin moito menos, o contrario o lince sempre apresa animais enfermos ou débiles, a natureza é sabia, o home é o depredador.
A pérdida de habitat do lince é incrible, dende a transformación de cultivos, os encoros, as pistas, autovías, os malos cazadores, que hai moitos, a falta de alimento e un longo etc. Teno francamente mal. En Europa, en xeral, afectuolle moito a misomatosis dos coellos
|
||||
| O lince en internet: |
Páxinas importantes do lince en internet:
|
||||
| Un éxito grande: tres linces conseguidos en cautividade en Doñana: |
Na fotografía vense dous. Foi unha gran noticia. Efectivamente todo un éxito: Brezina, Brisa e Brezo son os protagonistas da noticia. Son tres cachorros de lince ibérico que naceron en cautividade no mes de abril do 2005 en Doñana. Un feito sin lugar a dúbidas insólito e que fai abrigar esperanzas no futuro desta especie. A mai chámase Saliega e o pai foi Garfio. A noticia foi esta:
Aquí vese a nai: Saliega meses antes. "Se encuentran muy bien, la madre los ha reconocido, los ha lamido y en estos momentos los esta amamantando, lo que nos hace pensar que van a poder salir hacia delante´, dijo Fuensanta Coves. Aún así, y debido a la alta mortalidad en los primeros días de vida, los responsables del centro están empleando un sistema de videovigilancia para realizar un seguimiento constante de su estado. ´No sabíamos si la madre los iba a rechazar por encontrarse en cautividad, en fin, teníamos muchas incógnitas´, dijo la Consejera. El centro de El Acebuche, que acoge a diez de los 13 ejemplares de lince ibérico que conforman el programa de cría en cautividad, fue inaugurado en 1992 pero hasta el lunes no se había conseguido en todo el mundo que este felino criase en cautividad. " O centro atópase en Doñana.
Aquí están os tres linces marabillosos: Brezina, Brisa e Brezo, sin dúbida unha fotografía para a historia... Os linces que nacen en cautividade pónselle nomes de plantas seguindo o abecedario. Así no 2004 a letra A (Adelfa, alhucemas...) e os do 2005 a B (Brezo, Brisa, Boj...)
A nai dos tres linces, Saliega, tomando o sol, xa embarazada de Garfio o pai. Unhas fotografías para o album de familia deste mamífero sensacional que temos en España. Dende esta páxina ¡¡gracias, moitas gracias a xente de Doñana por facernos soñar...!!. ------------------------------- Nota do 24 de xaneiro do 2009 O plan especial sobre os linces que comenzou no 2005 está dando resultado. No 2009 xa son 56 os exemplares nacidos. ¡Enhoraboa!. ------------------------------------------------------- O día 11 de maio do 2005, morreu Brezina nunha liorta cun dos seus irmáns, unha mágoa. Seguramente xogando apretaría demais... Ver videos do nacemento e dos primeiros momentos.
|
Nota importante : Bibliografía

Os datos anteriores están sacados, prácticamente do libro Mamíferos" do Circulo de Lectores, do que é autor Helga Hofman. Moitas gracias.
Tamén da www Lince Ibérico.
Outros datos están sacados dos Cuadernos de Campo do Dr. Félix Rodriguez de la Fuente, concretamente do que titula "El lince y el gato montés".
Fotografía da revista Quercus. Mayo 2001.

"Estou cós linces dende esta páxina www"

Sensacional fotografía de Antonio Sabater.

Femia adulta no Parque Nacional de Doñana. ã Antonio Sabater.
Tamén utilicei o libro "El lince ibérico. Un tesoro expoliado" de Pablo Pereira e José Luis Rodriguez, editado por Edilesa no ano 2003.

Unha das marabillosas fotografías de José Luis Rodriguez que tén o libro citado.
Fotografía Xunta de Andalucia.
Fotografía Xunta de Andalucia.
CENSO ACTUAL DE LINCES EN ESPAÑA
|
|
|
![]()