O segredo do río: o tempo non existe... ( Hermann Hesse)

Río Lor na Labrada (Lugo). Un bon río para estudiar os seus segredos... Fotografía de Secundino Lorenzo.

  Texto : O segredo do río: o tempo non existe. Hermann  Hesse.

  Fotografía do autor e tamén unha  pequena explicación do texto anterior

galicia.gif (2685 bytes) Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

                                               O segredo do río: o tempo non existe.                                               

 

"...Siddhartha quedou  onda o barqueiro e aprendeu a manexar a embarcación. Cando nela non había nada que facer, traballaba con Vasudeva no arrozal, apañaba leña, colleitaba as froitas das árbores. Aprendeu a fabricar remos, a reparar a embarcación e a tecer cestos; e todo canto aprendía alegrábao e os días e os meses decorrían axiña. Non obstante, era o río quen lle ensinaba máis do que Vasudeva lle podía ensinar. Del aprendía permanentemente. Sobre todo aprendeu del a escoitar, a prestar oído, co corazón calmo, coa alma espectante e aberta, sen paixón, sen desexos, sen xuízos e sen opinións.

   - ¿Ti tamén -preguntoulle un día-, ti tamén aprendiches do río ese segredo: que o tempo non existe?.

Un sorriso claro agromou no rostro de Vasudeva.

   -Si, Siddhartha -dixolle- Seica o que queres decir é isto: que o río está ao mesmo tempo en todas partes, na orixe e na desembocadura, no cadoiro, ao redor da barca, nos rápidos, no mar, na montaña, ao mesmo tempo en todas partes; e que para el só existe o presente e non a menor sombra de pasado nin de futuro.

Río Lor na Labrada."O río Lor está o mismo tempo en motios sitios...". Fotografía de Secundino Lorenzo.

     -Iso é -dixo Siddhartha- E ao aprendelo púxenme a contemplar a miña vida: tamén era un río e o Siddhartha neno únicamente quedaba separado do Siddhartha home  e do Siddhartha ancián por unhas sombras, non por nada real. Tampouco eran pasado os nacementos anteriores de Shiddartha, nin futuro a súa morte e o seu regreso onda Brahma. Nada foi, nada será; todo é. todo ten unha esencia e un presente.

  Siddhartha falaba con arroubo; esta revelación volvérao profundamente feliz. Oh, ¿acaso non era o tempo a orixen de todo sufrimento? ¿Acaso non era o tempo a causa de toda tortura e de todo temor dun? ¿Non ficaba apartado e superado todo o pesado, todo o hostil no mundo en canto se superase o tempo, en canto se poidera extinguir a idea do tempo?. Falara entusiasmado, mais Vasudeva só lle sorriu, radiante, asentindo  cun aceno da cabeza, sen falar, rozou coa man o ombreiro de Siddhartha e volveu o seu traballo.

Río Lor, bastante cheo....ruxindo poderosamente... Fotografía de Secundino Lorenzo.

  E noutra ocasión, cando na estación da chuvia o río se enchera, ruxindo poderosamente, Siddhartha dixo:

    -¿Verdade, amigo, que o río ten moitas, moitísimas voces? ¿Non ten a voz dun rei ou un guerreiro, dun touro e dun paxaro nocturno, dunha parturiente e de alguén que suspira  -e mil voces máis?

   -Así é -afirmou Vasudeva-, as voces de todas as criaturas están na súa voz.

   -¿E sabes -proseguiu Siddhartha- qué palabra pronuncia cando consegues oir as súas dez mil voces simultaneamente?

     A felicidade riu na face de Vasudeva que se inclinou cara a Siddhartha e pronunciou no seu oído o sagrado OM. E isto era xustamente o que Siddhartha escoitara.

 E o seu sorriso comezou a asemellarse cada vez máis ao do barqueiro, a adoptar case o mesmo brillo, case a mesma luminosidade feliz, a ser igualmente radiante nas súas mil engurras diminutas, igualmente infantil e vello ..."

Trociño do libro de Hermann Hess "Siddhartha".  editado en galego pola  La Voz de Galicia e a  Editorial Galaxia 2005  páx. 110.

  --------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

Fotografía do autor e unha pequena explicación do texto:

 

Trozo do texto sacado do libro "Siddhartha", escrito por Hermann Hesse no ano 1922.

  

         Hermann Hesse en Montagnola Suiza. (1887-1962). Alemán que logo viviu en Suiza dende os 17 anos. Premio nobel de literatura en 1943, autor entre outros de O lobo estepario (1927) O xogo dos abelorios (1943), Dende a década dos anos 60, coa eclosión da contracultura e o movemento hippy converteuse nun dos autores más lidos e influentes entre a mocedade europea e norteamericana.

Hermann Hesse.

------------------------------------------------------------------------------

Nota aclaratoria o trozo anterior:

-------------------

Siddhartha e o nome do protagonista da novela. Hinduista.

Vasudeva: é un remeiro co que finalmente vivirá Siddhartha a su etapa de ancián.

Bramán : e o superior dun grupo social, suponse na India. Practicante e mestre hinduista.

Brahma: equivale a Buda.

Om: é a vibración orixinal de onde provén todo no mundo. Simboliza todo o Brahma e todo no hinduismo.

-------------------

Tuven a sorte de leer este libro de Hermann Hesse en setembro do ano 2009, pareceume sensacional. Un libro para leer con calma e para meditar...

Un libro de auténtica loita por buscar  un sentido da vida, máis alá dos tópicos clásicos ...

Siddhartha é na novela de Hermann Hesse o fillo dun Bramán (superior dentro dun grupo social que practican o hinduismo)  que recibe unha educación esmerada dentro dunha vida de comodidades coa súa familia, sin dúbida para rematar sendo Bramán igual que o pai. Un bon día decide que non che chega co aprendizaxe que fixo e necesita máis respostas a multitude de preguntas que de momento non lle tiñan contestación. Co permiso do pai, non lle quedou máis remedio,  vaixe da casa e vivirá, o principio,  como asceta errante.

O longo do libro vai pasado de vivir como un posible Bramán, a  un asceta errante dos que aprende a triloxía axuxar, pensar, agardar ;  logo o contacto cun Buda, onde profundiza nas  catro reglas nobles e o octuplo sendeiro,  pasando, posteriormente,  polo vida licenciosa dos ricos co  diñeiro, o poder, o bon vestir, o ven comer, o sexo,  o  xogo,  etc.

Nada do anterior  enche realmente a súa vida e busca outra cousa... Outro camiño máis...

Siddhartha estase a facer ancián pero según el non descubre,  non chega a ningunha fórmula,  para vivir a vida,  que lle guste.

Por fin na súa última etapa da vida e gracias o vivir a carón dun río, cos seus rápidos, cos cachóns, cos canóns, as fervenzas, etc., e a inestimable axuda dun barqueiro sabio, chamado Vasudeva,   chega a conclusión de que o importante e vivir a realidade de cada momento que é sempre cambiante como a corrente dun río... e vivir a vida sin aferrarse as fórmulas anteriores,  que non lle gustaron plenamente. Escoita o río, as súas voces por separado e todas xuntas e... síntese feliz. Na derradeira etapa da súa vida cree que o agardar, o ter paciencia,  o escoitar a beira do río,  é a base de todo,  xunto a outras tres  cousas como son a sabiduria (que non se pode comunicar), o saber (que si se pode comunicar)   e o amor o mundo con admiración e respecto.

¡Que libro máis marabilloso!.

Secundino Lorenzo. Setembro 2009

       Volver.