Fotografía do río Arnego en Tuiriz

Fotografía de río Arnego en Tuiriz. (Dorvisou)

 

..." quero rescatar do álbum da minha vida, unha estampa dos nosos ríos.

E para escomenzar, nada millor que uns versos do meu paisano Xosé Neiras Vilas:

"Río da minha infancia,

auga e nenez que non retornan.

Río meu para sempre."

Si, tes razón Xosé, a auga e a nenez non retornan, non. Quen retornaban eran os salmóns do Ulla cando os había.

Eu, que tamén nacín nunha aldea solaina dun río gardo no rexistro da memoria os máis belos sons das augas cantareiras río abaixo.

Sen esquecer das minhas queridas fontes, nais de tódolos ríos, onde tantas veces bebín auga delas nas cunchas das minhas mans.


 

Hoxe adícolla foto do río Arnego ao seu paso por Tuiriz, a Secundino Lorenzo , o mesmo que fixo o amigo Manuel Busto de Aquam Latam , fai uns días .

Secundino Lorenzo, a quen non teño o gusto de coñecer persoalmente, pero si teño o prazer, de disfrutar do seu traballo nesa irrefutable paixón polos ríos galegos. Un home que, de non haber nacido home coido que non lle importaría ser unha troita e vivir no río Arnego por ser este, un dos ríos galegos menos contaminado.

¡Longa vida aos ríos galegos! "

 

 

------------------------------------------------------------------------

Ata aquí a dedicatoria de Dorvisou me fai.

-------------------------------------------------------------------------

Dorvisou fai tempo (decembro do 2003)  que é o webmaster dun sensacional blog que leva ese nome, unha delicia para os oídos e a  vista. Fai tempo tamén que intercambiamos algún correo e que falamos de que me enviaría algunhas fotografías,  para presumir delas na miña páxina web,  sobre os ríos de Galicia. Non descarto a miña petición. Que saiba que ten un recuncho no apartado de fotografías desta páxina web,  que fai tempo está esperando unha pequena colección súa.

Ver soio unha mostra dás súas fotografías...e disfrutar...

Dorvisou dice "que nos ríos galegos siguen aparecendo monstruos...", ten razón, pero estes concretamente que marabillosos...

Mentras tanto faime este agasallo en forma de fotografía do río Arnego en Tuiriz. Decirlle que me fai moita ilusión, que me gusta e ata emocióname. Decirlle que a fotografía e o seu texto de dedicatoria,  quedá xa nun lugar especial dá miña páxina aparte dun lugar no meu corazón.

Gracias. Moitas gracias.

      galicia.gif (2685 bytes) Volver