Na beiriña... dentro do río   

 ( copiado do Blog  croacsirtaki. )

      

             

O río, neste caso, Avia no Ribeiro en Ourense.

Debaixo unha liponeura en estado de larva e adulto.

Os ríos teñen vida e a vida hai que coidala e defendela.

É moi fácil enamorarse dos ríos...na beiriña ou dentro do río...

--------------------------------

Este texto é unha copia exacta sacada deste marabilloso blog que responde o nome de Croacsirtaki.

Dende a miña páxina, "A vida nos ríos galegos",  a miña admiración e agradecemento por deixarme facer esta copia de este artigo  Na beiriña...dentro do río! que é un canto marabilloso a vida dos ríos... Moitas gracias.

          http://croacsirtaki.blogspot.com.es/2012_03_20_archive.html

------------------------------------------

 

Na beiriña... dentro do río !

 

(Os blephariceridae ou a liponeura , é o díptero máis importantes a hora de calibrar a calidade da auga dos ríos.)


 

in-side... inside the river!
 


 

Aló van polo río abaixo

tódalas troitas sentadas

poucas veredes de pé

ándanche ben amoladas.


 

“Liponeuriñas volvede!”

o pobo segue a murmurar!:

Tódolos ríos galegos

séguense a contaminar..


 

Mentres... os galos kiricos

seguen a cacarexar;

nada fixeron antes

agora seguen igual.


 

Aló van os pintafontes, o sapiño comadrón,

o concilio de ras vermellas,

o último sapoconcho de Arnoia,

a víbora fociñuda.


 

Aló vai, tamén o andarrío, batuxando de pedra en pedra

o lagarto ferreño e a lagarta da serra,

a fulepa amarela ...,

e “o meu ben querido” ferreiriño abelleiro

e “o meu ben amado” carrizo.


 

It´s so easy

to fall in love.


 

Papuxas montexas, malvís e demais

seguede a beber nos ríos...

E nunca máis... sen vos chegar ao mar.

                                                                                                        Leria: MaRia

Ás veces parece que só si estoupan grandes petroleiros e contaminan cos seus verquidos as nosas rías somos quen de botar as mans á cabeza e berrar ben alto : Nunca máis.

Coido que este cancro continuo de contaminación permitida nos nosos ríos , xa non só é para botar as mans á cabeza senon tamén para poñela a remollo. O tempo pasa... a nosa flora e fauna son o máis prezado ben... e segue: INDEFENSO.
 

Déixovos este enlace estupendo: “A VIDA NOS RÍOS GALEGOS” Flora e Fauna(Clic), para que entre todos gardemos a ilusión de seguir gozando de tanto tesouro no máis profundo dos nosos ríos e sobre todo nos nosos corazóns.
 

Enlace da situación real dos nosos ríos.(Clic)
 

 

      galicia.gif (2685 bytes) Volver