O cantar redondo que ten o Ulla.

O río Ulla.

"O que máis me embebecía era o cantar redondo que ten o Ulla, e que non lle oín a ningún outro río. Óese desde lonxe e acompaña a un docemente, coma a mellor música. Baixo o seu divino son, mentres os paxaros erguen na fresca mañá o seu limpo canto, as augas fan nupcias coa terra, as árbores e o ceo, o río Grande, cantador e encantador, lenta e maxestosamente, cal un antigo deus preguiceiro, roda, roda, roda, debaixo das máis fermosas nubes do mundo".

Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón
Naceu en Santiago en 1909 e morreu en Tirán (Moaña) en 1983. 

Do seu libro 'Memorias dunha terra' (Vigo, 1985, Editorial Galaxia), no que trata da súa infancia en terras da Ulla (viviu na aldea de Paizás, Santo André de Trobe, Vedra) selecciono unha frase nas que amosa a súa admiración polo río Ulla.

 

Saír