|
|
|

O grilo de auga: Características
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Reproducción | Vese nos meses de |
| Interés | Protección | Velidae en Galicia |
| Curiosidades | Fotografía |
|
![]()
| Nome científico |
Foto Ramsés Pérez. Velia caprai caprai
Taxonomía:
|
| Nome galego |
Grilo de auga.
|
| Nome castelán |
Grillo de agua. Velia.
|
| Dimensións |
6 a 8 mm. Realmente é un insecto pequeno en canto o corpo xa que coas patas é máis grande. Ver a fotografía. É fácil distinguir un grilo de auga dun zapateiro xa que en primeiro lugar polos cores, pero hai un dato definitivo xa que as patas de atrás, o que é o femur no supera o abdomen, cousa que o zapateiro si o superaba.
Zapateiro.
|
| Identificación: |
Doado de identificar. Normalmente a clave é o cor, tamén o feito de que as patas traseiras, o que é o femur non soprepase do abdomen. Ten o corpo moi aplastado e aerodinámico.
Outra cousa é que as patas traseiras teñen dentes por debaixo, pero estos poden non verse. Observar as seis patas típicas dos insectos.
Son moi rápidos movéndose por riba da auga, sobre todo en pequenos regatos.
|
| Alimentación: |
Sobre todo aliméntase de crustáceos e larvas de dípteros que captura coas patas de adiante.
|
| Habitats: |
No mesmo río. Mellor en augas lentas ou paradas, inda que son moi rápidos e reman que da gusto. Poden perfectamente coa corrente sempre que non sexa moi grande. Viven xeralmente en colonias de varias decenas de individuos.
|
| Vese nos meses: |
De marzo a agosto. Pasan o inverno nas proximidades dos ríos, baixo a vexetación, logo na primavera a femia deposita os ovos sobre plantas acuáticas.
|
| Interés: |
Por suposto é un insecto do máis curioso e digno de observar.
En Galicia hai dúas especies desta familia que son o Velia caprai caprai que é o tratado nesta ficha e que se atopa nos ríos de Galicia e o Microvelia pygmaea que é máis típica dos ecosistemas palustres.
Información sacada do libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A. González e Fernando Cobo. Hercules Edicións. 2006.
|
| Reproducción: |
A copulación ten lugar no mes de maio. Posteriormente a femia pon os ovos, en plantas acuáticas, e na primavera xa temos a charcas cheas grilos de auga. Son moi gregarios, están todos xuntos.
|
| Protección: |
Non está protexido.
|
| Curiosidades: |
É moi rápido na auga.
|

![]()