|
|

A femia non ten cornos.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Reproducción | Vese nos meses de... |
| Curiosidades | Links da vacaloura | As loitas de vacalouras |
![]()
| Nome científico |
Lucanus Cervus, Linn.
|
| Nome galego: |
Vacaloura, escornabois, alicornio
|
| Nome castelán |
Ciervo volador.
|
| Dimensións |
Fotografía de Krzysztof Michalak Ata 8 cms. os exemplares máis corpulentos. En xeral entre 2,5 cms e 8 cms. É o escarabello máis grande que temos. Na fotografía vese perfectamente a cornamenta, que é moi respetable. Por certo en realidade son as mandíbulas alargadas, non son verdadeiros cornos. Por certo esta cornamenta únicamente se utiliza para combatir, cós outros machos, polas femias nos períodos de celo.
|
| Identificación: |
Penso que no hai dúbidas na identificación.
Por certo o macho, que se ve na fotografía ten uns cornos respetables,
é distinto da femia, que non teñen cornos.
As femias son máis pequenas sobre 4 cms. aproximadamente. A cor é castaño escuro.
|
| Alimentación: |
Fotografía de Michel Ribette. Normalmente xugos vexetais, savia, néctar, etc.
|
| Habitats: |
Fotografía de S.G. Ball A vacaloura era bastante común en Galicia. Hoxe xa se fala dela como un insecto en perigro de instinción ou especie ameazada. De feito estarán protexidos en moitas zonas de Ourense como a Zona de Candán, Pena Trevinca, etc. Vive nas zonas de robles e frondosas, o macho pode alcanzar ata 8 cms. De rapaz vin vacalouras no Parque das Mercedes en Ourense onde eu nacín, non o que se chama hoxe, que era para mín a Plaza de Vigo si non a parte de arriba onde estaban os bombeiros. Pois ven alí pola noites no verán viñan moitas veces as vacalouras ou escornabois e os rapaces xogábamos con elas. Viñan das árbores dos "Catro camiños" actualmente Bedoya e Florentino Cuevillas. Eran tempos...
|
| Vese nos meses: |
A femia é un pouco distinta, como xa está dito. Vese no verán principalmente, sempre a notiña ou pola noite pecha. Atópase preto de parques ou xardíns con árbores vellos. Hoxe desgraciadamente cada vez temos menos parques de este estilo, polo menos en Ourense. Demasiada pedra se meteron nós parques, un atraso...
|
| Reproducción: |
O macho ten unhas liortas a morte con outros machos no tempo do apareamento. Cós cornos intenta botar o outro macho fora do árbore, as loitas son terribles e sempre por conseguir a parella.
Fotografía de Michel Ribette. Unha vez que se consigue vencer o oponente, o macho consigue a femia. O que fai é subir por riba da femia é permañece así varios días. Os ovos nacen nos carballos vellos e cañotas. O verme, que pode medir ata 10 cms, os cinco anos, xanta madeira podre. De tódolos xeitos non son dañínos para as árbores.
Hoxe van a menos xa que o carballo, cada día hai menos.
|
| Curiosidades: |
Fotografía do Dtr. Carlo Cencini. En Galicia adoitase levar a cabeza enteira ou ben os cornos dunha vacaloura pendurado do pescozo como si fora unha cadea. Así xenerase forza contra tódalas influencias malignas.
Cando fun pequeno, para xogar nos meus tempos, atábaselle unha corda nos cornos e logo votábanse a voar ( a vacaloura fungaba de medo...). Tamén púñanse con carriños pequenos como si foran vacas.
Femia. Dicen que os vermes foros xantados polos romanos (o parecer así o dice Plinio o Vello).
Ata 10 cms. pode botar un vermen de vacaloura. "Os romanos eran un pouco raros..." ---------------------------------------------------------------
LAS
LUCHAS ENTRE ESCARABAJOS ATRAEN A MUCHO PÚBLICO Un
niño tailandés sigue con mucho interés la lucha entre dos
escarabajos. Realmente vivir para ver. Incrible.
|
| Links sobre a vacaloura: |
Links sobre la vacaloura. Links.
|
![]()