|
|
Gamba de río: características.
![]() |
![]() |
![]() |
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Comportamiento | Interés |
| Protección | Curiosidades | Bibliografía |
![]()
| Nome científico |
Atyaephyra desmarestii Taxonomía:
|
| Nome galego |
Camarón ou gamba de río
|
| Nome castelán |
Camarón de río
|
| Dimensións |
Sobre dous cms. As femias son máis grandes que os machos. Vive entre 1 a 2 anos.
|
| Identificación: |
Fotografía de Ron Offermans. O corpo é aplanado lateralmente, parece unha gamba realmente. A cabeza e a cola son lixeiramente avermelladas. No corpo ten un fino apuntamento negro.
Macrofotografía do exemplar capturado por Estanislao F. de la Cigoña e José Manuel Oujo en Tamaguelos (Verin-Ourense). Fotografía de M. Cernadas Román. A cabeza por riba e lixeiramente serrada. As antenas son moi longas, poden medir tanto como o corpo.
Trátase dun crustáceo do orden dos Decápodos, que se chama así por ter dez patas marchadoras, situadas no cefalotórax. En España, o parecer hai dúas especies nos ríos que son, a desta ficha e a Dugastella valentina, moi parecidas.
|
| Alimentación: |
Aliméntase de carroña e de vexetais en suspensión nas augas. Realmente come de todo.
|
| Habitats: |
Están presentes en algunhos ríos de auga doce. Necesita en xeral augas calcáreas, xa que ten caparazón e necesita este tipo de auga para a súa formación. As augas teñen que ser limpas e moi osixenadas.
|
| Comportamento: |
Túmbase no leito do río de lado, nunca a moita profundidade. Para nadar nada a impulsos.
|
| Interés: |
Moi grande de feito é moi escaso.
|
| Protección: |
Non están protexidas.
|
| Curiosidades: |
Seica é utilizado na zona como cebo para peixes grandes, cousa que descoñecía totalmente. As femias transportan os ovos entre 300-1500.
|
Nota: a información anterior está sacada do libro de Estanislao F. de la Cigoña e José Manuel Oujo "Novas arredor da nosa fauna". 2001.
As fotografías e algúns detalles están sacados do libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo. Hércules Ediciones. 2006.
Fotografía sensacional de José Luis González, sacada dunha exposición de fotos "Ríos de Galicia. Tesouros de vida" que fixo en Ourense no ano 2007.
Na fotografías poden verse moi ben as pintas de todo o corpo.
![]()