Ver documento da Universidade de Oviedo moi interesante sobre a madreperla de auga doce.
|
|
![]()
A fotografía está sacada dun traballo sobre a Margaritifera de Universidade de Oviedo, referenciado anteriormente..
|
|
|

| Nome científico |
Margaritifera margaritifera. Linnaeus 1758 Taxonomia: Reino: animalia Filo: Moluscos Clase: bivalvos Orden: unionoidae Familia: Margaritiferae Xénero: Margaritifera Especie: Margaritifera margaritifera
Nota curiosa: o nome de Margaritifera margaritifera significa, nin máis nin menos que fabricante de perlas ó cadrado.
|
||||||||
| Nome galego |
Fotografía David Ansa (cambiando fondo) Mexilón de ríos, madreperla, ostra de auga doce , perla de auga doce, madreperla de auga doce. Náiade.
|
||||||||
| Nome castelán |
Perla de agua dulce. Mejillón de río, almeja perlífera, madreperla de río.
Nota importante: tamén se chaman Náyades entendendo por Náyades os moluscos bivalvos, que son os mexilóns e almexas de río. Na mitoloxía grega as náyades eran as ninfas das augas doces. Cada fonte, cada lago, cada río tiña a súa propia náyade. Estas ninfas dotadas de gran lonxevidade protexían as augas onde habitaban. No son moi coñecidas xa que pasan a súa vida semienterradas aparte de que non son comestibles, si non outro galo cantaría...
|
||||||||
| Dimensións |
Ata 15 cms. según a ficha que aparece no libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A. González González e Fernando Cobo Gradín.
Na fotografía de Cismar vese a cara interna. A cara interna é nacarada. Observar tamén na fotografía o desgaste do umbo. Esto seica é típico, todas presentan un desgaste grande con escoriacións máis ou menos profundas e extendidas sobre todo nos exemplares máis grandes.
É bastante grande, negra, moi marcados os crecementos e un pouco estropeada ou desgastada no umbo.
|
||||||||
| Identificación: |
Trátase realmente dun mexilón de río, polo tanto doado de recoñecer, no suposto que algún día atopemos algún exemplar no río. Normalmente están enterrados nun 75%, esto distingue a este mexilón, outras entérranse totalmente, xa que o deixar unha parte do corpo sin sumerxir permite albiscalas máis doadamente. O deixar fora entre un 10% a un 25% vense mellor. O extremo aguzado sempre máis abaixo xa que se enterran cós pes. Deixan fora o gonzo. No río, dice Estanislao F. de la Cigoña as que están mortas aparecen en posición deitada cara arriba.
Dos sifós sae de vez en cando unha burbulla que indica que están vivas. A cara interna é nacarada. Observar tamén na fotografía o desgaste do umbo.
Na fotografía de Cismar vese a cara interna. É bastante grande, negra, moi marcados os crecementos e un pouco estropeada ou desgastada no umbo.
Cada día hai menos. Utilizan o pe para escavar no sustrato e enterrarse.
A cuncha é negruzca lixeiramente abombada. Na fotografía vense os músculos aductores que son os que pechan a cuncha. A nivel máis especializado os sifóns da margaritifera son distintos a todos os demais:
Todos son filtradores de alimentos, xa que collen pequenas partículas que están en suspensión na auga e fíltranas. Eu persoalmente vin mexilón de río no río Miño en Ourense pola praia da Antena polo ano 1962-65. Hoxe non creo que quede ningún debido o grado de contaminación do Miño e os encoros.
|
||||||||
| Lonxevidade: |
Poden vivir ata 100 anos. En Galicia atopáronse exemplares entre 32-40 anos.
|
||||||||
| Alimentación: |
Coma tódolos moluscos filtradores, aliméntase a base de pequenos organismos que introduce a base de entrar e sair a auga por unhos sifóns. (Filtra ata 2 litros de auga por hora).
|
||||||||
| Habitats: |
O mexilón mezclado con coios de río. Xeralmente cursos medio-altos de ríos troiteiros que atravesan terrenos silícicos. Polo tanto ríos de augas limpas e claras e de correntes non moi fortes; augas blandas, relativamente pobres en calcio, ou sexa terrenos silícicos non calizos; fondos rocosos -arenosos, con baixo contido en limos . Os factores ecolóxicos que influen na especie de forma clara son: selección de habitat especializado e rango estreito de peixes hospedadores. Era abondoso en pozas naturais, sombrías, nas orelas dos ríos, con augas remansadas. Resumindo: Os exemplares están en lugares de augas remansadas, xeralmente cuando a corrente do río vese minguada por algún saínte, sobre fondos de area e pedras soltas, preto da beira e a pouca profundidade: entre 15 e 30 cms.
|
||||||||
| Poblacións: |
Non se pode precisar o tamaño da área de distribución en Galicia, pero dende logo é moi pequeno.
En xeral está en regresión. É de amplia distribución mundial: Europa, Canadá, Xapón, etc. En España aparece nos ríos de Aragón, Asturias e Galicia. Tamén se atopou no río Tera en Zamora. Atópase o oeste de Castilla y León. Aparece tamén no norte de Portugal.
|
||||||||
| Reproducción: |
Son moluscos unisexuales ou hermafroditas: os ovos incúbanse en determinadas rexións das branquias das femias transformadas a modo de marsupio, con larvas ectoparásitas de peixes que van a desovar o río ( troitas e salmóns). Poden vivir ata 100 anos. A madurez alcánzana sobre os 20 ou 30 anos. No verán o macho libera o esperma que é capturado pola femia, producíndose a fecundación. A fecundidade depende da densidade da población, creándose un alto número de casos de hermafroditismo río arriba. O final do autono, as larvas abandonan o peixe hospedador deixándose caer o fondo do río. A súa distribución queda restrinxida pola presencia do limo, que non toleran, así como, por outros factores físicos e químicos do entorno. Este ciclo reproductor, onde aparece unha fase parásita obligada nos primeiros estadios larvarios, é únicamente dentro dos moluscos dulceacuícolas. Os peixes hospedadores das larvas non está moi claro aínda cal é. Fálase de troitas, reos, salmóns, sábalos e sabogas. Así lle vai o mexilón en Galicia...
|
||||||||
| Interés: |
Importantísimo para un río, aparte de estar protexidos a súa existencia nun río demostra a calidade do mismo. Esta especie foi moi explotada no pasado, especialmente en centroeuropa como fonte do nácar para a fabricacións de moitos obxectos e para a extración de perlas. Por certo nun de cada 3.000 individuos prodúcese un fenómenos único que é a fabricación dunha perla de gran calidade: o manto que segrega o nácar, por diversas circunstancias. reacciona producindo un texido que o envolve pouco a pouco. O proceso dura decenios. Seica en Alemania existen edictos do ano 1437 nos que a pesca do mexilón acarreaba a pena de morte.
|
||||||||
| Protección: |
En peligro de extinción, vulnerable en algunhas zonas de Galicia. Convenio de Berna III UICN-V. En peligro. Directiva Habitats. Os problemas claros desta especie son: as canalizacións, os encoros, os dragados, a contaminación. Tampouco se pode descartar a regresión que están a sufrir os hospedadores desta especie: salmón e troita principalmente. Actualmente están a facer un estudio sobre a población galega deste mexilón, esperemos os resultados...
|
||||||||
| Ameazas: |
Hai que destacar a desaparición de peixes hospedadores e a introducción de peixes exóticos que compiten con ventaxa cos nosos peixes autóctonos, aparte os plaguicidas agrícolas, a acidificación das augas, a modificación dos cursos dos ríos, as construcción de presas e minicentrais. Todo esto é unha desfeita para esta especie. O limo do fondo dos encoros é a morte das madreperlas. A súa conservación pasa polo tanto por un control da eutrofización dos encoros, polo control do abuso de zonas de recreo ( praias fluviais artificiais feitas sin ton nin son), a protección dos ríos, a prohibición de recollelos, en fin pasa por busca unha pola calidade do habitat. Faixe algo en Galicia ?. Eu penso que nada. A Consellería de Medio Ambiente Galega non se dedica a estas cousas. Esto está escrito no ano 2003. Esperamos que a Consellería actual, ano 2007 fago algo polos nosos ríos.
|
||||||||
| Distribución en Galicia: |
Atópase en moitos ríos galegos, en especial o Umia, o Ulla e o río Eo. Ver mapa. Fora de Galicia únicamente se atopa en zonas de Navarra e Pirineo navarro.
|
||||||||
| Os encoros rematan esta especie: |
Os encoros rematan esta especie
Efectivamente, si se estudia a reproducción do mexilón de río vese claramente que a súa estratexia reproductora básase nos peixes hospeadores, en Galicia a troita e o salmón. Os encoros impiden as troitas e salmóns moverse e polo tanto non alcanzan os tramos medios dos ríos, no Miño quédanse casi o principio os salmóns, co cal no van arriba. Así por exemplo o encoro do río Umia, unha obra totalmente ilegal (hoxe xa funcionando), de ir para adiante rematará con esta especie sin lugar a dúbidas.
Os encoros rematan con esta especie. Tamén as canalizacións que se están a facer en Galicia, por certo o 99% pensadas cos pés, pois ben, nestas canalizacións non hai madreperla. Certos deportes acuáticos son tamén nefastos para esta especie. Xa non digamos a moda do 4x4 que é nefasta para ríos e regatos de Galicia. O paso polos leitos dos ríos debera estar restrinxido ou prohibido, salvo en determinados lugares.
|
||||||||
| Un estudio sobre a Margaritífera: |
Estudios sobre a Margaritifera. Ver documento da Universidade de Oviedo moi interesante sobre a madreperla. Deste documento saquei algunhas fotografías e cousas do texto. Ver tamén este link. FRESHWATER MUSSELFotografías moi boas neste link.
Tamén hai un bon libro con fotografías, publicado pola "Junta de Castilla y León" "Las Náyades en Castilla y León" de Juan Carlos Velasco Marcos y Raquel Romero Boyero. Consejería de Medio Ambiente. 2006.
|
||||||||
| Encontrados mexilón de río no Ulla no 2005: |
Fago unha reproducción íntegra do email recibido: MIGUEL SOUTO
|
||||||||
| Atopados no río Navia e noutros ríos: |
Atopados no río Navia e noutros ríos: No río Navia a partires da Talla ou Calexón, 4 quilómetros por debaixo da Pobra de Navia, xa preto do límite con Asturias atopou Estanislao F. de la Cigoña varios exemplares de mexilón de río en total medidos botaron unha media de 7,27 cms de longo por 1,84 de altura, todos cós vértices das cunchas desgastadas. Nun artigo publicado no libro "A voltas coa fauna galega", 2004, describe esta presencia do mexilón, que el chama náiade, na conca deste río, así como as súas características. Os exemplares foron recollidos en lugares de augas remansadas, xeralmente cuando a corrente do río vese minguada por algún saínte, sobre fondos de area e pedras soltas, preto da beira e a pouca profundidade: entre 15 e 30 cms. Tamén fala de que foi atopado noutros lugares:
Escribe tamén sobre as ameazas para a súa supervivencia: disminución de peixes hospedadores, a introdución de peixes e moluscos exóticos, a creciente acidez das augas e a contaminación dos ríos son as grandes ameazas desta especie.
|
||||||||
| Outros bivalvos en Galicia |
Que se teña estudiado en Galicia hai varios bivalvos como a Anadonta cygnea (que se atopou por exemplo no río Támega en Ourense) que é moi parecida a Margaritifera (os dentes son distintos, parecen unha alfombra de tubiños). Tamén a Potomida littoralis que é parecida. Os Unio dos que se atoparon dúas especies. Son todos moi parecidos:
Para ver as diferencias hai que acudir a caracteres morfolóxicos, os interesados ver o libro " Las náyades de Castilla y León". Ver bibliografía. A Corbícula fluminea, é outro bivalvo, que lle fixen unha ficha especial, xa que é unha invasora incrible. Ver este link. Tamén hai en Galicia os bivalvos pequenos (menores de 2 cms.) como todos os sphaeriidae e os mytilidae. Para ampliar ver o libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González y Fernando Cobo. 2007. Tamén outros ver bibliografía.
|
Nota:
Os datos anteriores están recollidos de notas de F.R. Woodward. Sobre bibliografía deste molusco hai reseñas de J. Macho "Moluscos de agua dulce en Galicia, con observaciones sobre las especies y localidades".
Recentemente no 2006 aparece o libro: "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A. González González e Fernando Cobo gradín. Libro co que completo a ficha.
Tamén botei un vistazo, e algunhas fotografías, o sensacional libro publicado pola "Junta de Castilla y León" "Las Náyades en Castilla y León" de Juan Carlos Velasco Marcos y Raquel Romero Boyero. Consejería de Medio Ambiente. 2006.
Últimamente tamén utilizo o libro "A volta coa fauna galega" de Estanislao F. de la Cigoña, onde trae un traballo moi interesante feito no río Navia. O libro é de AGCE e está publicado no ano 2004.
![]()