|
|
As sambexugas: características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Vese nos meses de | Protección Curiosidades |
![]()
| Nome científico |
Haemopis sanguisuga Taxonomía:
Nota: hai varios tipos nos ríos galegos. Ver outros na ficha dos huridinidae. De feito tamén hai a Hirudo medicinalis que é a sambexuga típica que está protexida. Ver a ficha das huridinidae.
|
| Nome galego |
Sambexuga.
|
| Nome castelán |
Sanguijuela.
|
| Dimensións |
1,5-10 cm
|
| Identificación: |
É doado identificala xa que é de cor marrón oscuro a gris pizarroso, e con anelos por todo o corpo. Ten nos extremos ventosas. Nun dos extremos ten cinco pares de ollos. Desprázase nas correntes gracias as ventosas. En augas calmas pode flotar con pequenos movementos.
Na fotografía de José Luis González vense perfectamente os anelos que ten e que a distinguen fácil das miocas.
Outra fotografía. As diferencias coas miocas saltan a vista:
Mioca.
|
| Alimentación: |
Aparte das ventosas posee mandíbulas con fortes dentes que clava as víctimas. Son chupadoras de sangue. Pode estar moitísimo tempo sin alimentarse. Logo, no momento de facelo, prefire os ovos dos peixes e anfibios, pero tamén pequenos peixes, anfibios ou caracois. A súa táctica é: si son pequenos trágaos enteiros e sin máis grandes vai chupando o sangue. Non ten problema para os homes xa que as súas mandibulas son incapaces de perforar a nosa pel.
Na fotografía está a alimentarse dun pequeno cágado.
|
| Habitats: |
Vive tanto en correntes de auga como en auga estancada. Normalmente debaixo de pedras ou madeira.
Hirudo medicinalis. Sambexuga típica é bastante distinta.
|
| Vese nos meses: |
Todo o ano. Non é a primeira vez que aparecen pegadas as pernas, sobre todo o bañarse.
|
| Interés: |
Moitísimo como todos os seres que habitan os ríos. Teño atopado no estomago de troitas sambexugas.
|
| Protección: |
Non están protexidas que eu sepa.
|
| Curiosidades: |
Son hermafroditas como moitos dos anélidos que habitan os ríos galegos, cada individuo porta polo tanto ten os órganos xenitais femeninos e masculinos.
|
![]()