Carabus (Ctenocarabus) galicianus.

 Cárabo galego. (Cárabo).

Fotografía de Antonio Martínez.

É un insecto, coleoptero endémico do noroeste peninsular,  que non se ve facilmente xa que gusta andar preto dos ríos, pero en zonas sombrías e de moita vexetación, e sobre todo pola noite.

O seu recoñecemento,  unha vez que se ve,  é doado xa que ten os fémures de cor laranxa,  que contrastan co corpo entre azul e negro. Por certo  o corpo por arriba é acanalado.

Por outra parte non é pequeno xa que mide  sobre 2, 4 cms. Os machos son mais pequenos.

Habitan os canles de ríos  de augas limpas. É polo tanto un bioindicador da calidade dos ríos.  Presente en toda Galicia, Asturias, León, Zamora  e norte de Portugal.

Características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Cárabo galego: Características.

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificacións Habitats
     
Alimentación Reproducción    Vese nos meses de...
     
Interés Protección Curiosidades
     
Bibliografía ficha. Datos modificados o día --->

07/02/2021

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Fotografía de Faunayflora.net link

Carabus (Ctenocarabus) galicianus Gory,  1839.

 

 

Taxonomía:

Reino: animalia

Clase: Insectos

Orden: Coleoptera

Familia: Carabidae

Xénero: Carabus

Especie: Carabus galicianus

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Fotografía de Antonio Martínez.

En principio non existe nome galego.

O máis lóxico e chamarlle  Cárabo galego, igual que en castelán.

Pola miña banda tomei conciencia deste cárabo cando o vin nun cartel facendo a ruta das Pozas de Melón.

Este era o cartel:

Cartel na ruta das Pozas de Melón. Ourense.

 

Pozas de Melón. Río Cerves. Ourense

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Fotografía de Antonio Martínez.

Cárabo.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Fotografía de Antonio Martínez.

2,4 cms a 2,6 cm..

De tódolos xeitos a talla é bastante variable.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Identificación:

Fotografía de Antonio Martínez.

Como todos os carábidos son alargados diferenciandose perfectamente a cabeza o tórax e o abdomen.

Por suposto o cárabo é moito máis pequeno que este dibuxo, posto así para distinguir as súas partes e que se vexa as partes da cabeza, tórax e abdomen. Tamén as patas cós fémures laranxas.

O cárabo mide 2,5 cms. É así máis ou menos.

O feito de ter os fémures de cor laranxa que contrasta co corpo acanalado de  cor azul tirando a negro fai que sexa fácilmente reconocible.

O problema é que soe cazar pola noite e non é doado velo polo día.

 

Este cárabo pode confundirse co Carabus melancholicus pero os cores son diferentes.

 

Penso que está clara a diferencia.

Ir a características

 

 

 

 

 

Alimentación: 

Fotografía de Antonio Martínez.

Son uns devoradores natos, comen típulas, pequenas lesmas, moluscos, miocas, larvas,  etc.

Habitan pequenos ríos de augas en moi bon estado, por eso se fala deles como un bioindicador de primeira calidade dos ríos. Normalmente está agochado debaixo das pedras inundadas, e escapa rápidamente cada vez que se descubre.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Fotografía de Antonio Martínez.

Habitan pequenos ríos de augas en moi bon estado, por eso se fala deles como un bioindicador de primeira calidade. Normalmente está agochado debaixo das pedras inundadas, e escapa rápidamente cada vez que se descubre.

Gústanlle os lugares sombrios e de moita vexetación. Tamén que teñan pequenas praias de area, que é onde poñen os ovos.

Repito sempre coa auga en moi bon estado.

En Galicia é máis abondosa nas provincias de Coruña e Pontevedra.

Por suposto que tamén se atopa en Lugo nos Ancares e no Courel e en Ourense na zona de Manzaneda e Trevinca.

Hai carabos preto do río Cerves en Melón. Ourense.

En canto a altura na que habita hai de todo dende 100 metros ata máis de mil de Trevinca.

Na fotografía sacada do blog http://luarnafraga.blogspot.com/2010/04/carabus-galicianus-el-escarbajo-gallego.html

Vese como rápidamente se esconde entre os ranúnculos  do río.

 

Ir a características

 

 

 

 

Vese nos meses de...

Fotografía de Antonio Martínez.

 

De abril a outubro.

Normalmente nos outros meses hiberna.

Nos lugares onde habita pódese atopar un individuo por metro cuadrado aproximadamente.

En Galicia é máis abondoso nas provincias de Coruña e Pontevedra.

Por suposto que tamén se atopa en Lugo nos Ancares e no Courel e en Ourense na zona de Manzaneda e Trevinca.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Reproducción:

Fotografía de Antonio Martínez.

Poñen ovos, sempre en pequenas praias de area a carón dos ríos,   dos que nacen posteriormente as larvas que son alargadas e oscuras xa coas patas desenroladas e fortes mandíbulas.

Pode reproducirse ata tres veces o ano. Logo hibernan tanto as larvas como os adultos.

Por certo os machos son un pouco máis pequenos cas femias.

Ir a características

 

 

 

 

Interés:

Fotografía de Antonio Martínez.

Habitan pequenos ríos de augas en moi bon estado, por eso se fala deles como un bioindicador de primeira calidade. 

Este é o interés, entre outras cousas, que poden ter os cárabos.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Protección:

Fotografía de Antonio Martínez.

Esta especie está considerada como vulnerable.

As razóns son lóxicas xa que esixe augas en perfecto estado, cousa rara en Galicia.

As desfeitas que están a producirse das orillas e a desforestación van en contra do cárabo.

As minicentrais non favorecen a esta especie que desaparece.

Tamén os coleccionistas fan das súas. Ollo con esta mala costume.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Fotografía de Antonio Martínez.

O Cárabo e unha especie estenotópica (trátase dunha especie cunha distribución moi pequena e localizada) e higrófila (que vive en ambientes de moita humidade).

Gusta que preto de onde vive teña pequenas praias de area onde pon os ovos.

É un bioindicador moi bon sobre o estado da auga do río. Ou sexa sobre a contaminación.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Links interesantes sobre o Cárabo galego:

 

Algunha información está collida deste links

 

Tamén neste lugar tendes citas

 

 

O carabus é moito máis pequeno, pero esta imaxen é para ver o detalle.

 

Outro link interesante

 

Bibliografía sacada do link anterior:

- Andrade Malde, Xulio (1980) Notas sobre la biología de Ctenocarabus galicianus, Gory. Nouv. Rev. Ent. X:19-28.

- Prieto Piloña, Fernando & Valcarcel, Javier P. (1996) Catálogo bibliográfico de los Caraboidea (Coleoptera) de Galicia (N.O. de la Península Ibérica). Suplemento nº 1 del Boletín de la Sociedad Entomológica Aragonesa. 17 pp. Zaragoza.

- SGHN (1991) Programa Esenga: Período 1985-1988. Voceiro de de divulgación nº6. Vilagarcia.

 

Ir a características