Corbicula fluminea. Ameixa xaponesa de auga doce.(Corbícula).
|
|
Curbicola fluminea: características.
|
|
|
![]() |
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | habitats |
| Reproducción | Uso noutros países | As desfeitas que ocasiona |
| Comportamento | Bibliografía |
|
![]()
| Nome científico |
Corbicula fluminea. Taxonomía:
Trátase dun molusco da familia Bivalvia, da orden veneroidea.
|
| Nome galego |
Ameixa xaponesa de auga doce.
|
| Nome castelán |
Almeja asiática. Almeja de agua dulce.
|
| Dimensións |
Sobre 2 cms como se pode ver na fotografía. Pode botar ata 4 cms, máis ou menos en cinco anos.
|
| Identificación: |
Este pequeno animaliño é un molusco moi abondoso no baixo Miño. Parece un berberecho...
Trátase polo tanto dunha cuncha, tipo ameixa. A súa forma con círculos concentricos e moi numerosos, e o feito de encontrarse en auga doce fan que sexa facilmente identificable. De tódolos xeitos este bivalvo amosa unha característica única na nosa terra: amosa polos dous umbos (vértices) das cunchas gastados. Osea o que se ve nesta fotografía e tamén na que poño a continuación.
|
| Alimentación: |
Aliméntase de material orgánico que filtra da auga.
|
| Reprodución: |
Trátase dun ser vivo que é hermofrodita (os dous sexos no mesmo animal). A incubación é branquial. A reprodución é incrible entre 10.000-20.000 larvas por metro cuadrado. Unha salvaxada. En algúns lugares é unha auténtica plaga. Actualmente en Brasil é unha plaga.
|
| Habitats: |
Está presente en fondo areosos. É moi abondosa no baixo río Miño, entre Salvaterra e a desembocadura. Tamén apareceu na Lagoa de Antela en Vilar de Santos, concretamente nun pequeno núcleo urbano chamado Casa da Veiga. Tamén apareceu en Lalin no regato Pontiñas. Como chegaron a eses lugares?. Misterio... Datos sacados do libro "Miscelánea zoológica" de Estanislao F. de la Cigoña e José Manuel Oujo. Vol. XVII da colección Natureza Galega --------- En contra do que pode supoñerse como especie invasora seica é pouco tolerante as condicións ambientais desfavorables, polo que as poblacións requiren augas osixenadas e rápidos. Morre por baixo dos 2ªC e os niveis de filtración no traballan por riba dos 30ª. Libro "microinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo.
|
| Comportamento: |
Esta ameixa foi detectada no río Miño hai uns 15 anos, o parecer chegou misturada con ameixas xaponesas importadas clandestinamente do Algarve. Nos Estados Unidos é considerada unha praga. Pode alterar a estructura do fitoplancto, como pasou no río Potomac.
Esta fotografía é do río Guadiana, onde é unha auténtica invasora, según este link. Esta ameixa quere augas quedas, a larva entérrase en substrato fino. Os encoros son sensacionais cara esta invasión. Na zona portuguesa a xente apaña caldeiros desta ameixa e danlle unha preparación como si fora unha ameixa do mar.
|
| O seu uso en outros paises: |
Utilízase de carnada en pesca deportiva. Outros usos posibles: como suplemento de proteína e calcio para cría de animaís, fertilizantes de solos, etc.
|
| As desfeitas que pode ocasionar: |
As desfeitas que pode ocasionar:
Está considerada como unha das plagas máis importantes de moluscos acuáticos. A rapidez en reproducirse é incrible. O efecto máis importante é a súa fixación e obturacións de sistemas de augas industriais, canais de irrigación e cañerías (biofouling). Pode con facilidade atascar cañerías entre outras cousas... Dende o punto de vista ecolóxico compite cós nosos bivalvos reducindo a súa densidade. Texto sacado do Libro "microinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo.
|
Nota: a información anterior está sacada do libro As bioinvasións na Galiza de Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández. A nosa Terra 2004.
Outra información está sacada do libro "Miscelánea zoológica" de Estanislao F. de la Cigoña e José Manuel Oujo vol. XVII de la colección Natureza Galega.
Finalmente incorporei datos do libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de AMarcos A. González e Fernando Cobo, editado por Hércules de Edicones. Ano 2006.
Para profundizar ver este link.
![]()