|
|
Gambas de río: características
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | identificación | Habitats |
| Alimentación | Reproducción | Vese nos meses de.. |
| Comportamento | Interés | Protección Bibliografía |
![]()
| Nome científico |
Echinogammarus berilloni Taxonomía:
|
| Nome galego |
Gambas de río. Gammarus
|
| Nome castelán |
Gammaridos
|
| Dimensións |
Sobre un cm. de largo. É moi pequena.
|
| Identificación: |
O corpo é aplanado lateralmente, parece unha gamba realmente.
|
| Alimentación: |
Aliméntase de carroña e de vexetais en suspensión nas augas.
|
| Habitats: |
Están presentes en algunhos ríos de auga doce. Necesita en xeral augas calcáreas, xa que ten caparazón e necesita este tipo de auga para a súa formación. As augas teñen que ser limpas e moi osixenadas. En Galicia e nos nosos ríos hai varios, dende o Echinogamarus berilloni ata o E. lusitanicus ou E. marinus.
|
| Comportamento: |
Túmbase no leito do río de lado, nunca a moita profundidade. Para nadar nada a impulsos.
|
| Reproducción: |
Pode realizala en calquera época do ano , antes de aparearse o macho colle enérxicamente a femia do dorso. Logo a femia pon entre 20 a 100 ovos que deposita nun oco que ten entre as pernas dianteiras.
|
| Vese nos meses: |
No verán.
|
| Interés: |
Teñen moito interés xa que son consumidores de follas mortas e a súa vez son comidos por outros.
|
| Protección: |
Non están protexidas.
|
Nota: a información anterior así como a fotografía está sacada do libro "Animales de charcas e estanques" de Werner Nachtigall y de Editorial Everest.
Tamén o libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo. Hércules de Ediciones.2006
![]()