Non podía faltar nesta pequena relación de insectos. ¿ Por qué?.

Partimos da base que son pescador, e gústame pescar, a noitiña,  as troitas entran moi ben o mosquito. Pero non a este mosquito.  Estos mosquitos son bastantes molestos. Trátase dun mosquito de charca e son chupadores de sangue.  A verdade son un insectos que non me gustan nada, son bastante traicioneiros.

 

Ver características.

  salir.jpg (922 bytes)  Saír.                                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Culex pipiens: características

Nome científico

Nome científico:

Culex pipiens

Taxonomía:

Reino: Animalia

Clase: Insectos

Orden: Dipteros

Familia: Culicidae

Xénero: Culex

Especie: Culex pipiens

Nota: los culicidae son a familía dos mosquitos picadores, perteñecen a subfamilia dos Nematóceros e o orden dos dípteros que en Galicia hai máis de 450 especies citadas. Evidentemente poden ser confundidos con outros, máximo non sendo especialista, pero as femias a simple vista poden recoñecerse xa que teñen habitualmente unha probóscide perforante e chupadora na cabeza.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Mosquito

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Mosquito común

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Son máis ben pequenos, a maioría non pasan de 2 cm.

Ollo que mosquitos hai por riba das 3100 especies. O tamaño é aproximadamente o do dibuxo.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Son pequenos e delicados, teñen patas longas, dúas ás, As femias teñen un aguillón. Teñen unha trompa bastante larga, aparte duns palpos moito máis cortos. A especie culex ten a particularidade de que descansan coa cabeza e o abdomen dirixidos hacia abaixo.

Aquí está moi aumentado para que se vexa a trompa, os palpos, unhas franxas brancas nas patas de atrás, a coloración pardo obscura e unhas escamiñas brancas nas ás. Tamén teñen o abdomen a franxas. No medio do abdomen teñen o balancín. Neste dibuxo vese na parte dereita.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Os machos chupan néctar das plantas, pero as femias chupan o sangue que necesitan para madurar os ovos.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Pode vivir case en calquera lugar. Gústanlle moito as charcas, mellor con augas estancadas. As larvas non queren corrente, queren augas estancadas, lagoas, brañas,  abrevadeiros, pilóns, neumáticos vellos,  etc.

As larvas viven na auga.

Os adultos son tamén comúns nos chans de moitas árbores.

Ir a características

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de ...

De verán.

Sobre todo en charcas, lagoas, brañas e calquera cousa que teña augas estancadas, como pilóns, abrevadeiros, neumáticos vellos, etc.

Ir a características

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Como todos os seres viventes. Convén cando se vai o campo si se detecta unha picadura de mosquito aplicar, pódese levar un lapiz que venden nas farmacias, un pouco de amoníaco, para calmar a dor e que non vaia a máis.

Os culicidae en Galicia:

Os culicidae son a familia dos mosquitos picadores, perteñecen a subfamilia dos Nematóceros e o orden dos dípteros que en Galicia hai máis de 450 especies citadas. Evidentemente poden ser confundidos con outros, máximo non sendo especialista, pero as femias a simple vista poden recoñecerse xa que teñen habitualmente unha probóscide perforante e chupadora na cabeza.

Existen dous grupos os Culicinos e os Anofelinos.

Estos últimos poden transmitir enfermedades.

En Galicia aparecen citados o Culex pipiens que aparece nesta ficha o Aedes geniculatus e o Anopheles maculipennis.

 

Larva Adulto

Aedes geniculatus

 

Anopheles maculipennis.

Este é un mosquito máis pequeno que o Culex, sobre 1 cms.

Este mosquito si que pode transmitir enfermedades infecciosas.

Os datos anteriores están sacados do libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González y Fernando Cobo.Hercules de Ediciones. 2006.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Reproducción:

Esquema da reproducción dos mosquitos.

A femia pon os ovos por riba da auga en gran cantidade 200-300 ovos, estos van xuntandose na auga ata formar unha balsa dunhos 7 mm. Os poucos días nacen e as poucas semáns xa se están alimentando na auga.

Nesta fotografía está a femia pondo ovos na auga.

Esta é a balsa a que se fai referencia arriba. A fotografía está sacada da Universidade de Harvard. É  Gary Alpert

As larvas completan o ciclo saindo a superficie, momento no que desplegan as súas ás.

Este é o ciclo do mosquito, dende que a femia pon os ovos, logo convírtese en larva, seguidamente en pupa e finalmente sae o adulto xa voando.

Aquí vense as larvas. Son alargadas como pode verse na fotografía.

Mosquito completando o seu ciclo.

Para profundizar ver estas fotos marabillosas.

Poden emigran a kilómetros de distancia.

Os machos, por regra xeral, andan xuntos, formando enxames e sempre o redor das femias.

Invernan en lugares protexidos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Transmisores de enfermedades:

Transmisores de enfermedades:

As femias de moitas especies de mosquitos transmiten graves enfermedades a animais e o home como a malaria, febre amarela, encefalitis, etc.

No noso pais estas enfermedades están perfectamente controladas. Están moi difundidos en Africa, por exemplo. Neste caso non se trata da especie Culex si non que se trata da especie Anopheles, pero son mosquitos.

 

Ir a características

 

 

 

 

Bibliografía:

A información anterior está sacada do libro Animales  de charcas y Estanques de Werner Nachtigall. Guía de la naturaleza de Everest. Tamén do libro Insectos de Edicións Omega de George C. McGavin.

Ir a características