Lythrum salicaria.

Salgueiriño. (Arroyuela).

Unha planta que se deixa ver moito a beira dos ríos e regatos galegos, case sempre a principios de verán.

 É moi bonita.

Non ten lugar a dúbidas: as flores son de cor púrpura, como se ven na fotografía; estas flores saen no verán, a partires de xuño. A fotografía é de primeiros do mes de xullo do 2002, en Ourense. Está  sacada en Ourense, no río Miño, no paseo das Ninfas, á altura das torres do Pino.

En Ourense, a carón do río Miño, é moi abondosa nos meses de verán.

Ver as características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SALGUEIRIÑO.  Salicaria.

Lythrum salicaria

Salgueiriños ou salicaria.

A fotografía é de primeiros do mes de xullo do 2002, en Ourense. Está  sacada en Ourense, no río Miño, preto do encoro de Velle que se ve no fondo da fotografía.

 

Salicaria vulgar

Realmente o salgueiriño sae en calquera lugar pero sempre preto da auga. Neste caso parece a carón dun río ou similar.

Salgueiriño.

A maioría das flores están en espigas finais compostas de grupos como verticilios de catro ou máis.

 Pétalos dunhos 10 mm..

A planta ten de 0,5 a 1,5 metros con pubescencia gris ou casi lampiña.

 Tallo con algunhas liñas saíntes, ramificado.

Follas opostas ou en verticilios de 3, inda que as máis altas poden ser alternas, ovales ou oblongas, agudas, sentadas, con base truncada. Cáliz de dentes exteriores lineais. Corola de seis pétalas de 1 cm. de longo e 12 estames. Pétalos purpúreos - vermellos.  Dase preto dos ríos galegos. Chámase tamén (en castelán)  Salicaria, arroyuela e frailes.

 

Salgueiriños no río Miño , preto do encoro de Velle. Ourense.

O nome de salgueiriño é polo seu parecido, das follas, coas follas do salgueiro.

Salgueiriños no río Miño , preto do encoro de Velle. Ourense. O Salgueiriño é unha pranta que pode chegar os 2 metros, coas súas flores en espigas violáceas, moi bonitas.

Na fotografía, salgueiriños no río Miño nun coial dos Peares.

O salgueiriño florece no verán. As flores empréganse como remedios contra  a disentería.

Familia das litráceas.

 

Na fotografía, salgueiriños no río MIño nos Peares. En primeiro lugar as flores amarelas, poden ser herbas de San Xoán.

Por detrás hai uns cantos salgueiriños.

 

As veces os salgueiriños atópasen en lugares especiais, neste caso é moi especial. Os Salgueiriños saíron e ocupan todo o lugar por onde morre no mar un regatiño que baixa polo antiguo vertedoiro da Coruña;  hoxe un lugar especial e bastante cuidado. Xusto o final do gran paseo marítimo da Coruña ciudade, na súa parte sur. Concretamente este lugar marabilloso da Coruña chámase o Portiño.

(Fotografía sacada no verán do 2006 polo autor da web).

Salgueiriños no centro da fotografía. Río Miño xullo de 2012. Enfrente o pabellón de deportes de Ourense e o inicio do paseo das Ninfas.

Nota: este texto está tomado do sensacional libro "Claves de la flora de España" de Mariano Garcia Rollán.

Tamén do libro "Flora de Galicia" de  Xosé Ramón García.

Saír.