Iris pseudacorus. Espadaina. (espadaña).

Cas espadainas,  aprendín a nadar, nos meus anos mozos, ala por Randín no río Salas en Ourense. Facíase un feixe moi grande delas e flotaba un no río perfectamente.

Ensinoume o meu amigo Pincho, que hoxe é o panadeiro do pobo, o que lle dou as gracias e unha  grande aperta, dende esta folla www, inda que dudo que chegue a leer esto algún día. 

Unha lembranza daqueles anos.  Coas espadainas faise de todo, ata asentos , esteras e canastas. 

Ver  características.

salir.jpg (922 bytes) Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESPADAINAS

As follas son moi longas, máis dun metro e estreitas como espadas. Bota talos de 1 m. e no cumio nacen as froles. En grupos de dous a tres.

 

As froles son grandes, sobre 10 cms e levan cáliz e corola de tres pezas.

O cáliz é de cor amarela igual que a corola.

O froito semella a un pemento de padrón.

Froito. Descoñezo o autor da fotografía.

Dibuxo que comprende todos os estadíos da espadaina. Tamén se ve o froito que é esa cápsula que parece un pepino.

Na fotografía vese perfectamente a forma das follas, longas e anchas.

Dase perfectamente nas charcas grandes, a beira de lagoas e a carón dos ríos.

Por exemplo en Ourense atópanse polo mes de maio e xuno moitos exemplares no río Arnoia, onde están sacadas estas fotografías.

Concretamente en Outomuro o 25/05/2006.

As follas son velenosas para o gando.

Recibe moitos nomes en Galicia como: rabiacán, espadaina, abolla candelas,  gladiolo, lirio, lirio amarelo, xavana, etc.

En castelán chámase lirio amarillo ou lirio de agua.

Detalle da flor da espadaina. Fotografía do autor da www.

O texto anterior está copiado do sensacional libro "Claves para a Flora de España" de Mariano Garcia Rollan.

Tamén do libro "Flora de Galicia"  de Xosé Ramón García.

Nota curiosa: en Ourense hai un lirio, o lirio do Xurés que é único; trátase dun endemismo de Galicia e o norte de Portugal. Non ten nada que ver cós ríos xa que é de montaña. Dase entre toxos e brezos ata 1200 metros.

Saír.