causas

As causas da degradación. Unha opinión a discutir.

Escrito no ano 1997-Correxido no 2008.

cuadrito.gif (147 bytes)  Definicións básicas:  troitas e pescos.
cuadrito.gif (147 bytes)  As causas da degradación dos ríos.
cuadrito.gif (147 bytes)  O remedio destos males anteriores.

Imaxen sacada de AEMS: asociación prá defensa dos ríos en Cataluña.

"A auga será no milenio 2000 máis importante que o petroleo"

"Si a nosa civilización nona preparamos para ver esto, o mundo non chegará o seguinte milenio, morrerá de sede..."

salir.jpg (1925 bytes) Saír á Vida nos ríos galegos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DEFINICIÓNS BÁSICAS SOBRE TROITAS E PESCOS:

Mentras non vexamos os ríos como noso patrimonio máis preciado. ¡ Non hai nada que facer !

Parto duns principios discutibles, pero que para mín son dogma:

Troita ( Salmo trutta fario ) : animal astuto, desconfiado, rápido , loitador , marabilloso e  que vive únicamente nos ríos altamente osixenados.

Algún día non te levarei á cesta e devolverei tódalas troitas ó río; e algún día como esto siga así únicamente poderemos contemplar as troitas en diapositivas.

Fotografía de V. Garcia Canseco. Troita común.

 

Pescador de troitas : persoa afeccionada a disfrutar da natureza, que o único que desexa é, con artes legais ( xa sexa con cola de rata, cucharilla, mosca con buldó, mioca, besbello, saltamontes, mosca natural, devón, pez vivo,  etc.  ) enganar á troita e levala a cesta ou devolvela o río ( unha alternativa interesante).

 

Nota:

    Ultimamente: ó disminuir o habitat imponse unha dimensión ( 19 cms. en Galicia é excesivo, sobre todo para troitas de regatos, dado que as troitas  son de menor tamaño, cando son adultas, este feito pode demostrarse)  e un número ( 6 - 10 troitas )  que se asume cada día mellor.

 

Non é pescador : ( suponse que se vai de pesca ó río ) o que incumpre a definición anterior. É dicir con "artes ilegais " leva a troita á cesta. A este elemento eu prefiro chamalo "depredador" ou "asasino de ríos" ou simplemente "delincuente". Tamén está metido nese saco os que pescan máis do número permitido. Incumplen a lei e inda por riba non pensan nos demais...

 

flecha.jpg Volver o principio .

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CAUSAS DA DEGRADACIÓN DOS RÍOS:

Un río limpo e con troita ¡ é unha ledicia!. Son a nosa vida.

    Sen pretender ser exhaustivo nas causas enumero as seguintes:

 

  1.     En primeiro lugar os vertidos e tódolos seus  aledaños. Porquería depositada no río. En Galicia todo se bota o río (granxas botando de todo, animais mortos, vertidos de industrias, sumideiros de pobos, vertidos incontrolados, lavadoras, televisores, o vello coche, plásticos de todo tipo, botes de cerveza, etc ).

  2.     As accions do mal pescador o que eu chamo o asasino de ríos ou delincuente do medio ambiente : envelenamentos de ríos (sempre se fixo, sobre todo nas festas  dos  pobos, etc ) . Fai anos lémbrome cando era un cativo, coller as troitas coa man ou con rede, ese era o método,  un método non legal pero leve,  non se mataba o alevín e o ano seguinte  había troitas. Hoxe utilizase lexía,  trobisco, dinamita,   baterias de coche  para electrocutar as troitas, etc. O ano seguinte e en varios anos non hai troitas. Os furtivos tamén abundan, últimamente falase de moito furtivismo no Caurel, en Chandrexa de Queixa no río Navea, no río Camba, etc.

    2.1.-  A Pesca intensiva nun couto pode producir una baixa importante na población de ese couto: efectivamente a desaparición de proxenitores ( ó pescar en exceso as troitas de medida)  disminue o alevín e pode facer desparece-la pesca á larga.      

  3. As  políticas incontroladas e que só pensan nos  intereses de tanto gano caiga quen caiga. En todo caso o de fago tal cousa que total os únicos que protestan son catro pescadores sen importancia e tres chalaos ecoloxistas ( así falaba un compañeiro de Medio Ambiente e no fondo desgraciadamente tiña razón )

                                .- Encoros sen deixar caudal ecolóxico e escalas. Estos encoros, o seu uso  é  otorgado polos políticos e en ningún momento  realizase  un estudio serio de beneficios e perxuicios a longo   plazo. Os encoros perxudican moítisimo o entorno.

Por outra banda en Francia xa os están destruindo, considéranos pouco rentables, e nulos de cara o turismo.

                                .- Minicentrais incumprindo tódalas normas mínimas. Os políticos cren, que polo feito de ser elixidos, teñen   patrimonio de corsos, sobre as cousas que son de todos. Esto no é así. Nun   futuro non moi afastado discutiránse estos temas, pero pode non ter xa remedio. Non chega con facer unha declaración de utilidade pública, como se fai coas minicentrais. Teñen  que ser de utilidade pública realmente e aquí é ónde meten a pata. As minicentrais perxudican moítisimo o entorno de feito están a producir a morte de moitos ríos galegos. Por exemplo : río Edo ( Ourense) , Tuño , Cernado (Ourense) , Grou, Barbantiño, Cadós, Deva ( Ourense) , Deva ( A cañiza) , etc. Son exemplos de ríos prácticamente mortos.

                                .- Apropiamentos indebidos de zonas de río. O río é patrimonio dos cidadans. Esto prácticase moito en Ourense. O de moitas canteiras e sobre todo a extracción de Pizarra é de vergoña, os ríos da zona quedan irrecuperables.  

                                .- Usos indiscriminados de regadios. Existe moi pouca mentalidade de conservación da natureza e tense á mentalidade de que todo é válido mentras non me multen. En definitiva úsase pouco a cabeza.

                                .- Abonos de fincas indiscriminados e sen ningunha normativa.. Existe un gran descoñocemento por parte do agricultor e moitas veces  contaminase un río por este  problema. Os zurros son un problema. Pola outra banda as talas de árbores a beira dos ríos leva implícito que estos no absorben moitos dos puríns que se verten nas fincas e polo tanto chegan o río e desgracian o mesmo.

                               .- Construccións de embarcadeiros, autovias , estradas e pistas que arrasan con todo. Así destruen regatos e ríos por todos os lados. En algunos sitios fixeronse auténticas salvaxadas cos regatos a  hora de facer as autovias, pistas e carreteras.

                            .- A concentración parcelaria tamén influíu negativamente no  estado dos ríos.

 

                             .-Unha mala política de repoboacións. Estas fanse sen pés ni cabeza. Pense o lector na introducción, nos ríos galegos, da chamada  carpa americana ou o bass , por exemplo, foron un desastre. Pense por exemplo no feito de botar pachangas ( troitas de 38 cm. e más) ó río, un engaña-bobos, e así un largo etc. 

                               .-A moda ourensán,  nos pobos, de facer paseos nas beiras dos ríos e regatos, en definitiva, estropear as beiras e por suposto o río. Sin pés nin cabeza. Os alcaldes saben pouco ou nada de Natureza, en xeral,  e o término "non agredir o río" nono coñecen. Si arranxan o problema das basuras no séu Municipio terían máis que suficiente, pero eso non dá votos. Sanear un río non é talar árbores, empedrar o río ou canalizalo entre muros de pedras varios kilómetros. Eso é escarallar un río. Sanear un río é eliminar todos os verquidos nese río, o ademáis debe quedar como está, seguro que está moito mellor que facer esas barbaridades.  

   

    4.- Os incendios e por consiguinte o cambio de clima. Galicia como tódolo territorio do estado español sufre unha plaga desgraciada: os incendios forestais. Todo arde e todo influe no habitat, nos ríos. A queima de bosques é outra das causas da degradación dos nosos ríos sin lugar a dúbidas. En agosto de 1998 levamos 3.500 incendios no territorio gallego. Ata 40.000 Ha. queimadas ( algo así como 40.000 campos de fútbol). Ata cando. Basta xa. En 1999 xa arderon 12.000 Ha. Dende o ano 2000 ata agosto do 2003 Galicia é unha auténtica catástrofe en incendios. Esto vai de mal en peor. Inda por riba, tal como van as cousas, esto da queima dos montes, parece unha auténtica mafia...cada vez máis negocio e cada vez peor...

 

Para rematar, calcúlase actualmente que o 30% dos ríos de Galicia está altamente contaminados. Sinceramente creo que na provincia de Ourense a porcentaxe é superior. ( Correo Galego 31-03-98).

 

Non me resisto a escribir outra causa fundamental que vai implícita nas causas anteriores:

"O subdesenrolo cultural galego foi nos últimos anos inversamente proporcional ó desenrolo económico. Si analizamos o desenrolo económico (a forma de vida, etc.)  é evidente que creceu moito, pois ben, na misma medida decreceu o desenrolo cultural e esto tradúcese na conservación da natureza : basureiros incontrolados por tódalas partes, ríos envelenados e porcallentos, montes queimados a propósito e con mala leite, lugares con paisaxes incríbles cheos de papeis, restos de comida e asquerosos, plásticos e botes de cerveza por tódolos sitios e un longo etc.".

Un dato que demostra o anterior: soio un 3% dos galegos cree que está degradado o medio ambiente e que realmente ten problemas. Cunha simple deducción matemática sáquese como corolario que : o 97% dos galegos non se enteran de nada.

HAI QUE PORLLE REMEDIO XA.   A AUGA É O NOSO BEN MÁIS PRECIADO E OS RÍOS SON UN PATRIMONIO CULTURAL DE PRIMEIRO ORDEN.     

flecha.jpg Volver o principio .

 

 salir.jpg (1925 bytes) Saír á Vida nos ríos galegos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O REMEDIO DESTES MALES


riosviv.jpg (10083 bytes)

 

Realmente é moi difícil e dende logo non inmediato poñer remedio as causas anteriores.

    1ª Causa : a dos  vértidos é doado remedialo. Na miña opinión debera ser o obxetivo principal da policia de Montes e dos Gardarios, aplicando a lei contundentemente. ( Hoxe xa teñen tipificado o delicuente do medio ambiente de feito hai unha  setencia de 17/4/97 en donde condenase a  4 anos de cárcere a un empresario por botar vertidos ó río Sorreig, afluente do Ter. Tomen nota.).  De momento as denuncias son moi poucas.

A solución de saneamentos de ríos pasa por actuacións integrais da conca, iniciativas como a de ADEGA ( 22-11-98) e outras asociacións que pretenden poñer en marcha un saneamento integral dos ríos Arenteiro e Avia son sin dúbida a única solución viable. Esperemos que esta iniciativa sexa un éxito e por suposto sexa extensible polo menos as concas fluviais máis importantes de Galicia nunha primeira etapa. (Non se fixo nada de nada. Xaneiro do 2008)

En Ourense, agosto do 2003 non se fixo  nada de nada.

 

     2ª Causa : os malos pescadores, os asasinos de ríos. É  máis dificil de remediar. Na miña opinión  débese  partir da escola e dunha  campaña de tres ou catro anos de mentalización do cidadán, con código penal axustado o delito ecolóxico que se comete, é dicir, penas altísimas incluida a cárcere.

 

    3ª Causa : As políticas incontroladas a súa corrección é máis utópica pero non por elo irrealizable.   Esixiría medidas urxentes e moi costosas . Pódese  facer moito. Esixir dende logo e dar un prazo pequeno , un ano como máximo,  para acondicionar tódalas presas da   provincia, colocando escalas e multiplicando o caudal ecolóxico por dos.

Suprimir a construcción das minicentrais, no  futuro só traerán pobreza ó pobo galego. ( Recoñezo que esto é moi díficil dado que por "lei" e mediante unha declaración de utilidade pública vanse concedendo  incriblemente, xógase, como sempre, coa pouca información do cidadan e  beneficianse a uns poucos en detrimento da maioria. É broma.). En setembro do 2000 existe todo un clamor tanto en Galicia como no estado Español, para que non se fagan máis minicentrais. Científicos da Universidade de Santiago ( ata 50 firmas) demostran claramente que as minicentrais estragan de forma irreversible os ríos galegos. (En xaneiro do 2008 son poucas as que se fan e a Xunta controla máis o tema...)

Desmantelar algunhas minicentrais construidas. O dano xa está feito pero poderíanse recuperar algunhos ríos.

Devolución o patrimonio común de todo o roubado por pequenos e grandes empresarios, que se apropiaron de parte de determinados rios.

Pedir os  polítícos que utilicen a Galicia como si realmente fose a súa casa ( de portas adentro) e non  como si fose a casa dos demais. Uns cursos acelerados de ética non lles vendrían mal. O "amiguismo" impera en Galicia e o importante é o "diñeiro" e si queda na familia mellor que mellor. Pasamos da época de Franco no que do caciquismo se beneficiaban unhos cantos, a outra época que có amiguismo e o partidismo se benefician as familias dos políticos e os amigos. Mala democracia é esta e non me extraña que intelectuais solventes galegos presenten o manifiesto da Luz en Galicia. O que eles senten é o que sentimos a maioría dos gallegos.

Mentras tanto a nosa natureza cada día está máis degradada.

 

A corto plazo: non son optimista. Inda que no fondo si son idealista e coido que   debemos poñer os medios para arranxar a  situación ( O obxetivo desta páxina leva implícito esta esperanza,  que as cousas melloren no futuro. De outro xeito nona  escribiría).

A largo plazo : é necesario e compre ser optimistas.

En agosto do 2003 non son nada optimista, e máis, penso que de seguir así en poucos anos esto no ten volta atrás.

" Do que estou seguro é de que  gustaríame deixar un mundo más bonito os nosos fillos. Cada día que pasa está máis difícil".

En xaneiro do 2008 polo menos fálase máis dos ríos, da súa limpeza, de analizar como están (xa hai algún informe), etc.  Queda de tódolos xeitos moito por facer e vamos lentos, lentísimos...

 

É urxente tomar algunha iniciativa en canto as enerxías non contaminantes nin degradantes do medio natural, o chamado "desarrollo sostenible" está a fundir Galicia. Outras Comunidades xa están tomando estas medidas. Galicia como sempre, detrás do carro e "a velas vir". O tema enerxético, hoxe por hoxe, é un auténtico caos en Galicia. Estanse a montar as cousas o son de empresas como Fenosa, Iberdrola e algúns particulares moi ben situados que o único que miran son os seus bolsillos. Por suposto esta é unha opinión todo o discutible que se quiera pero é unha triste realidade totalmente demostrable.

                                                           

flecha.jpg Volver o principio .

  salir.jpg (1925 bytes) Saír á Vida nos ríos galegos.