O can de palleiro - Fotografías

Está de moda o can de palleiro en Galicia. Esta fotografía é de Angel Manso, da que suprimo o sr. que os presenta.

Aparece na Voz de Galicia do domingo 13/12/2015

Seica para que sexa Can de Palleiro soio a Xunta de Galicia, a través do Club Can de Palleiro, pode certificar o pedigrí desta raza...

Espero que esta raza siga os pasos bons que leva ata agora.

Unha vez máis digo que si algún día teño un can será can de palleiro, Pero non o terei ata que non sepa si vai a vivir conmigo ceibe ou non. Nun piso dunha cidade non o metería dende logo...

 

 

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.