Neste dibuxo están unidos os
biotipos
terrestres e os
acuáticos. O que
fixen foi unir os dibuxos suprimindo a altura (os 7m. están a altura da copa do
arbusto 3. O metro esta a altura da copa da
planta 5a e 6a)
das plantas que explico máis abaixo.
Suponse que é inverno e a clasificación está
feita seguindo a estratexia da situación das xemas.
Moi orixinal. O que pasa é que Raukjaer rematou o
dibuxo no nº 7 do dibuxo.
No que sigue fago un resumen do traballo de Xavier
Amigo, para o Caderno de Adega nº 14 e que leva por título
"Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza".
É
unha pena que cando fixen as miñas fichas de plantas a carón
dos ríos galegos non fixera unha clasificación deste tipo,
pero o meu descoñecemento levoume a presentar ese apartado
da forma que está feita como unha relación alfabética. Este
esquema sería o ideal.
Comenza Xabier Amigo citando o
traballo de Raunkjaer que en 1934 resumía a diversidade das
plantas en apenas cinco grupos:
O dibuxo está feito no inverno.
Tamén sigue unha estratexia que é:
"como pasan as plantas a estación desfavorable do inverno e
según esto onde sitúan as xemas de renovo de ponlas que
comenzará o crecemento vexetativo na primaveira"
Estratexia
moi boa pero insuficiente.
Entre 1 a 3 (no dibuxo) os
fanerófitos (por riba de 1 metro, inclue lóxicamente tódalas
árbores...). Por exemplo , calquera das
árbores.
O 4 os caméfitos (son plantas
herbáceas ou leñosas que viven máis dun ano . As xemas
téñenas por riba do suelo e por baixo do 0,50 metros). Neste
link dedicado os pirineos pode verse unha
pequena mostra.
O 5 os Hemicriptofitos (5a
arrosetado, 5b cespitoso e 5c rizomatoso). Por exemplo a
Aquilenia vulgaris (ver ficha). As xemas están enterradas na parte máis de fora.
O 6: Xeófitos (6a rizomatoso, 6 b
tuberculado e 6c bulboso). Por exemplo a Anemone nemorosa
(ver ficha). As xemás xa están moi enterradas.
O 7: Terófito. Por exemplo o
Cardamine hirsutum. Ver esta pequena
mostra.
Todos estos son o que se chaman
"biotipos terrestres". No dibuxo dende a árbore primeira ata
a primeira planta que está metida na auga.
Pronto se viu a insuficiencia de
tal clasificación sobre todo porque faltaba a estratexia da
auga:
O 8 : Helofitos de rizoma
O 9: Helofitos amacollado
e o 10 os Hidrófitos (10 a + 10 b
enraizados , 10 c+ 10 d+10e os flotantes ou pleustófitos.
Así por exemplo (Os
Pleustófitos),
no dibuxo 10d, 10 c e 10 e:
O 10 d como son os Ceratophyllum do
fondo do río. Algunhos teñen ficha. Ver
link propio.
O 10 c que viven pendurados como as
Utricularia. Que tamén
teñen ficha.
Os 10 e que aboian na auga como por
exemplo as Lentellas de auga. Ver ficha.
Así por exemplo (Os
Hidrófitos) no dibuxo 10 a e 10 b
Plantas acuáticas que enraizando no
fondo vense na superficie da auga.
10a - 10 b así os Potamogeton, 10
especies, (que teñen ficha) , Ranunculus, 9 especies, (que
tamen teñen ficha), , Callitriche, 5 especies, (que teñen
ficha) e Myriophyllum , 4 especies, ( algún ten
ficha). Neste grupo están tamén os nenúfares (tamén con
ficha)
Tamén están Os
Helófilos. No dibuxo 8 e 9
Que son plantas de hábito ergueito,
máis cuxo sistema radicular e base do caule permanece
asolagado polo menos unha parte do ano.
En Galiza según Xavier Amigo
contamos con exemplos numerosos de helófilos así os Scirpus
(que hai un exemplo), Phragmites (hai algún
exemplo ), Typha (tamén hai
exemplo), Carex( hai varios
exemplos) , Sparganium (tamén hai un
exemplo), Iris (tamén hai un
exemplo) estos teñen talles interesantes e visibles.
Tamén hai algúns con tallas máis
modestas así os Eleocharis (hai un exemplo), Baldellia (hai un
exemplo), Juncus (hai un
exemplo) , Lytrum (hai un
exemplo), Veronica (hai un
exemplo), Oenanthe (hai varias fichas por
exemplo), Glyceria, Menta (hai un
exemplo ), etc. por citar algúns.
Nota: a
maior parte do texto está tomada do traballo de
Xavier Amigo
"Sobre a flora e a
vexetación dos ríos de Galiza"
traballo publicado na revista Cuadernos
de Adega no nº 14.
Pola miña
banda únicamente fago referencia a ficha (exemplo)
que teño aberta dentro do apartado de plantas, na
web "A vida dos ríos galegos".